Martes, 07 de Setembro de 2010 ARQUIVO 
 
 
 
FESTAS E EVENTOS
 
 
PROXIMAMENTE
 
Festa de A Baña
San Vicente
 
 
Calendario completo
 
 
NOVAS
 
 
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
 
 
CONTIDOS
 
 
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
 
 
 
OUTRAS WEBS DO VAL
 
 
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
 
 
FOTOS DO VAL
 
 
ARQUIVO
 
 
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
 
 
30/07/2009
UN TRIPLETE HISTÓRICO...
O Futbol!! amigos… novamente o deporte rei destas Españas é o transmisor de alegrías para o afeccionado, e para todo un pobo barcalés que saborea a mel do trunfo máis que merecido da man (e das pernas) dunha das mellores xeracións de futbolistas que sairon desta nosa verde bisbarra… tal é así, que o Val de Barcala, resultou nesta tempada triplemente engalanado cos éxitos acadados polos rapaces que conforman o equipo de Xuvenís do Negreira de Carlos Ruso ( O Pep Guardiola de Barcala).
Ler máis...(Comentarios 4)
 
28/07/2009
TRÁMITE DE AUDIENCIA ÓS PERXUDICADOS POLO PASEO FLUVIAL DE NEGREIRA
Novamente o mítico paseo fluvial de Negreira, que participa do mesmo sino marcado ó que pertencen tamén a depuradora e o polígono industrial, é nova recente nestos días por mor da publicación no Boletín Oficial da Provincia da solicitude de Autorización que o Concello de Negreira ven de facer á Consellería de Medio Ambiente, para un "Proxecto construtivo dun Paseo Fluvial na contorna do río Barcala".
Ler máis...(Comentarios 1)
 
27/07/2009
SÁBADO 1 DE AGOSTO: VIII CARRILANA ACUÁTICA DO TAMBRE
Agosto é quizais o mes de maior contraste do ano... É mes longamente agardado polos que abrazan o merecido descanso anual neste período agustino, e por outra banda, é mes que chega estorvando e mesmo que irrita ós que xa levan na face e nas cuxas as douradas cores estivais e que retornan ó lugar laboral do que saíran un mes antes... Chega Agosto amigos, e con él, xa cheguen as vacacións para uns, e o traballo para outros... chegan as carrilanas acuáticas do Tambre PARA TODOS!!.
Ler máis...(Comentarios 8)
 
24/07/2009
SÁBADO 25; FESTA DA ZORZA EN LIÑAIO
Para os fogueteiros e amantes das aglomeracións sen xeito temos o Apóstolo de Santiago… homiño santo cuios ósos reposan no interior tabernario da catedral románica de Compostela, pero para o Barcalés de pro, para ó barcalés de enxebre gaiteirar… o que mellor lle vai realmente é unha boa panderetada e jaiteirada con bo xantar e mellor beber… e iso é precisamente o que se ofrece este Sábado en Liñaio na súa máis que mítica e sempre fiel á súa cita; “Festa da Zorza”.
Ler máis...(Comentarios 6)
 
23/07/2009
NOITEBÚS PARA O APÓSTOLO
Un fin de Semana sen festas para un barcalés, alma festeira e sorneira por natureza, supón unha coxuntura e un quebranto difícilmente soportable, de modo que para que non cunda o pánico nesta nosa bisbarra de foliada e pandereta, e para amainar os ánimos de esmorga contínua dos máis gaiteiros do lugar, o noitebus apunta xa cara a capital da Galicia máis fogueteira para transportar ós barcaleses inquedos cara as festas máis galegas e grandes do ano... as do santo Apóstolo Santiago; patrón de España.
Ler máis...(Comentarios 1)
 
22/07/2009
XORNADAS DE AQUAGYM NA BAÑA
Non temos sen embargo neste Val tan de Barcala bendecido polos Deuses con mil e unha fermosuras, augas termais onde remollar o corpo coa “sana... sana” como proclama de empape curativo... Non temos termas, decimos, máis sí temos pola contra piscinas municipais... esa sorte de mega estructura bañeril onde ademáis do merecido e popular refrixerio estival, tamén podemos os barcaleses de ben cultivar o corpo aproveitando o influxo e gravitación do líquido elemento.
Ler máis...(Comentarios 3)
 
20/07/2009
ESPECTACULAR NOITE MÁXICA NA PRAZA DO COTÓN

Ler máis...(Comentarios 3)
 
18/07/2009
MAXIA EN NEGREIRA CO MAGO ROMARÍS
Desmesurados amigos, no Val de Barcala a falla cinema onde ver a sexta entrega da máxica saga de Harry Potter, temos sen embargo algo máis que metros de pantalla colgada na parede... temos nen máis nen menos que un Mago propio, en vivo e en directo, sen filtros de celuloide e sen palomiteros de ocasión molestando no espectáculo, porque hoxe, na praza do Cotón de Negreira, un dos máis grandes magos desta Galicia meiga, deleitará ós barcaleses co seu máxico espectáculo "Triunfos Copas".
Ler máis...(Comentarios 1)
 
17/07/2009
A BAÑA E O SEU POLÍGONO
Nun paraíso de verdor tinguido, onde a natureza amosa as súas caprichosas formas no incitado bucolismo deste Val de Barcala, verdadeira obra mestra do noso todopoderoso Demiurgo creador, as dinámicas de orde deberían vencellarse cara a estructuración dun entramado perfectamente instrumentado de base racional e con sólidas bases para a proxección dun alentador futuro para a nosa bisbarra de Barcala.
Ler máis...(Comentarios 2)
 
16/07/2009
NADA NOVO BAIXO O SOL
Encadenaba o atardecer o seu influxo coa tímida lúa parapetada entre o gris das nubes caprichosas deste verán invisible, cando no Consistorio da nicra nobreza, se tentaba escrarecer en extraordinaria xuntanza política o guisantino asunto dos sobres, ese que amola no colchón de goberno, ese que entona xa o desencanto popular da oposición e que debuxa no horizonte, unha angosta e fatigosa ruta na xustiza.
Ler máis...(Comentarios 2)
 
15/07/2009
PLENO EXTRAORDINARIO PARA HOXE
Valdebarcala.es presenta TODO SOBRE MI SOBRE 2 PARTE, ese film que nunca se atrevería a filmar o manchego Almodovar e que se desenrola no Consistorio nicrariense onde na tarde de hoxe terá lugar un pleno extraordinario petición dos Incrédulos Populares coma unha nova oportunidade para que o concelleiro Antonio Suárez Pérez, (Receptor?/Emisor? do sobre), informe con claridade e transparencia qué cousa foi que aconteceu que provocou esta misteriosa aparición que xenerou non poucas sospeitas entre os nicrarienses.
Ler máis...(Comentarios 3)
 
14/07/2009
A NOVA FACE DO RUEIRO NICRARIENSE
Pensando sobre todo nos corazóns barcaleses que siguen esta tolería dende máis aló do Tambre e que acadan no remanso desta barcalesa webera o lugar onde amainar a morriña chorreante da alma, esta comnposición dixital invita a todos os que queiran, a subires no coche de valdebarcala.es e xuntos observar a nova face do rueiro desta Negreira nobre despois das polémicas e pese a todo, necesarias obras.
Ler máis...(Comentarios 7)
 
14/07/2009
Domingo motorizado no campo da Feira
Este Domingo pecháronse as festas de San Cristovo de Negreira no campo da feira cun adrenalítico espectáculo motorizado que deleitou ós máis de 400 asistentes. O artista non foi outro que Paulo Martinho, o Portugués de Matoshiños, que é unha das figuras máis relevantes do mundo do espectáculo de motor na súa modalidade de Freestyle, ata o punto de que o seu, é considerado o mellor espectáculo do mundo do motor feito por un home só.
Ler máis...(Comentarios 1)
 
13/07/2009
VOLTA Ó REGO...
Estos días pasados nesta mesma webera barcalesa asistimos a unha escalada sucesiva de pareceres irreconciliables de persoas enfrontando opinións, e que semellan formar parte de un entramado de relacións anteriores de rumores e sospeitas, na que se convinan elementos persoais, políticos e mesmo ideolóxicos e que son na súa maioría difíciles de asimilar para o vulgo pobo que respira nos aires cruzados como quen sobrevive no ambiente hostil da guerra...
Ler máis...(Comentarios 5)
 
12/07/2009
NIN UNHA COUSA NIN A OUTRA...
Entre a espesa chuvia resacosa deste Xullo de caprichos, esta webera composición aventurouse na tímida mañán nicrariense, para recalar co obxectivo capturador de instantáneas, no mustio encontro coa realidade feirante do Domingo co fin de concluir satisfactoriamente á cuestión plantexada onte nesta web e que interrogaba pola sorte da feira deste Domingo... A conclusiva afirmación, non pode ser máis barcalesa... "nin unha cousa nin outra"...
Ler máis...(Comentarios 1)
 
11/07/2009
Haberá feira mañán?...
Ler máis...(Comentarios 3)
 
09/07/2009
COMENZAN AS FESTAS EN NEGREIRA
San Cristovo, o santo amigo dos festeiros da nobreza nicra, inicia hoxe mesmo o seu periplo místico para cultivar o espíritu festeiro dos tamaricos nicrarienses. Hoxe pois, dase o chupinazo ás tradicionais festas na honra do "Relicto" Santo Cristovo, patrón dos automovilistas, e que chegan da man da polémica pero exitosa e sorprendente Asociación Festexos de Negreira, coa típica boa música para a esmorga barcalesa, e algo máis...
Ler máis...(Comentarios 4)
 
09/07/2009
CONSIDERACIÓNS DE FESTEXOS DE NEGREIRA RESPECTO DO TEMA DAS VAQUILLAS
Os traballadores amigos de Festexos de Negreira, veñen de remitir a valdebarcala.es certas consideracións respecto o escrito vertido nesta mesma webera en nome de Libera. A continuación valdebarcala.es, sempre ó servicio do pobo de Barcala, transcribe o texto que os amigos e veciños de Festexos de Negreira amablemente nos fixeron chegar.
Ler máis...(Comentarios 51)
 
09/07/2009
San Eutelo 2009
Desmesurados amigos, As festas de San Eutelo de Logrosa voltaron a ser de novo un éxito absoluto, e Valdebarcala.es quere amosarvos o que foi a sorna mediante un pequeno video-montaxe coas fotos da festa. Sobre todo dende esta desmesura dixital, queremos felicitar á Asociación de Veciños de Logrosa o seu incansables traballo e dedicación pola súa terra. A festa sigue hoxe en Negreira, e que mellor modo que recollendo o testigo dos veciños de Logrosa...
Ler máis...(Comentarios 8)
 
08/07/2009
A ASOCIACIÓN EN DEFENSA DOS ANIMAIS "LIBERA", FALA PARA VALDEBARCALA.ES
Valdebarcala.es, webera composición barcalesa, contactou coa Asociación Animalista LIBERA, promotora dunha manifestación contra os festexos taurinos, para que manifestara e explicara ó pobo de Barcala as súas razóns para a protesta que se prepara para o sábado á tarde, día da polémica corrida. A continuación transcribimos literalmente ás manifestacións que dende a Asociación LIBERA amablemente nos fixeron chegar.
Ler máis...(Comentarios 34)
 
07/07/2009
VIDEO DOS FORZUDOS EN NEGREIRA
Como o prometido é débeda, e esta web ten palabra, aquí tedes o enlace cara o video que se resistíu ata última hora, pero que finalmente foi quen de chegar para amosar a todos os barcaleses que por unha razón ou outra, non puderon estar na polémica praza.
Ler máis...(Comentarios 4)
 
07/07/2009
INVITACIÓN INSTITUCIONAL A QUE NON HAXA FEIRA O DOMINGO
Como pasaba nas boas comedias clásicas de Billy Wilder ou de Howard Hawks, as cousas do rir manteñen sempre un pouso serio de drama latente. Nesta webera composición non imos ser menos que Wilder e Hawks, e debémonos tanto nas obrigas festeiras como nas menos xoviais e ociosas obrigas políticas que con perennidade endémica manteñen o pulso ata en épocas estivais. Deste modo, valdebarcala.es ven nesta ociosa tarde de verán para moitos, e extremadamente laboriosa para outros, e mentres se ultima a renderización do video dos Strongman, a por sobre a mesa o tema xa coñecido polo vecindario da "suspensión" da Feira.
Ler máis...(Comentarios 7)
 
06/07/2009
CAMPIONATO DE STRONGMAN EN NEGREIRA
Verdadeiras moles, amigos, uns homes tan grandes coma búfalos competiron a tarde do Sábado en Negreira no campionato de Strongman, un evento que lle levou a unha existencial reflexión post-presencial a este redactor sobre o Darwinismo moderno e a supervivencia do máis forte, plantexando as dúbidas máis que razonables de si estos homes que pasaron por Negreira pertencen á mesma especie que este despropósito de redactor...
Ler máis...(Comentarios 31)
 
04/07/2009
CHURRASCO, CRIOLLOS E QUEIMADA GRATIS EN LOGROSA
Que Logrosa é lugar privilexiado do Val de Barcala xa ben o sabemos os barcaleses... sitio distinto de onde saíron algunhas das figuras máis representativas e intelectuais do noso Val.
Ler máis...(Comentarios 4)
 
04/07/2009
STRONGMAN PARA A TARDE DE HOXE EN NEGREIRA
Na xornada de hoxe, ás 18:30h, na praza de Touros instalada en Pedra Mámoa e gracias á estupenda e as veces coidamos que inxustamente polémica comisión de Festexos de Negreira, a nobre vila Tamarica irmandada con Serzedo, vai a pasar á historia de Galicia por ser a primeira localidade Galega en acoller un campionato internacional de forza na súa modalidade de STRONGMAN, e no que participarán, entre outros, o home más forte de España Juan Carlos Heredia... unha mole de, ¡atención!, 1,95 metros de altura e 170 Kilos de peso...
Ler máis...(Comentarios 5)
 
03/07/2009
SUSPÉNDESE O NICRAROCK POLA CHUVIA...
O que todos estábamos temendo ven de confirmalo o noso estimado amigo Oscarphil... o Nicrarock 2009 que tiña que celebrarse esta mesma noite, acaba de suspenderse por mor das chuvias caprichosas coas que amanecemos nesta xornada de verán galaico...
Ler máis...(Comentarios 33)
 
03/07/2009
OS MARMOTA PHIL... TAMÉN ESTARÁN NO NICRAROCK 2009
Marmota Phil, excepcional banda de indie-pop formada por barcaleses de Negreira e A Baña (e Agrón...), estarán hoxe no Nicrarock 2009 para deleite dos amantes do pop-Rock máis exquisito... Os seus sonidos limpos e impecables abrirán o evento máis agardado do ano para os rockers do Val de Barcala a partir das 22:00h inundando dende ese entón o escenario nun alo de exquisitez musical dificilmente superable, nunha noite mítica na que a este redactor non lle queda a menor dúbida de que os Marmota Phil sorprenderán a moitos co seu potente directo e grandiosas interpretacións guitarreras, e que serán un dos seguros protagonistas da xornada.
Ler máis...(Comentarios 4)
 
03/07/2009
OS KAÑA D´HERBAS TAMÉN ESTARÁN NO NICRAROCK 2009
Amigos desmesurados que non vos da chegado a hora para ese Nicrarock 2009 que promete ser mítico e transgresor coma poucos… barcalés! Se aínda és dos poucos que non escoitou a banda revelación do ano no panorama musico rockeiro provincial, aínda estás a tempo, porque os barcaleses Kaña d´herbas... tamén estarán no Nicrarock 2009!!!
Ler máis...(Comentarios 2)
 
01/07/2009
A BANDA POTEMKIN TAMÉN ESTARÁ NO NICRAROCK 2009
Se onte presentábamos ós Trasnos de Mosoco, hoxe facemos o propio cos que se consideran cabeza de cartel do Nicrarock: "A Banda Potemkin" (aínda que todos os barcaleses ós que temos gañas de ver de verdade son ós nosos Kaña de herbas e Marmota Phil), un grupo que ven ademáis acompañado de moitas voces que claman polo seu máis que seguro éxito, pois xa máis de un ten advertido a este porfiado redactor que esta banda merece moi moito a pena.
Ler máis...(Comentarios 1)
 
01/07/2009
VIII XANTAR SOCIALISTA DE A BAÑA
Tamén o sábado, e tamén para encher o bandullo con moi boa música e diversión, terá lugar o xa tradicional Xantar Socialista que a Agrupación Socialista de A Baña, organiza todos os anos para confraternización e xuntanza da familia socialista local, nunha xornada na que será moi previsible que o Alcalde Popular Cardeso sufra mal de asubíos nas orellas... máis na orella esquerda seguramente...
Ler máis...(Comentarios 0)
 
USUARIOS
 
 
Usuarios rexistrados:343
 
Usuarios en liña
Google [Bot]
Convidados:1
 
 
PATROCINADORES
 
 
 
 
BLOGS
 
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS
 
 
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
 
O ceo sobre as herbas... O lamentable estado do local parroquial xestionado por Cáritas
Perry Mason dixo: ...
As campañas vaticanas asesinas
para que en ...
 
Retallos de intrahistoria barcalesa: Franco no Val de Barcala
Perry Mason dixo: ...
Mi ma que susto me levei
logo dun tempo sen ...
 
candepalleiro dixo: ...
Non deixa de ser curioso que en poucos dias en Val ...
 
Lueiro dixo: ...
Meus parabens Daniel.

Unha das mell ...
 
 
LIBRO VISITAS
 
 
Ver todos os comentarios
 
Lueiro dixo: ...
Que bo tema o de Norah Jones. E claro que podemos sentarnos ó fente do historio catódico... previo ...
 
Bo dixo: ...
De feito, bravo por La 2. Teño entendido que esta temporada nos agardan bastantes sorpresas cultura ...
 
Lueiro dixo: ...
Gris! eso é unha sorte meu bo amigo Bo!

Pois La2, a tv dos animáis... por sempre r ...
 
Bo dixo: ...
Qué gris comenzou esta semana o ceo barcalés!
Que non se nos contaxie o humor. Deixo os so ...
 
Bo dixo: ...
Onte foi unha noite románica moi longa, e hoxe entro ao libro de visitas a hurtadiñas pola porta ...
 
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
 
 
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
 
candepalleiro dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
 
candepalleiro dixo: ...
" WHISKY MAN" candepalleiro dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
 
candepalleiro dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
 
candepalleiro dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
 
candepalleiro dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
 
Os debuxos da túa vida
Lueiro dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
 
Feira do Románico de Negreira
Lueiro dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...
 
Películas recomendables (todas as épocas)
Lueiro dixo: ...
Onte desfrutei de "El amante del amor" ( ...