Coa teima desta sociedade moderna de snobizar as palabras e as intencións coa idea de amabilizar os quebrantos, topamos de novo cunha das verbas de novo cuño que máis lle gusta a esta tola webera do punto es barcalés: Humanización. Eufemismo empregado para as obras reparadoras que sutilmente e ós poucos, se vai amilanando no aquel do ambiente de todas as obras municipais, e que a pouco un se deixe embaucar por elas, en nada rematará por pensar coma aquel Erasmo que o foi de Rotterdam.
O barcalés Pío Barreiro e a súa Banda Aparte... Máis Música! para o Val de Barcala
O coñecido logrosán Pío Barreiro, alma e talante da mítica librería "Komic" na Compostela capital, fixo presentación estos días da súa estupenda banda de Rhythm and blues, Soul, Funk e Jazz nun memorable concerto no que, entroutas, deixou esta maravillosa e impecable versión do clásico de Van Morrison -O león de Belfast- Moondance.
Alumnos do "Xulián Magariños" reciben á primavera prantando xirasoles
Facendo garda no asombroso reino vexetal, atopamos a trocante figura do xirasol. Senlleira e animosa pranta, de porte xeneroso e valente exposición, cuxo valor principal non é cuestión pacífica. Salientan algúns a importancia do seu innegable atractivo estético, outros inciden na súa evidente aportación á saúde persoal como fonte do popular aceite, e outros se decantan pola súa valía no submundo dos snacks como incansable productor das pipas, un dos aperitivos máis puramente viciosos desta España invertebrada.
O Partido Popular de Negreira critica as malas praxis do Goberno Municipal
Os últimos movementos de obras, algún silencio e ocultación, así coma certas irregularidades nas contratacións de persoal, ocupan as letras da primeira nota de prensa desta chuviosa primaveira de 2010 que o PP de Rey Maceiras fixo chegar ós medios e que amablemente tamén foi facilitada á web do pobo barcalés, para que os todos os usuarios -por fortuna cada vez máis- desta webera, coñezan as posturas de quenes presentarán alternativa nas prontas eleccións municipais. Fai click no "ler máis" de abaixo para facer lectura da postura do PP de Negreira nos eidos políticos da nobre vila de Negreira.
Segundo informan dende o Psoe de A Baña. o problema da mala o sinxelamente nula recepción da obrigada TDT no Concello de A Baña, -quebranto de nova impronta no Val de Barcala e que invitá ós xuramentos máis viscerais que un poda imaxinar-, foi obxecto de varias preguntas que o deputado socialista José Manuel Lage Tuñas presentou no Parlamento Galego.
Só faltaban as carcasas dos cacahuetes de par das imaxes que hoxe presentamos ó público barcalés como escarnio e que foron tomadas un día despois da mítica festa do fin de ano barcalés. Non sabemos se a desfeita existía dende antes do fenomenal evento, o que sí sabemos pola evidencia dos restos, é que os destrozos non foron feitos por persoas.
Tras o paso dun duro e contundente inverno, chuvioso coma él só, Valdebarcala.es dalle a benvida á esplendorosa primavera -máis que benvida- nesta morna mañán de Domingo en compaña dunha barcalesa de excepción, Mara, creación artística do noso bo amigo o excelente debuxante barcalés Daniel Barbazán Turnes, e que descubre tímidamente as súas primaverais intencións para toda esta nosa bisbarra e as súas xentes.
The show must go on!... Ghaiteirada na Baña!! hoxe a partir das 21:30h
E para facer bucle de continuidade, se onte despedíamos con soltura o ano barcalés nunha espectacular e exitosa festa de fin de ano -da que daremos conta en breve-, hoxe, estreando o ano novo barcalés, toca a festa galega por excelencia, -despois ou ó par da pandereitada-, unha estupenda ghaiteirada que o será no Local Social de A Baña a partir das 21:30h.
Porque moitos se están a facer esta pregunta, Valdebarcala.es, sempre ó servicio do pobo barcalés, entra de puntillas nesta tarde Rosaliana de orballo, para anunciar que ninguén -que non queira- se vai a mollar esta noite. Xa está instalada a carpa
Hoxe é... Fin de ano barcalés!, a partir das 23:00h no Campo da Feira de Negreira
Aqueles tolos festeiros coas súas tolas festas... Trouleiros que deixaron esmorga e alborada como nunca se vira na vila, aqueles míticos que hoxe despiden o ano barcalés, e na sorte da entelequia autóctona, se despiden a sí mesmos. Hoxe, a dozura do sabor da tola festa do mítico fin de ano barcalés, mantén un envés agre ó paladar por ser a data oficial do último gran espectáculo de Festexos de Negreira.
Nestos comprometidos tempos que asolan a esta invertebrada España das nacións invencibles, un denominador común, un mínimo común múltiplo recunca no ciclo: O Fondo Estatal para o Investimento Local, ou o que ven sendo o mesmo, o denominado no vulgo dialecto coma Plan E.
Proposta do PP de ubicación da piscina climatizada
Gostamos os inquilinos deste verde paraíso na terra que é o Val de Barcala, dos temas de fondo, dos temas enxundiosos e de grande percorrido. Tal é a querencia xenética dos barcaleses pola lonxevidade dos tratos, que calquera tema e asunto que se preste, o dilatamos no tempo por sistemática necesidade. É cousa que nace natural.
Rexos berces durmen ó pobo. Gallas cruzadas en simbiose de poder nos que aniñan puerís enfermidades de adultos acomplexados. Espantallos dos sustratos autóctonos e febrís simposiums con vocación de fraude plebiscitar.
O "Centro de día" para Negreira. O goberno informa das xestións.
E chega un momento da peregrinación en que a física manda amilanar os pasos. Tempo de asimilar os decursivos ventos e soles fonte de lembranzas acumuladas... Devires de acervos implantados no fluxo vital, que se anexan no tempo... Ribete dun ciclo que remata confluindo co albor da mocidade dun novo estadio de oportunidades e experiencias.
Polígono Industrial de Negreira: O PP reúnese con Xestur
Resquebraxan os conglomerados polas liñas pintadas naquela colina dos diaños do asfalto, xungla deserta do utopismo endémico tamarico. Na parálise dos tempos, o polígono sen industria de Negreira, se erixe no centro do debate nesta nosa capital de bisbarra que non brota a pesares da inminencia primaveral.
Replicatio do Partido Popular de Negreira. O Pleno do 16...
E nestas que chegou o momento da "replicatio"... Figura do Dereito Romano introducida na fórmula polo demandante a quen previamente lle rebatiran a "Intetio" mediante unha "Exceptio"... Así, coma se de auténticos romanos se tratara, asoma na webera do punto es barcalés, a réplica popular que resulta ir contra a "Exceptio" vertida polo goberno e publicada tamen neste mesmo lugar sobor do xa mítico e emblemático coma poucos, "Pleno do 16".
Breves: O barcalés Javier Caballero Morcillo na prensa nacional.
O noso veciño do Val de Barcala, e bo amigo de Valdebarcala.es Javier Caballero Morcillo, volve a ser referencia da sociedade barcalesa na prensa nacional, concretamente no diario de maior tirada de España "El Pais", onde lle adican todo un esplendoroso artigo baixo o título de "El padre del 'gin tonic' molecular", artigo que podes ler facendo click AQUÍ,
O Psoe fai lectura do último Pleno do 16 de febreiro
Nestas estabamos por venturas naquelas letras do punto es, que xurdíu o debate de galería á cara e que arrexuntou tras de sí un xúbilo de glosadores do estilo Justinianeo. Unha morea de letras arreboladas con mais ou menos fortuna, e que fixeron escarnio alporizado por momentos no mesmo canto que facían chapeus de plumas ós ratos.
Actividades culturais no IES "Xulián Magariños" de Negreira
Tal e coma pasou de seu o fin de semán sen resultas de explosividade furacanada e sen asubíos que lamentar -nen falta que fai-, retomamos o pulso barcalés de actualidade coa presenza nestas lides do punto es, do IES "Xulián Magariños de Negreira, berce de intelectos barcaleses e activa institución cultural que sementa mañán martes dúas interesantes actividades destinadas ó enriquecimento ilustrativo dos alumnos destinados por natura a ser o futuro de Barcala.