O espectáculo do ciclocross chega a Negreira da man de Festexos
Derrapando as mellores curvas festeiras que un pobo do tamaño de Negreira podera soñar nunca, a asociación de Festexos de Negreira retorna con forza ó protagonismo galego de prensa e con eles, o nome de Negreira, que será de novo referencia galega no ámbito do deporte, noutro fin de semana mítico marcado polo I Open galego de Ciclocross "Vila de Negreira" que este sábado, a partir das 15:00h da tarde se desenrolará nos arredores deportivos de Pedra Mámoa.
Nesta España invertebrada que decía Ortega, as prominentes obras de adscripción ó monumento obril e fomento do emprego que é o famoso Plan E, son a devoción preferida do conxunto das alcaldías patrias que a golpe de adxudicacións, xeneran vallas e gruas por doquier.
Enorme, coma o cíclope a quen emborrachaba Ulises nas súas fantásticas aventuras, se presentou a praza do Concello para acoller este domingo á Marcha Mundial contra a Paz e a Non Violencia. Unha pacifista iniciativa que, dende Fisterra, e camiño
A Marcha pola Paz e a non Violencia pasará por Negreira este domingo.
O día 2 de Outubro ( data de nacemento do máis famoso pacifista da historia da humanidade, GHANDI), comenzou en Nova Zelanda, unha marcha que percorre todo o mundo co obxectivo de fomentar a paz e a non violencia. Numerosas son as personalidades adheridas a este fermoso movemento pacifista que foi iniciativa da organización internacional "Mundo sen fronteiras", e que busca, dalgún xeito, a globalización da Paz para fomentar e coseguir como fin último, un mundo sen violencia. A marcha rematará nos Andes o 2 de Xaneiro de 2010.
Cando o Outono inunda as follas dos árbores caducifolios de caprichosos tons vermellos e amarelos que anuncian a súa inminente fundición co chan, é o momento de marronadas castañas e ledos magostos... E un Magosto trouleiro para os veciños, na práctica habitual barcalesa, será o protagonista este sábado en Seoane a partir das 19:30h.
O mérito de chegar a 30 edicións de algo nesta nosa cambiante e pouco dada á manutención bisbarra do val de Barcala, non é cousa baladí certamente, por eso, entre outras cousas, ben merece especial atención webera a presentación que onte martes día 20 de Outubro do noso señor, se fixo no telecentro da Casa da Cultura, da XXX edición da carreira, antigamente chamada pedestre, popular de Negreira.
A orquesta do goberno nicrariense dirixida por Jorge Tuñas Caamaño xa está ubicada nos seus asentos de decisión para comenzar o concerto de melodías para o esixente pobo de Negreira.
Barcaleses polo mundo: Javier Caballero Morcillo, un Bartender barcalés.
Cando un fala de cócteles, non pode deixar de representar mentalmente a imaxe iconográfica do Tom Cruise máis cachondon do celuloide dos oitenta, naquela película hiperfamosa que fixo as delicias de tantos barcaleses , e sobre todo de tantas barcalesas que suspiraban por atopar algún día un cocteleiro coma o bo de Cruise en COKTAIL (Roger Donaldson. 1988)... Fantasía que no Val de Barcala, xa podemos decir que se fixo realidade, pois contamos entre os nosos veciños a un excelente Cocteleiro: Javier Caballero.
Novamente, da man prodixiosa de Festexos de Negreira, a nobre vila de Negreira gozará dun novo evento de magnitude nacional que traerá ás nosas terras a máis campións de España.
A xa coñecida como "enfermidade das obras" do Concello de Negreira, tamén fixo obrigada parada nas pistas de tenis de Negreira, onde, despois de tantos anos prestando ocioso e deportivo servizo ós barcaleses raqueteiros, ben precisaba dunha nova lavada de face.
A cousa apuntaba a certo prodixio de estrada, alí no alto de Nantón. Co famoso Plan Galicia, perfilouse unha sorte de recta ancha coma as estradas modernas que pretendía deixar en ridícula obsolescencia as curvas estreitas e bacheadas da estrada actual (naquel entón... e mesmo agora).
Carlos Suárez, Campión Galego de Tenis veteranos + 45 anos
Oh capitán mi capitán!... Estos eran os famosos versos de celuloide entonados polos alumnos na fermosa película que foi “O clube dos poetas mortos” e que hoxe aplicamos en conxunción de cordas vocais barcalesas para recitarlle con devoción ó Campión Galego de Tenis (na modalidade de veteranos), que resultou ser nen máis nen menos que o capitán do clube de tenis de Negreira.
O Polígono industrial sen industra de Negreira, chan de asfalto e torres de luz, nunca foi da devoción desta webera do punto es barcalés. Dende o comenzo de andaina manifestamos abertamente a discrepancia webera respecto da ubicación final do xigante contaminador. De lado do antigo refuxio de pescadores, o polígono ameaza con destruir dende o seu nacemento o contorno natural de dous ríos emblemáticos do Val de Barcala: O Río Albariña e o Río Barcala (tamén chamado Río Negreira dende a unión destos dous pais de augas).
Unha marabunta de xente moi observadora e, ó parecer, pouco mercadora, se deu cita na III Feira de saldos de Negreira que pechou as súa impresionante carpa o festivo e ocioso luns, día no que as forzas armadas españolas celebraron o día do Pilar, un ano máis, con desfiles e exhibicións de forza bruta e aliñada, amosando a todo o mundo a potencia destructora desta enrrugada pola crise pel de touro das españas do noso señor.
Chega o fin de semana máis barato do ano. A feira de saldos máis virtualmente itinerante da historia, asenta desde hoxe mesmo os seus prezos de ganga na Rúa Teresa Fabeiro (paralela ás Brañas) para desfrute, deleite e catarsis comercial colectiva, nunha orxía de compraventa sen discrección, que agardamos faga temblar de éxito ós comerciantes vendedores, e de gusto de saldo ós compradores.
“Un ollo de vidro, memorias dun esquelete” é unha das obras de referencia do Castelao máis surrealista e humorístico na que o de Rianxo narraba en primeira persoa, as memorias dun esquelete que a través do seu ollo de vidro, e pese a atoparse no leito da morte, podía sen embargo, mirar: “aquel ollo de vidro que de nada me servira na vida sírveme agora pra mirar”.
A sombra da incertidume planea sobre Festexos de Negreira. A máis exitosa e sorprendente comisión de festas que tivo nunca a vila de Negreira, despois dun ano realmente espectacular e único en cantidade e sobre todo en calidade de eventos organizados, e co I Open Galgo de ciclocros preparado para o 31 de Outubro, plantexa a posibilidade de desistir no empeño cara o ano 2010.
Uns veciños da Baña, na base de que o dominio público das ribeiras dos ríos servan como paso para as xentes de ben, reuniron en Agosto ata preto de 100 firmas que ó parecer lle fixeron chegar ó Concello para que se tomaran medidas para limpar de maleza a ribeira e os muíños que amparan ó río Alvariña.
Publicamos nesta webera as consideracións que dende o Partido Popular de Negreira nos fixeron chegar en relación ás acusacións do PSOE e do PIN, que estos revoltos días de atrás falaban de que os populares ían “por libre”. Tales acusacións parece que non sentaron nada ben na oposición quenes esgrimen que xustamente o que acontece é o contrario, e que o goberno actual non mantén informada á oposición dos movementos que se fan no pobo. Clicka en ler máis para saber das argumentacións dos populares.
Valdebarcala.es, tivo a oportunidade a semán pasada de reunirse en amistosa xuntanza co Director do CEIP “ O Coto”, D.Manuel Sanmartín, e con algunha das profesoras de preescolar, quenes amablemente tiveron a ben explicar aquelas modalidades de traballo elexidas para este ano polas mestras para unha mellor xestión dos recursos e para fomentar a igualdade nas aulas.
Novamente A Baña e as súas cousas... esto é, as cousas dos bañeses, precisaron dunha viaxe relámpago de 10 días ás duras terras do Brasil a cargo do abnegado Alcalde que xunto con dous dos seus (Manuel Tourís e Manuel Paredes), caeron na obriga de visitar tan barcalés lugar para entregar en man, pois os barcaleses gozamos da merecida fama de desconfiados, unha axuda de 3.000 euros para o Hospital Español de Beneficiencia de Río de Janeiro.
A XX Edición do Festival de pulso e púa, pasou por Negreira
Alfonso Sandoval, luthier venezolano, deixou proba na capital barcalesa de que non existen límites na música e que aínda é posible descubrir novos sons a través da construcción de instrumentos amalgamados que conformen unha nova e única peza instrumental.
Na idiosincarsia artística barcalesa, tan acertadamente ecléctica como todos sabemos, existe dende sempre unha implícita tendencia á música. A música, en todos os seus estilos é, xunto coa literatura, o arte de máis arraigo na nosa bisbarra. Quizáis por iso, e porque a actitude cultural é a marca distintiva dos pobos vivos, o Concello de Negreira presenta este sábado unha magnífica oportunidade de seguir alimentando a fame musical barcalesa na Casa da Cultura de Negreira.
Nesta nosa bisbarra de arraigada tradición agrícola e gandeira, cos pastos e terras máis productivas de Galicia, as obrigas do campo dende sempre marcaron os tempos da sociedade barcalesa. Nin tan sequera, nos albores do moderno século XXI, as cuestións políticas ou de xustiza poden escapar dos compromisos que as duras labouras do campo impoñen a quen se adica a estos menesteres.