Coa endémica polémica que rodea a toda enxundia barcalesa, bisbarra de inquedos e inconformistas habitantes, por fin sabemos onde se pretenden saldear os ben mobles dos comerciantes. Segundo informan dende a Asociación de Empresarios de Negreira, a Feira terá anclaxe na rúa Teresa Fabeiro... ou non barcaleses... que o Concello ben dixo que todos son conxeturas... e que pode ser que se celebre aínda no polígono industrial sen industra...
Queixas colexiais polo modo de publicar de valdebarcala.es
Non existe o home senon na Polis que decía Aristóteles. Na polis pois desenvolvemos todo o que externamente somos. O que externamente somos será o que sexamos realmente, e por iso esta webera, en conciencia interna diverxente ó externo aspecto, volve sobre o seu propio eixo para aplicar a lóxica das aclaracións.
Movementos populares no eido do Polígono de Covas.
O Polígono Industrial sen industria de Negreira, semella ser o novo cabalo de Troia do goberno nicrariense. Segundo informou o Partido Popular, o seu líder Juan Rey Maceiras, reuniuse co presidente de Empresarios de Negreira, Ramiro Furelos, co fin de informar ós futuros inquilinos do conglomerado pavimento poligonal de Covas, das súas intencións e accións a emprender para "desbloquear a situación do polígono industrial".
Exitosa exhibición de Bike Trial por Dani Cañas e César Comas
Case que non quedou lugar de Negreira sen sortear polos campións do mundo de bike trial César Cañas e Dani Comas que pasaron un estupendo fin de semán na nobre vila de Negreira e que deleitaron ós barcaleses cunha magnífica exhibición de bike trial que tivo lugar o sábado na concurrida pista do Coto.
Galería de fotos do III día da bicicleta de Negreira
Tal e como anunciábamos nesta webera no día de onte, valdebarcala.es, contou cun infiltrado de luxo na III Edición do día da bicicleta, nen máis nin menos que Jorge Castro Tieles.
Moita participación no III día da bicicleta de Negreira
Valdebarcala.es, rápida coma o "Speedy González" máis eléctrico, xanta hoxe coa estupenda III Edición do día da bicicleta de Negreira. Unha concurrida marcha de cicloturistas barcaleses abanderados por César Cañas e Dani Comas, e que tamén contou coa participación do ciclista barcalés Jorge Castro Tieles, percourreu a simbólica distancia de 10km polos arredores da vila nicariense.
E xa para este sábado, e como colofón a un ano de duro traballo da Comisión de Festexos de Negreira que só podería de calificarse de IMPRESIONANTE, e que cando menos puxo en varias ocasións á vila no mapa de Galicia, terá lugar na pista do Coto, unha maravillosa e histórica exhibición de bike trial a cargo de dous campións mundiais da talla de César Cañas e Dani Comas.
Este sábado, o protagonista absoluto do día serán as bicicletas, que no val de barcala, tamén son para o Outono... Así, se na tarde do sábado, dous campións do mundo de trial-bike (César Cañas e Dani Comas) deleitarán cunha xenial exhibición, antes, pola mañán, terá lugar unha concentración con paseo en dúas rodas para todos aqueles barcaleses que desexen compartir un momento lúdico deportivo cos seus veciños.
A maioría das ocasións, que as pintan calvas, os políticos semellan cabaleiros de cruzadas opostas cuio único obxectivo reside na conquista da Terra Santa do poder, esquecéndose polo camiño, e obviando as máis das veces, a intelixencia media do populus a quen tratan a cotío como vulga plebe a quen contentan coas sobras de Palacio.
Nos perdidos recunchos da cabeza, repousan sobre o leito da memoria os momentos que, coa humildade do que foi, gardan no silencio da inconsciencia o repouso do sono eterno, agardando que nalgún intre de lucidez, sexan rescatados para retornar ó presente como íntimo agasallo en forma de lembranza.
E xa que troula e festa non falta non amado Val (e que non falte), o Concello de Negreira ten preparados uns cursos estupendos para ensinar o arte da baila tradicional e outro curso para ensinar os entresijos e truquiños do mellor Teatro, para formar barcaleses como tolos por interpretar "Macbeth"... para que a un lle podan cantar aquelo de: “Teatro...lo tuyo es puro teatro...”.
Queixas veciñais polo modo de actuar dunha profesora do Colexio Público.
Finalizan as festas e, como non podía ser doutro modo, retoma a webera do punto es o pulso diario da realidade barcalesa. E o facemos dende a denuncia dun usuari@ que prefire manterse no anonimato, e cuia indignación lle fixo dirixirse a esta web como voz do pobo, para manifestar a súa opinión e desacordo co modo de facer as cousas dunha profesora do Colexio Público.
Valdebarcala.es, sempre no palpo da rabiosa actualidade, quere compartir con todos os veciños que non puderon desfrutar "in situ" dos magníficos fogos de Santa Margarita, o video que se filmou na estrelada noite de onte, onde a Negreira festeira, de man da súa magnífica comisión de Festexos, rasgou o ceo na procura dos destellos luminosos máis fermosos.
Terciaba a noite nicrariense a súa andaina do 18 de Setembro de 2009 cando os MARMOTA PHIL, nun exquisito exercicio de rock, abrían de modo inmellorable a esperadísima edición do Nicrarock 2009 que por fin, e baixo o amparo dunha enorme carpa protectora da chuvia que nunca chegou, se celebrou na Negreira máis rockeira da historia.
Galería de fotos da procesión na honra de Santa Margarida 2009
Amigos desta web, como xa todos sabemos, non hai festa sen misa cantada… esta certeza non escrita, premisa maior dos siloxismos aristotelianos, tamén se cumpre puntualmente ano tras ano na Negreira festeira de setembro, devota da Santa Margarida cuia imaxe se venera na histórica igrexa parroquial de Negreira.
A imprescindible e traballadora asociación de Festexos de Negreira, non deixa de traballar a reo pola vila, e se fai un par de semáns trouxo una estupenda exhibición canina, e se para o fin de semán que ven ten organizada unha internacional exhibición de "bike trial", este mesmo fin de semana, teñen organizadas unha estupendísimas festas de Santa Margarida, con festa gastronómica e lume de artificio incluídos.
Carta do novo alcalde, Jorge Tuñas, ó pobo de Negreira
Jorge Tuñas Caamaño, foi definitivamente impulsado onte cara o sillón gubernatil da casa consistorial de Negreira, nunha extraordinaria e masiva cerimonia que contou, incluso, cunhas sopresivas bombas de palenque que se escoitaron en toda a vila e parte do estranxeiro.
Marmota Phil, excepcional banda de indie-pop formada por barcaleses de Negreira e A Baña (e Agrón...), estarán hoxe no Nicrarock 2009 para deleite dos amantes do pop-Rock máis exquisito... Os seus sonidos limpos e impecables abrirán o evento máis agardado do ano para os rockers do Val de Barcala a partir das 22:00h inundando dende ese entón o escenario nun alo de exquisitez musical dificilmente superable, nunha noite mítica na que a este redactor non lle queda a menor dúbida de que os Marmota Phil sorprenderán a moitos co seu potente directo e grandiosas interpretacións guitarreras, e que serán un dos seguros protagonistas da xornada.
Hoxe ás 21:00h, en extraordinaria sesión o escudeiro fiel Jorge Tuñas Caamaño, pasará a ser o novo "Rei de Negreira" co nome de "Jorge I de Negreira". A cerimonia de coroamento contará co pleno do concello que extraordinaria xuntanza, presenciarán a investidura do novo home de referencia nicrariense, o cal, á vista dos resultados da enquisa publicada e aberta nesta webera, semella contar co eespaldo e a confianza da Plebe barcalesa en máis do 75%.
O Sábado 19 de Setembro, terá lugar na pista do coto un acontecemento certamente histórico na Vila de Negreira, pois non só se disputa o interesantísimo e sempre apasionante campionato de Chave na súa primeira edición, senon que o mesmo, será a ocasión para inaugurar a nova cancha elaborada expresamente na vila de Negreira para desfrutar de tan vistoso xogo.
Amigos desmesurados que non vos da chegado a hora para ese Nicrarock 2009 que promete ser mítico e transgresor coma poucos… barcalés! Se aínda és dos poucos que non escoitou a banda revelación do ano no panorama musico rockeiro provincial, aínda estás a tempo, porque os barcaleses Kaña d´herbas... tamén estarán no Nicrarock 2009!!!
A Carpa royal parece que anda de exploración acuática polos leitos do curso do noso acuático entorno do Tambre, fogar da histórica belísima raíña do noso río, a famosa troita barcalesa. Como ben nos informa o noso amigo e xornalista barcalés Emilio Forxán (quen tamén amablemente nos cedeu a fotografía), a espúrea especie, que pode chegar a medir preto dun metro, foi maliciosa, ou insensatamente introducida no cosmos ambiental barcalés, de modo que a posible afectación a todo o equilibrio biolóxico do hábitat acuático pode estar en perigo.
Admiradores como somos nesta webera da fenomenal película muda de 1925, Obra Mestra absoluta do cinema que foi O Acorazado Potemkin (Bronenosets Potyomkin) do grandísimo Director Ruso Sergei M. Eisenstein, debemos admitir que xa o nome indica ás claras que de seguro que algo bo se move nas arterias de esta banda.
Como daquela as publicacións resultaron estériles exercicios de cara ó espectácul que nunca chegou a selo, retomamos agora o pulso do nicrarock revisitanto aquelas letras que espúñamos no mes de xullo para presentarvos un pouco as bandas que desfilarán polo nicrarock máis accidentado da historia.
Coa expresiva proclama “porque nos peta... porque temos gañas de festa...” os xeniais e sorneiros entroideiros de Barcala, gremio artístico polo que esta webera ten verdadeira admiración, veñen a plantexar un destiporre de xantar campestre onde no faltará o bo comer e o mellor beber.
Este noso Val de Barcala de sorna e festa, non da tregua amigos, e sen apenas tempo para a recuperación festil, xa se aproxima no horizonte un fin de semana repletiño de aconteceres e ociosidades monumentais para seguir tecendo a tela do ano máis increíblemente gaiteiro da historia do Val de Barcala.
Blancopazos Bonaparte: O albor dunha reconquista...
Alimentados polo lume declarativo do propio ex alcalde de Negreira, coma a pólvora se foron extendendo os rumores do retorno ós círculos políticos de Negreira de quen fora o emperador nicrariense durante 12 anos: José Blanco Pazos.
Retazos de intrahistoria Barcalesa: O primeiro tractor de Negreira
A webera do punto es barcalés presenta un documento impresionante de cando as máquinas penetraron nos campos barcaleses coas malsanas e destructoras ideas revolucionarias de desprazar a golpe de pistón, ós rudimentarios e fermosos bois que con solera arrastraban nas costas os arados máis pesados que con empeño remesían os productivos agros barcaleses.
"A la deriva", a frase de acuñación Mariana nos madriles de Estado en relación co goberno destas Españas de crise incontenida, é tamén a frase do popular nicrariense Maceiras que, con sorna e ímpetu, afirma que o barco se atopa "sen capitán", e encasilla no discurso de oposición o símil marinero (e marianero) para referirse a esta nova era de Jorge Tuñas Caamaño (Jorge I de Negreira) como alcalde dun pobo nobre e leal, que permanece á espectativa dos acontecementos, sen saber moi ben a qué barco subirse...
Jorge Tuñas Caamaño será o novo alcalde de Negreira
Os acontecementos se precipitan na tranquila vila da galicia interior de Negreira. Despois do impacto popular que causou a dimisión do que foi Alcalde por dous anos D.Juan García Fuentes, os socialistas que conforman maioría no Concello, apoian agora a Jorge Tuñas Caamaño, actual concelleiro de cultura e medio ambiente, como o novo e flamante Alcalde de Negreira.
Esta crónica que amablemente nos fixeron chegar os propios organizadores do evento, tiña o seu lugar no mundo no día de onte, xusto antes de que a "bomba informativa" (que diría o clásico), copara a web do pobo barcalés e que provocou a súa suspensión no tempo ata que a calma asolara polo lugar.
Valdebarcala.es quere agradecer a Emilio Forxán "Harris" (o seu traballo de moitos anos é referencia indiscutible na comarca) a súa desinteresada colaboración e disposición (e non é a primeira vez) coa webera do pobo barcalés facilitándonos o acceso á carta que o todavía Alcalde de Negreira redactou co motivo da súa dimisión.
Dende o Concello informase da sesión extraordinaria urxente que terá lugar o próximo día 8 de setembro de 2009 ás 13.00 horas no Salón de Plenos do Concello.
VIDEO DA EXITOSA EXHIBICIÓN CANINA DA VILA DE NEGREIRA
Cun memorable discurso dun Lodeiros enfundado nun máis que escaso traxe de cabaleiro medieval e que o vento movía con soltura e discrección deixando á vista a impecable roupa interior do coñecido barcalés, comenzou o fenomenal espectáculo de canes deportistas do que valdebarcala.es pudo rescatar os mellores momentos nun breve pero intenso video.
O Val de Barcala vestiuse de época para facer historia nun soleado fin de semana de setembro de 2009, onde rock, os cabaleiros, as donas, e os cans, se deixaron levar polo entusiasmo barcalés e conxugaron á perfección nun memorable comenzo de setembro que terá un eco na eternidade da intrahistoria da nosa amada e dinámica bisbarra.
Non era intención sair nesta apacible noite cunha nova tan lamentable, pero despois dunha xornada impecable de feira medieval e exhibición canina, un famento redactor cautivado polo chocolate donero, decidíu mecar polo módico prezo de 3 euros, un donuts xigante que resultou ser unha pedra digna de lanzar ás aceifas musulmanas polo Don Pelayo reconquistador máis enfurecido.
Ademáis de lembravos que para hoxe ás 19:00h na pista do Coto temos unha magnífica e espectacular Exhibición Canina organizada pola non menos excepcional comisión de Festexos de Negreira, valdebarcala.es, con vocación de servicio ó pobo de Barcala, aparece nesta mañán esplendorosa de Sábado para informar exahustibamente do programa da III Feira do Románico de Negreira organizada pola Asociación de Empresarios de Negreira.
Tamén o mítico pub 600 se une nesta ocasión á festa histórica de Negreira e prepara para esta noite de sábado unha chea de sorpresas. O garito con máis solera de Negreira, engalánase para hoxe de motivos romanos e prepara unha festa inolvidable como complemento á feira. Así, coctel románico e tabla de chupitos do románico farán as delicias dos chupiteros máis exquisitos e as cocteleras máis esixentes, pero aí non queda a cousa porque se te acercas disfrazado de época... entón xa pasas directamente a competir nun concurso no que se elixirá ó mellor disfraz de todos... Os premios??... terás que acudires para sabelo... e ben gusto que che da!
Os albores do século XXI serán sempre lembrados no Val de Barcala como a idade de ouro da denominada "nova onda barcalesa" ou a "idade de ouro do rock Barcalés", unha época presente que será historia e da que temos o privilexio de desfrutar os barcaleses coetáneos a iste movemento xuvenil da zona que emerxe con forza no noso amado Val baixo un estimulante denominador común: O rock n´roll.
Amigos desmesurados desta tolería do punto es barcalés… ademáis das hordas de Vikingos, Bárbaros e Románs que asaltarán a cuna de Alfonso Eanes na feira do románico, anticipamos dende esta webera que a Nicraria romana será invadida tamén por unha excelente exhibición dos cans máis deportistas e fermosos que un poda imaxinar.
Quentando cabalos... así imos entrando no fin de semana de auténtico lecer de esmorga no val de Barcala... Un fin de semana onde só os insensatos marcaharán a queimar neuronas nas Santas das terras de Xallas, pois a verdadeira carallada se cocerá o Sábado na nobre vila de Negreira, que se prepara para facer historia (nunca mellor escrito).
Cando un fala de euros, as cantidades sempre semellan pequeneiras en comparación coas entrañables pesetiñas. Tal é así, que este redactor coñece ata quen conta as débedas en euros e as ganancias en pesetas... mesma cantidade, diferente felicidade.
Son moitas as ocasións nas que a Galicia profunda de pandereta asoma pola fachada das máis altas institucións. Neste caso falamos do Xacobeo, institución encomendada ó velatorio do camiño de Santiago e verdadeiro paradigma do mal facer (e do bo vivir, engadimos).