Como anticipando a sua sorte, a auga deste saturador novembro apresura a sua chegada ó complexo polideportivo de Pedra Mámoa en Negreira. As augas non entenden das políticas do turno, e na vista de que a piscina climatizada, proxecto eterno municipal, non fai por avanzar, as ansiosas augas penetran nos complexos existentes facendo malas as obras protectoras que apenas un par de meses atrás cubriran o polideportivo nicrariense.
O Blog de Larry Lurex: La Chica que soñaba con una Cerilla y un Bidón de Gasolina
Novamente nesta tolemia de webera que é valdebarcala.es, chega unha nova entrega do blog cinéfilo do noso crítico cinematográfico preferido, Larry Lurex. Hoxe o ollo crítico de Larry, está pousado no filme baseado no popular Best Seller de Stieg Larsson, La Chica que soñaba con una Cerilla y un Bidón de Gasolina; Millenium 2.
Entre as luctuosas néboas medrantes do Tambre, as funestas profecías falaban de mortos vivintes e tétricas pantasmas. Oíuse na lonxanía da escura noite o oubido do lobo mentres repinequeaban a morte as campás da igrexa. Entón sucedeu... O morto...
As parroquias, antaño reductos católicos dos curas devotos e hoxe circunscripcións consuetudinarias da administración local, son o novo fronte de actuación do goberno socialista do Master and Commander Jorge Tuñas Caamaño, que perita a inanimosidade das aldeas do concello, e lle busca remedio a través das políticas que, coa voráxine destos tempos de vocabulario pervertido na corrección extrema, lle dan en chamar programas de animación.
As serviciais bandexas... Esas figuras de menaxe cuxa practicidade indubitada é normalmente discreción de ámbito privado, recentemente acadaron na vila de negreira o status de cousa política e colacionan agora no debate municipal de oposición e goberno. A cuestión ven dada pola compra do goberno do PSOE do 2007, dunha remexa de bandexas para o pobo por valor de 4.407 €, e que nunca foron utilizadas. O PP de Negreira advirte na actuación gubernatil, certa improvisación ou falla de planificación, polo que ten de mercar con cartos públicos, cousas que non se precisan.
Sen necesidade de referenciar a Gabriel García Márquez, a crónica do fin de Festexos estaba escrita sen tinta dende facía un tempo. O Comisionado de festas máis impresionante que nunca tivo Negreira fixo RIP e os seus restos son xa obxecto de veneración de culto pagano despois de que ó derradeiro intento de salvar ás festas cunha reunión da que saíran novas forzas festeiras revitalizantes por parte do pobo, se saldara coa ridícula asistencia de 3 persoas...
Importante reunión hoxe na Casa da Cultura: Incertidume polas festas.
Amigos barcaleses, festeiros todos, dende esta webera lembramos a todos os veciños de Negreira, que hoxe ás 21.00H terá lugar na Casa da Cultura de Negreira unha importante reunión á que estades invitados todos aqueles que queirades axudar a que
Non fai moito que sonaba nos medios de toda España aquela sinal que os veciños de A Raña instalaran a carón da estrada e que rezaba: "Precaución, niños gitanos en la calzada"... Pois ben, semellanta artimaña popular saída da pura angustia protectora
A redacción e infraestructura de Valdebarcala.es está pletórica de xúbilo. A webera do punto es, a desmesura dixital barcalesa, cumpre o seu primeiro ano de vida!.. E por iso, para celebralo con todos os que habitualmente visitades esta tolería de web, fixemos un pequeno video resumen con algunhas das novas máis relevantes publicadas ó longo de todo este ano e que, mirado con perspectiva, se presenta coma un perfecto resume da vida barcalesa ó longo de todo o ano.
O PP da zona do Val de Barcala, reuniu ós seus dous homes fortes, Juan Rey Maceira e Andrés García Cardeso, co Conselleiro de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernandez, para tratar algúns dos temas que máis procupan á dereita da nosa bisbarra no eido das infraestructuras, facendo fincapé oficial na postura dunha sóa depuradora e non dúas, así coma da necesidade de reforma na rotonda da Barca.
As incógnitas en política non responden as perfectas leis das matemáticas, e as X nunca se poden despexar a priori e con fórmulas científicas por moitas calculadoras que un expoña de cara á galería... ó fin na política, nas res públicas, todo se reduce ó home e os seus caprichos, de modo que aínda con hipóteses e teorías, nunca se acadará a sorte do teorema neste submundo do poder e a decisión... E con estas, chegou o momento de facer público o soldo do primeiro dos Nicrarienses, o Sr. Alcalde, que se autoimpuso coa conformidade plenaria, o soldo de 2.080 Euros mensuais.
Retomando vellas tradicións domingueras de Valdebarcala.es, Larry Lurex amanece de novo en Domingo para dar mostra da súa implacable crítica cinematográfica e analizar o exitoso e popular filme de moda ÁGORA, de Alexandro Amenábar.
Ventos e chuvias de campionato asolaron o Val de Barcala
Coa voracidade dos depredadores esfamedados, así chegaron ó Val de Barcala os ventos e as chuvias de novembro, que pulsaron a xa lexendaria resistencia barcalesa ás inclemencias climáticas que cíclicamente percorren as parroquias da bisbarra, deixando imaxes de polas partidas e regatos enchidos.
Ranking de tenis; unha feliz iniciativa do clube de Tenis de Negreira
O dinámico e deportivo Clube de Tenis de Negreira, bo amigo desta webera, ven de argallar unha estupenda e divertida idea para fomentar o tenis neste noso verde Val de Barcala, co I Ranking de Tenis de Negreira.
O PP acusa de falta de transparencia ó goberno de Negreira.
Novamente as obras son relieve de forma na dinámica política nicrariense, tan desputada como entretida, coma unha película de cine negro ó estilo de Raymond Chandler. Nesta dinámica, os populares de Negreira, veñen de manifestar o seu malestar polas malas praxis do goberno actual. O quebranto supura nas filas populares. O motivo resulta da negativa do goberno a que a oposición teña acceso ó expediente das obras do campo da Feira. ¿por qué non se lle permite ó acceso á oposición do expediente das obras no campo da Feira?... novo caso para o inspector Colombo na vila de Negreira...
Antón Louro, Delegado do Goberno nesta Galicia de Breogán, home do saco cos cartos do salvador de España Plan E, chegou o Luns, viu, e venceu... pois como todo aquel que invita a unha ronda de barra e chiqueteo coa puntilla tapil de turno, o delegado do Goberno Zapatero, algo así coma o arzobispo estatal en Galicia, despois de visitar o inmobiliario e rueiros nicrarienses, incluíndo a inauguración das reformas no Pavillón, comprometeu ata 710.590 euros do Plan E desta España invertebrada, para que Negreira dispoña ó seu gusto, nas obras de novo cuño.
O Conselleiro de M.A territorio e infraestructuras de revista pola Baña
O Conselleiro de Medio Ambiente, pero tamén de Obras (ai as obras!) da Xunta de Galicia, Agustín Hernández Fernández fixo viaxe decidida ata o verde verde (non é erro) Concello de A Baña para pasar “valente” revista do estado das obras no trazado en endémica construcción da estrada Ceilán-Ponte Failde que pasa polo Concello de A Baña.
Sen chegar á hipérbole que para o New York dos sesenta supuxo o famoso“Gran apagón" cando un pico de excesiva demanda de electricidade (ou os marcianos que din algúns, que de todo hai) deixou inoperativa a toda unha capital do mundo (capitalista enténdase), a nobre Vila de Negreira foi esta noite invadida polo santo de negro e permanceu preto de 30 min aproximados e non contados sen a clarividencia de miras que otorga o lucificado elemento.
Exclusiva valdebarcala.es: Video resume da Carreira popular de Negreira
E como o prometido din que se debe, valdebarcala.es, cuxa palabra é firme coma os carballos do noso Val, presenta para todos, o mencionado e prometido documento visual da histórica XXX Carreira Popular de Negreira.
Histórica edición da Carreira Popular de Negreira.
Baixo un manto gris de fresca mañán, e sen acadar en ningún intre a solución da chuvia, tivo lugar a máis histórica edición da Carreira Popular de Negreira. Coa Radio Negreira en directo coma testemuña de excepción, a trinta veces grande carreira popular, foi un éxito absoluto de participación, de público, e sobre todo (e así llo fixeron saber a valdebarcala.es en diferentes momentos algún dos participantes), un éxito rotundo de organización.
Record histórico de inscritos para XXX edición da carreira Popular de Negreira deste domingo
Co bastimento que só conceden os anos de andadura, a mítica entre as míticas carreira popular de Negreira, chega ós 30 anos de gloria pletórica de esplendor como demostra o record de inscripcións deste ano. Máis de 1500 corredores de todas as nacionalidades e condicións, daranse cita no emblema deportivo popular da Vila tamarica nunha significativa mañán de domingo que promete deparar un crisol de imaxes de superación e esforzo individual na búsqueda da consumación da conquista da meta estipulada no corazón.
III Premio para os Cogumelos barcaleses de Sendeiriña
O paraíso cogumelar que as terras de Barcala, húmidas e mornas como elas soas, representan para o afeccionado á micoloxía, unido ó dinámico e sempre curioso espíritu barcalés, eran o caldo de cultivo perfecto para que xerminara unha Asociación que cubrira o baleiro no eido micolóxico que existía nas nosas fértis terras de Barcala, oco que ven de encher a xa exitosa Asociación Micolóxica Sendeiriña...
O Grupo Municipal Socialista marca a folla de ruta
Tralas polémicas remodelacións no equipo gubernatil anunciadas fai un par de semanas nesta mesma web, o Grupo Municipal Socialista, en claro exercicio de democracia que esta webera, dende a neutralidade política e independencia editorial que profesamos, non ten máis que aplaudir, diríxese ó pobo de Negreira para explicar a folla de ruta do novo Goberno.
A MÁSCARA DA MORTE VERMELLA, foi conto cruel e fantástico (e película maquiavélica do gran Roger Corman co mítico Vincent Price) relatado polo xenio Edgar Allan Poe e publicada no ano 1842, na que se narraba, coa excelencia característica do escritor de Baltimore, o recluimento da nobreza de todo un pobo en torno a un Castelo onde, e mentras desfrutan dun baile de disfraces, o Rei e a súa Corte de Nobres, se protexen da peste que fóra do recinto amurallado se está levando por diante a vida da plebe...
Dimite Juan como Secretario de Festexos de Negreira
Con sorpresa e moita pena polo que significa como fin dunha mítica e inesquecible era, Juan, o exitoso e traballador secretario da Asociación de Festexos de Negreira, ven de anunciar por medio de correo electrónico a esta web barcalesa, a mala nova para o pobo de Negreira da súa dimisión como Secretario da Comisión de Festas e Eventos máis relevante que nunca tivo a vila de Negreira.