Martes, 07 de Setembro de 2010 ARQUIVO 
 
 
 
FESTAS E EVENTOS
 
 
PROXIMAMENTE
 
Festa de A Baña
San Vicente
 
 
Calendario completo
 
 
NOVAS
 
 
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
 
 
CONTIDOS
 
 
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
 
 
 
OUTRAS WEBS DO VAL
 
 
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
 
 
FOTOS DO VAL
 
 
ARQUIVO
 
 
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
 
 
26/02/2010
Chaman "chulo" ó alcalde de Negreira
E no medio, que non metade, da chamada Trama "retablo" - aquela na que o arquitecto do Xacobeo José Manuel Pichel presuntamente asignaba reformas e proxectos dos albergues no estilo de "repartir Galicia" ós seus amigos arquitectos e empresarios- apareceu o nome do gobernador Jorge I de Negreira.
Ler máis...(Comentarios 6)
 
26/02/2010
A voltas coa piscina climatizada. Truno para o Pleno do Concello de A Baña
Como se do Arcanxo San Gabriel bíblico se tratara, aquel que con soltura anunciaba a unha sorprendida virxe María que ía a traer ó mundo ó fillo de Deus, o ar-canso e cansino da Baña, anuncia na viva voz do seu cuatrimileurista alcalde Andrés García Cardeso, que por fin, e como se dunha milagre semellante ó da virxe que foi nai se tratara, levarase para o pleno extraordinario bañés o manido, sobado e mullido tema da piscina climatizada barcalesa, que non será filla de Deus senon de dous... concellos.
Ler máis...(Comentarios 3)
 
25/02/2010
O goberno de Negreira presume das obras deportivas
O goberno do Psoe de Negreira de Jorge I, ven de facer presunción de actividade lustrosa no eido lozano do deporte, e fai público o seu entusiasmo polo vistoso aspecto que despois das obras, locen os complexos deportivos da leal vila de Negreira.
Ler máis...(Comentarios 11)
 
24/02/2010
O pobre Concello pobre, cun pobre alcalde rico
E chegan coma sarpullidos medáticos de proclama, os números de investimentos en miles de euros para o Concello da Baña.
Ler máis...(Comentarios 12)
 
23/02/2010
O Xacobeo busca voluntarios nicrarienses
Lembramos a Moisés como líder/guía dun éxodo de masas inxentes de xudeos cara a Palestina; A Terra Prometida nin máis nin menos -como cambian os tempos-... E temos na lembranza a tan célebre personaxe, por aquelo dos guías que dende o Xacobeo tentan mentar para a ilustración e amparo referencial no camiño ós individuos en ruta actual cara a terra menos prometida, e sen embargo máis concluinte, de Fisterra.
Ler máis...(Comentarios 1)
 
22/02/2010
X. Amancio Liñares Giraut presenta dous novos libros migratorios
O fenómeno migratorio, tan históricamente vencellado a estas nosas terras de Barcala, volveu ser tema de actualidade literaria nestes días nos que o insigne barcalés X. Amancio Liñares Giraut -catedrático de Xeografía e Historia no IES Xulián Magariños de Negreira-, presentou en sociedade dous novos libros de temática migratoria; La emigración española a Europa en el siglo XX e Hijos y nietos de la emigración española. Las generaciones del retorno.
Ler máis...(Comentarios 5)
 
19/02/2010
Hoxe toca... Festa da Xuventude de Barcala, a partir 23:00h
E chegou o día da primeira gran festa da tempada no Val de Barcala, a da Xuventude de Barcala que xa no seu día anunciamos na webera e que agora, no rizo da cita a nós mesmos, reproducimos.
Ler máis...(Comentarios 4)
 
18/02/2010
O PP de Negreira fai resume do último pleno
Facendose forte na oposición, o grupo popular liderado por Juan Rey Maceiras, coma naquela mítica película de mamporros dos 80 que foi Yo, El halcón e na que un honorable camioneiro participaba nun interminable concurso de pulsos, mantén a presión muscular sobre o goberno nicrariense de Jorge Tuñas Caamaño, e fai conclusivo resume do que foi o pleno deste Martes de entroido pasado.
Ler máis...(Comentarios 80)
 
18/02/2010
Asamblea do PSOE de Negreira: Consolidación de Jorge Tuñas e novo organigrama.
Novos tempos e aires de renovación chegan ata o Partido Socialista de Negreira, que, en Asamblea extraordinaria acordaron por unanimidade, consolidar o liderazgo do alcalde Jorge Tuñas Caamaño como punta de lanza socialista, recoñecéndolle o posto de Secretario Xeral que ata o de agora pertencía ó ex-alcalde nicrariense Juan García Fuentes.
Ler máis...(Comentarios 4)
 
17/02/2010
A SGAE dalle a puntilla ó barcalés videoclube Travelling
No irremediable devir dos anos e o tempo, cadencioso cruel e inclemente como nada neste mundo, moitas son as ocasións nas que, co peito encollido, observamos as caídas dos mitos e as rendicións dos emblemas cos que cada un, no seu particular submundo da ialma, garda unha especial e propia relación amorosa.
Ler máis...(Comentarios 9)
 
16/02/2010
Reflexións populares: Os 5 meses de Jorge Tuñas como alcalde
Con meridiana claridade e demoledora contundecia se presenta a reflexión que o Partido Popular de Negreira fai destos últimos 5 meses de alcaldía do Master and Commander nicrariense Jorge Tuñas Caamaño e que amablemente se nos fixo chegar ata a redacción de Valdebarcala.es.
Ler máis...(Comentarios 11)
 
16/02/2010
Video do Entroido Barcalés

Ler máis...(Comentarios 1)
 
14/02/2010
Espectacular Entroido de Negreira e galería de fotos
Un ano máis, e baixo unha friaxe febreril que alentaba baixo a lozanía dun soleado día, tiveron lugar en Negreira os carnavais máis sorneiros e retranqueiros da provincia da Coruña e dos que Valdebarcala.es, no seu estilo de ollo avizor, vos trae unha pequena mostra de encaixe fotográfico barcalés para que os que estivéchedes lembredes a historia, e para os que non puderon por atoparse fora da terra, podan nembargantes sentir o enxebre ambente do mítico entroido barcalés.
Ler máis...(Comentarios 0)
 
12/02/2010
Benvido Entroido 2010...
Coma é costume nos febreiros barcaleses, o Entroido achégase ata o Val de Barcala para facer presenza da sorna e a lúdica troula máis necesaria que nunca para afrontar estos lastimosos tempos de implacable crise mundial.
Ler máis...(Comentarios 12)
 
11/02/2010
Novo album e tempada para a nicrariense Orquesta Olympus
A Orquesta Olympus de Negreira, exitosa e espectacular como ela soa, un dos activos máis importantes desta nosa dinámica e ben musiqueira bisbarra barcalesa, ven de facer pública presentación do novo album da agrupación e que leva por xubilar título "Ó final do camiño", oportuno e estupendo nome para un album que moverá o éxito deste xacobino ano 2010.
Ler máis...(Comentarios 1)
 
10/02/2010
A imaxe dunha homenaxe
Como xa comentábamos nesta webera do punto es barcalés, e facendo desta vez obviedade das ausencias, o certo é que de xustiza era tamén recoller protagonismo para os homenaxeados do pasado venres na cea popular: José Villar Pérez por 16 dignos anos de concelleiro e Manuel Suárez Quiñoy por 30 anos de popular militancia.
Ler máis...(Comentarios 14)
 
08/02/2010
Blanco Pazos non estivo na cena do PP en Negreira
As ausencias son normalmente máis significativas que as presencias. Unha festa por todo o alto do PP de Negreira tivo lugar o pasado Venres no emblemático Hotel Tamara de Negreira. Unha cena rebosante de persoeiros do centro dereita barcalés e galego e que propuxo coma merecido mcguffin da xuntanza, a homenaxe á base da militancia popular, personificada nas figuras de José Villar Pérez e Manuel Suárez Quiñoy, quenes recibiron sendas placas.
Ler máis...(Comentarios 6)
 
07/02/2010
A tdt, a nova forma de ver a tele... con raias...
Atras quedaban as nevadas de puntos e as imaxes dobles da analoxia televisiva, atrás e lonxe na noite da vangarda desaparecen as puntuacións flotantes que molestamente interferían no sinal dunha televisión anquilosada nos tempos e que só a cor lle otorgou avance no devir dos anos.
Ler máis...(Comentarios 5)
 
05/02/2010
A Baña continua perdendo... habitantes.
"E sen embargo móvese"... frase que di a rumoroloxía histórica que achantou o bo de Galileo cando a igrexa, baixo ameaza de morte, o mandou retractarse das suas tolas teorías heliocéntricas... "E sen embargo móvese" decimos nós tamén con respecto á gráfica que cada ano ilustra graciosamente o estado do censo na Baña, cada día máis deserta e cada ano mais tendenciosamente baleira en disonancia co entusiasmo gubernatil de autoproclama e fino actuar.
Ler máis...(Comentarios 9)
 
04/02/2010
Festival MusicAula 2010.
Por sorpresa chegaba ata a webera do punto es a nova do Festival MusicAula, un certamen de música Pop-Rock dirixido a xoves grupos de estudantes en Colexios e Institutos de toda esta pel de touro que chaman España -nestos tempos rasgada polas beiras-. O devandito festival está agora mesmo na fase de votación de 30 grupos representantes de 30 colexios e institutos que pasarán a semifinais e dos que tan só 6 pasarán á gran final do Festival en Madrid.
Ler máis...(Comentarios 3)
 
03/02/2010
A Fundación do Banco Pastor doa 90 libros ó IES "Xulián Magariños"
Nestos malos tempos financieiros que sacuden con virulencia os cimentos vertebrados do noso sistema bancario, e co rebufo doutros espinosos temas no retrovisor, unha Fundación, a de Pedro Barrié de la Maza, exponencial referente solidario do Banco Pastor, coa Directora da sua sucursal nicrariense Sr. Dna. Sonia Silva Barcia á cabeza, ven de facer unha altruista e xenerosa doazón de 90 libros á biblioteca do IES Xulián Magariños, berce de cultura e sapiencia da xuventude barcalesa.
Ler máis...(Comentarios 3)
 
02/02/2010
O barcalés Rubén Suárez abre unha nova ruta de barranquismo.
O noso estimado amigo e colaborador habitual de Valdebarcala.es, Rubén Suárez Carballo, a face barcalesa da aventura e o deporte de risco, volve a estar de actualidade deportiva neste noso fogar de Breogán ó ser quen de abrir ó mundo, e na compaña do seu amigo Arturo Pasantes, unha nova ruta de barranquismo en Galicia, aquela que se situa na zona da Ameixenda, no Concello de Cee.
Ler máis...(Comentarios 2)
 
01/02/2010
Obrando nos parques.
Contaxiado por un latente e agresivo estado febril reconstructor, en Negreira o Partido Socialista mantén a teima de honra ás siglas, e coma obreiro apelido de grupo, as obras marcan os puntos suspensivos nos faceres do cotío. Así, unha febre de febreiro obreira coma a ordenatura, amanece entonando un canon de obras nos parques da vila.
Ler máis...(Comentarios 40)
 
USUARIOS
 
 
Usuarios rexistrados:343
 
Usuarios en liña
Google [Bot]
Lueiro
Convidados:1
 
 
PATROCINADORES
 
 
 
 
BLOGS
 
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS
 
 
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
 
O ceo sobre as herbas... O lamentable estado do local parroquial xestionado por Cáritas
Perry Mason dixo: ...
As campañas vaticanas asesinas
para que en ...
 
Retallos de intrahistoria barcalesa: Franco no Val de Barcala
Perry Mason dixo: ...
Mi ma que susto me levei
logo dun tempo sen ...
 
candepalleiro dixo: ...
Non deixa de ser curioso que en poucos dias en Val ...
 
Lueiro dixo: ...
Meus parabens Daniel.

Unha das mell ...
 
 
LIBRO VISITAS
 
 
Ver todos os comentarios
 
Lueiro dixo: ...
Que bo tema o de Norah Jones. E claro que podemos sentarnos ó fente do historio catódico... previo ...
 
Bo dixo: ...
De feito, bravo por La 2. Teño entendido que esta temporada nos agardan bastantes sorpresas cultura ...
 
Lueiro dixo: ...
Gris! eso é unha sorte meu bo amigo Bo!

Pois La2, a tv dos animáis... por sempre r ...
 
Bo dixo: ...
Qué gris comenzou esta semana o ceo barcalés!
Que non se nos contaxie o humor. Deixo os so ...
 
Bo dixo: ...
Onte foi unha noite románica moi longa, e hoxe entro ao libro de visitas a hurtadiñas pola porta ...
 
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
 
 
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
 
candepalleiro dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
 
candepalleiro dixo: ...
" WHISKY MAN" candepalleiro dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
 
candepalleiro dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
 
candepalleiro dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
 
candepalleiro dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
 
Os debuxos da túa vida
Lueiro dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
 
Feira do Románico de Negreira
Lueiro dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...
 
Películas recomendables (todas as épocas)
Lueiro dixo: ...
Onte desfrutei de "El amante del amor" ( ...