| |
| 30/06/2009 |
| VIII FESTA RACHADA NA BAÑA |
Foliada, tan elemental verba do argot galaico resulta a máis axeitada para esta festa que ven no sábado 04 Xullo na Baña… Foliada ou carallada, como prefirades amigos barcaleses, pero a desmesura chega este fin de semana ata a Agra de Chans alí na entrada de San Vicente pola estrada de Nantón nunha festeira xuntanza na que a troula e a algarabía percorreará cada centímetro da verde herba do lugar.
|
Ler máis...(Comentarios 1) |
| |
| 30/06/2009 |
| OS TRASNOS DE MOSCOSO ESTARÁN NO NICRAROCK |
Este venres Negreira vivirá unha xornada de música que promete deparar grandísimas sensacións. Dende esta vosa webera, tentaremos facer unha pequena aproximación ós 4 grupos que alí van a amosar as súas cualidades e calidades artísticas... e comenzamos hoxe polos Trasnos de Moscoso, o grupo pontevedrés de Hip Hop... (que sen saber moi ben esta redacción por onde, se colou nun concerto de rock como o Nicrarock decisión que por moi bos que estos sexan, este redactor non alcanza a entender moi ben... ¿alguén entendería a presencia dos Rolling Stones nun festival de "dance music" por exemplo?)
|
Ler máis...(Comentarios 1) |
| |
| 30/06/2009 |
| QUE VEÑEN, QUE VEÑEN... |
Amigos desta tolería, desmesurados todos, o que agora anunciamos é un anticipo para por en situación do que vai a vir e do que daremos conta nesta nesta webera ó longo de esta semán, para ir collendo o crokis festeiro que ven, para que elixades a festa que mellor se acomode ás vósas barcalesas carácterísticas festeiras, e para que vaiades baleirando o fol e facendo sitio, pois este fin de semán se presenta cheo ata os topes de festa…
|
Ler máis...(Comentarios 3) |
| |
| 29/06/2009 |
| POLÍTICA DE ENFRONTAMENTO CONTÍNUO NA BAÑA |
Fai tempo que o Concello de A Baña semella xa claramente un ring de boxeo onde as boas maneiras e a diplomacia aparecen como arcaicos recursos esquecidos polos contrincantes que levan tempo vestindo os guantes para cada pleno no que tentar o tercio de mellora e nos que xa se busca de modo desesperado o K.O. do rival, sen que valan as victorias por puntos…
|
Ler máis...(Comentarios 3) |
| |
| 26/06/2009 |
| MICHAEL JACKSON |
O rei do pop deixounos esta pasada noite por mor dunha parada cardio-respiratoria... o que son as cousas amigos... o que é a vida, que nin con todas as mascarillas do mundo puido eludir o Rei Michael o seu encontro coa morte... A Michael Jackson non lle facía falla morrer antes de tempo para ser lembrado por sempre, pois a súa figura forma parte da historia da música e mesmo da historia das artes escénicas, porque, gustando ou non a súa música, queda fóra de toda dúbida que se nos foi un enorme Artista.
|
Ler máis...(Comentarios 19) |
| |
| 26/06/2009 |
| FEIRACO: PREMIO EUROPEO Á INOVACIÓN COOPERATIVA |
A importancia da nosa cooperativa barcalesa de Feiraco no eido socieconómico da bisbarra de Barcala, xa a coñecemos ben os que moramos por estas terras gandeiras e culturais de agro… Feiraco foi a cooperativa que impulsou o crecemento económico da nosa zona desenrolando o sector da agricultura e gandeiría ata facela increíblemente productiva.
|
Ler máis...(Comentarios 5) |
| |
| 25/06/2009 |
| DE TAPAS, PREMIOS E SORTEOS |
De tapas foi tamén o fin de semana no que os barcaleses de paladar se deleitaron coa sesión de 48 horas tapiles nos locais da Nicraria Romana onde os chiqueteros de devoción e os de ocasión, non deixaron escapar a magnífica oportunidade de saborear as tapas da nosa comarca e contemplaron verdadeiras obras mestras do bocado alimento emplatado, de modo que se pode decir, que todos, quen máis quen menos, conseguimos neste estupendo fin de semana pasado, encher o buche como verdadeiros Carpantas modernos na ruta máis ociosa e gulosa imaxinable.
|
Ler máis...(Comentarios 19) |
| |
| 24/06/2009 |
| Ofrenda Floral na parroquia de Barcala |
| Este pasado Sábado, na parroquia de Barcala, elaborouse unha fermosa e case que quilométrica alfombra feita cos maravillosos pétalos barcaleses e que serviron como leito colorido para a liturxia na honra de San Adrián. Dende valdebarcala.es, admiramos |
Ler máis...(Comentarios 2) |
| |
| 22/06/2009 |
| FERMOSA HOMENAXE A HONORIO E MÍTICO PARTIDO DE BALONCESTO DAS VELLAS GLORIAS (Galería de fotos e Video) |
Amigos da desmesura abarcalesada do punto es, a xornada do sábado na pista do coto foi unha das máis emblemáticas da historia recente da vila de Negreira. Alí mesmo, no formigón da pista que garda mil pisadas con historia, os xóvenes de entón voltaron de novo as canastas, vinte anos despois, para rendir unha homenaxe ós vellos tempos personificados na mítica figura de Honorio, o guardián de moitos anos da piscina municipal onde se calmaban a golpe de chapuzóns roubados, os calores dos excesos deportivos.
|
Ler máis...(Comentarios 16) |
| |
| 19/06/2009 |
| MÍTICO FIN DE SEMANA EN NEGREIRA... |
Barcala é terra de contrastes, de sorneiros e retranqueiros contrates... un lugar onde a dicotomía se converte en arte... así mesmo, se un galego non sabe se sube ou se baixa, o barcalés non sabe se facer ruta deportiva queima graxa coma a do pasado Sábado (con máis de 100 camiñantes facendo camiño) ou pola contra, decantarse por outro tipo de ruta almacena graxa coma esta estupenda ruta de tapas que vai ter lugar este mesmo fin de semana...
|
Ler máis...(Comentarios 8) |
| |
| 18/06/2009 |
| FERMOSA ALFOMBRA FLORAL EN CORNEIRA |
No noso amado Val de Barcala levantas unha pedra e saen artistas por doquier… Un barcalés de ben o mesmo fai un roto que un descosido, pero sobre todo, un barcalés de prestixio sempre está presto e desposto para afrontar con soltura calquera reto que dende a espontaneidade máis imprevista lle sala ó paso…
|
Ler máis...(Comentarios 2) |
| |
| 17/06/2009 |
| 03 DE XULLO DE 2009... NIKRA-ROCK!! |
Amigos da desmesura sen xeito e do punto es máis tolo e surrealista da rede dixital de danda ancha, parece que xa se pechou o cartel da nova edición do Nikra Rock que se celebrará na pista do coto de Negreira o vindeiro día 3 de Xullo, de modo que a incertidume nerviosa coa que os rockers do Val agardaban o plantel de estrelas que deleitarán á multitude no clasico macro concerto de verán xa rematou cando por fin pudemos saber quen dará brasa na encendida noite nicrariense de Xullo
|
Ler máis...(Comentarios 5) |
| |
| 16/06/2009 |
| JUAN REY MACEIRAS, O LÍDER DO CENTRO-DEREITA LOCAL |
Nestos tempiños do señor de crise económica e financieria globalizada, e a pesares de que algúns seres superiores andan a tirar a casa branca pola ventá con fichaxes multimillonarios nunha sorte de cartos caídos Deus sabe de onde, as renovacións parecen que están a orde do día, e con políticas de austeridade óptase por non malgastar en fichaxes estrelas que poden ser unha incógnita e óptase por seguir confiando no que xa se ten na casa.
|
Ler máis...(Comentarios 2) |
| |
| 15/06/2009 |
| FESTA DA CARBALLEIRA DE SAN CIBRÁN |
A Carballeira de San Cibrán, paraxe de follas dentadas e vellos troncos centenarios que forman un conxunto natural de primeiro orde, presenciou no día de onte unha fermosa xornada de sorna e festa churrasqueril onde os asistentes puderon desfrutar dunha xornada dominguera de excelencia.
|
Ler máis...(Comentarios 1) |
| |
| 14/06/2009 |
| FESTA DO CORPUS CRISTI E COMUNIÓNS 2009 |
Desmesurados amigos, hoxe, día da estupendísima Festa da Carballeira en San Cibrán, abrimos esta webera coa celebración do Corpus Christi: solemnidade do corpo e a sangue de Cristo e na que se lle rinde culto á Eucaristía mesma, é decir, á solemnidade do culto e na que é o mesmo Xesús de corpo presente o que celebra a misa, o que fai que o Corpus Christi, sexa a celebración máis importante dos católicos.
|
Ler máis...(Comentarios 4) |
| |
| 13/06/2009 |
| BODA DE MARI & FRAN |
Fai 15 días, os veciños do noso Val de Barcala, Fran e Marisol, contraían nupcias na parroquial de Negreira nunha ceremonia na que ámbolos dous prometeron perante Deus amarse e respetarse para sempre... Ó mesmo tempo, Alicia, a fermosa filla de ambos, recolleu a auga de bautizo nesa mesma feliz xornada.
|
Ler máis...(Comentarios 8) |
| |
| 11/06/2009 |
| RUTA DE SENDEIRISMO PARA O SÁBADO |
Como os barcaleses de ben imos de festa en festa case sen sorte de barbeito, temos que compensar de algún modo o perxuicio que para a propia saude pode representar o ciclo festeiro sen fin de Barcala, e por iso, para cultivar ó corpo e axudar a depurar os excesos, é convinte e case que obligado convida ó corpo a unha certa dose de exercicio ponderado para reactivar a circulación e o fluir do sangue.
|
Ler máis...(Comentarios 4) |
| |
| 10/06/2009 |
| OVERBOOKING NO ALBERGUE DE NEGREIRA |
Unha das sortes deste noso Val de Barcala, é a de ser terra de peregrinos cara a Fisterra. O camiño de Santiago que dende o templo apostolar leva ata o Finis-Terrae Romano, ten o seu paso ineludible nas fermosas terras deste noso amado Val, polo que o camiño debe ser privilexio a conservar e dende logo a fomentar.
|
Ler máis...(Comentarios 11) |
| |
| 10/06/2009 |
| CONTINÚA O CIRCUITO DE FESTAS DO VAL DE BARCALA |
Cando o tarzán Nadal incou o nocello nos octavos de final do Roland Garros, moitos advertiron da necesidade de amainar a cantidade de torneos a desputar polos millonarios xogadores en prol de un calendario máis tranquilo e benigno para a saúde dos profesionais.
|
Ler máis...(Comentarios 1) |
| |
| 10/06/2009 |
| VISITA INSTITUCIONAL DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA |
Qué fermosas son as películas cando alguén chega… Lamentablemente a vida real non é unha película, e aínda que hoxe visite o Val de Barcala o Excmo Presidente da Deputación de A Coruña Don Salvador Fernández Moreda, a cousa é que a vila permanece co formigón por bandeira e as vallas como ornamento principal.
|
Ler máis...(Comentarios 0) |
| |
| 09/06/2009 |
| CURSIÑOS PARA XENERAR MÁQUINAS BARCALESAS DE NADO |
Desmesurados amigos, os que xa cultivamos estas espaldas de tarzán e cintura de avispa nas augas da piscina (non climatitazada) municipal, sabemos da importancia que para un barcalés presumido teñen os cursiños de natación, pois son a indispensable base do que logo será o estilo aeronáutico barcalés co que se tentará a sorte do ligue playero alí nas gaviotas, San Francisco, Broña, Lanzada ou no resto dos centos de praias que pola costa de breogán se dispoñen prestas a percibir o inapelable estilo de nado cultivado nas piscinas municipais de Negreira.
|
Ler máis...(Comentarios 3) |
| |
| 07/06/2009 |
| RESULTADOS ELECTORAIS NO VAL DE BARCALA |
Europeístas barcaleses, amigos todos... O pobo de barcala falou para Europa nunha xornada electoral na que a participación nestas terras que Deus bendixo co don verde da fermosura, foi significativamente inferior á do ano 2004 tanto na vila de Negreira como na Baña.
|
Ler máis...(Comentarios 6) |
| |
| 07/06/2009 |
| TOLOS BLOGS DE VALDEBARCALA.ES |
Amigo de Europa e as súas eleccións, se aínda debates coa decisión do teu voto de hoxe... non desesperes coa incertidume das furnas, e acouga os teus ánimos desta mañán indecisa e chuviosa, botando unha ollada ós tolos blogs de barcala.
|
Ler máis...(Comentarios 0) |
| |
| 05/06/2009 |
| BARCALA NA EMIGRACIÓN |
Na alma galega da chuvia e o orballo, permanece aínda como endóxeno o latexo dos ascentros que viviron entre carros tirados por bois en tempos de vacas flacas, e que emigraron cara o infinito azúl de mareas alentadoras de riquezas para os seus.
|
Ler máis...(Comentarios 2) |
| |
| 03/06/2009 |
| SÍ HAI DEBATE COA PISCINA CLIMATIZADA |
Lembramos un filme ata certo punto apasionante que foi aquel CONSPIRACIÓN, co amable Mel Gibson no pelexo dun taxista paranoico que relataba ós seus clientes como todo o que acontecía no mundo era unha gran conspiración...
|
Ler máis...(Comentarios 9) |
| |
| 02/06/2009 |
| AMPLIACIÓN ATA O 12 DE XUÑO DA CAMPAÑA |
Amigos de esta desmesurada rede Barcalesa, a campaña que dende este .es anunciamos no seu momento de axuda ó Sahara, ven de ampliarse no tempo con moi bo criterio, de modo que ata o vindeiro día 12 de Xuño, aínda se recollerán as axudas a xeito de alimentos non perecedeiros como Fabas, Garbanzos, aceite... e mesmo todo tipo de productos de hixiene.
|
Ler máis...(Comentarios 3) |
| |
| 01/06/2009 |
| 20 DE XUÑO; UN PARTIDO POLOS VELLOS TEMPOS |
Sobre o formigón da pista polideportiva do Coto, alí a carón da piscina, moitos de nós suamos con devoción de acné, o desfrute de míticos partidos de fubito e baloncesto que se disputaban nas emblemáticas tardes do verán nicrariense, cando a piscina, o deporte e os amigos, protagonizaban o período estival nicrariense... .
|
Ler máis...(Comentarios 14) |