| |
| 30/03/2009 |
| ORDENANDO! QUE É XERUNDIO |
Unha das zonas con máis posibilidades urbanísticas da nobreza Nicrariense, que rezuma lealtade polos extremos e estreitos rueiros decantados polo goberno Blanquil anterior, é precisamente a zona traseira da mítica cachurra, a Gran Vía de Negreira, e onde ó parecer xa se tenta ordenanr o territorio dun xeito xa perfilado.
|
Ler máis...(Comentarios 6) |
| |
| 29/03/2009 |
| ESPECTÁCULO PURO NA III FESTAZA DA BAÑA |
En fin, que por diferentes motivos do que lle chaman vida, temos que asumir que valdebarcala.es, pese a que as intencións eran outras, non pudo finalmente cubrir coa sua presencia redactora a mítica festaza da Baña.
|
Ler máis...(Comentarios 5) |
| |
| 27/03/2009 |
| THE SHOW MUST GO ON... III FESTAZA NA BAÑA!!! |
Como acontecía na delirante película de Harold Ramis (un dos emblemáticos cazapantasmas) Atrapado no Tempo, na que o mítico Bill Murray estaba condenado a vivir unha e outra vez o día da marmota sen nunca poder escapar del, no val de Barcala, estamos condenados a vivir unha e outra vez festa tras festa… ¡y que no pare oiga!.
|
Ler máis...(Comentarios 8) |
| |
| 26/03/2009 |
| OS PÍCAROS DE BARCALA... CON ELES CHEGOU O MILAGRE. |
“Y sin embargo, se mueve”… esa foi a mítica e coñecida frase do magnífico home que foi o italiano pensador, científico, escritor e profesor Galileo cando a Santa Inquisición lle fixo retractar, baixo ameaza de morte, das súas heréticas teorías heloiocéntricas… “y sin embargo se mueve…” eso mesmo é o que podemos decir hoxe dende esta tolería de web abarcalesada.
|
Ler máis...(Comentarios 5) |
| |
| 25/03/2009 |
| NOVA WEB DIXITAL NO VAL DE BARCALA |
Verdadeiramente non saíamos do noso asombro cando este día pasado, na prensa dixital e con motivo dunha reportaxe sobre as páxinas webs dos concellos, soltaban unha frase que fixo remover a cabeza deste redactor coma neses debuxos nos que as choinas dan voltas sobre si mesmas cando escoitan algo impactante.
|
Ler máis...(Comentarios 8) |
| |
| 24/03/2009 |
| O CONCEPTO DO VAL DE BARCALA |
Nós, que mantemos certo romanticismo crónico herdado dos clásicos, que soñamos cun inconformismo de sistema para abanderar renovacións que alumen un contido de calidade, desperamos tamén folgos para alentar un proxecto con xeito de intelixencia e deseño de vangarda.
|
Ler máis...(Comentarios 5) |
| |
| 21/03/2009 |
| OS MÍTICOS TORNEOS DE VERÁN NA PISTA DA PISCINA |
Os nosos amigos usuarios e foreros do Val de Barcala.es, a páxina máis tola e sorneira do val, meditabádes estes día pasados sobre a posibilidade de voltar a dinamizar ó verán nas rúas nicrarienses co regreso ás pistas polideportivas do Coto dos míticos torneos de verán de futbol-sá e de baloncesto.
|
Ler máis...(Comentarios 14) |
| |
| 20/03/2009 |
| NOITE DE CHOCOLATE CON CHURROS E CHORIZOS |
Hai non demasiado tempo, a noite na que as súas maxestades os Reis Magos de Oriente repartían soños e ilusións polo noso Val, o local social da parroquia de San Cristovo de Corneira foi asaltado por uns desalmados, para levar a cabo o roubo de ordenadores e outros aparellos informáticos.
|
Ler máis...(Comentarios 6) |
| |
| 19/03/2009 |
| FELIZ ANO 2009 |
Como non podía ser de outro modo, o ano entrou en Negreira por segunda vez no ano cun éxito absoluto e desbordante de público de todas as idades e condicións…
|
Ler máis...(Comentarios 6) |
| |
| 18/03/2009 |
| HOXE...¡¡¡FESTA DE FIN DE ANO EN NEGREIRA!! |
Amigos Barcaleses, dende logo que o surrealismo non amaina no Val e saímos á escea nesta calurosa tarde de ver..primavera para lembrar, non pensamos que fixera falla, que hoxe é fin de ano!!... carallo!! que pronto pasou e tal... pero o certo é que no Val de Barcala “semos diferentes” e hoxe temos na festa rachada coa París de Noia e Costa Oeste, Sidra, Gominolas, chocolate con churros... e toda a noite por diante para o desfase neuronal e cubateril de bochinche pois a noite presta...
|
Ler máis...(Comentarios 2) |
| |
| 18/03/2009 |
| MALAS PRÁCTICAS EN LOGROSA |
Aparecía na prensa estos días, pois esta webera composición non é prensa a pesares de que as veces faga a función e mesmo o pareza, a nova de certa estafa acontecida en Logrosa ós barcaleses (tamén os Brioneses e os de Xalleses de Santa Comba) que pagaron por un curso que naceu estrelado con contínuos cambios de profesores e mesmo coa ausencia sen previo aviso dos docentes ata a consecución de quedares sen curso mesmo.
|
Ler máis...(Comentarios 4) |
| |
| 17/03/2009 |
| ¡¡QUE VEÑEN AS TASAS!! |
Xa tardaban dende logo en ter a ocorrencia... ¿quen dixo que os impostos foran de dereitas?, pois os que malxogamos gratuitamente nas pistas de tenis de Negreira sempre tivemos o resquemor e a mosca orelleira ben afinada de que tarde ou temprano os tributos malditos do Rei ían facer presencia recaudatoria tamén nas horas de lecer deportivas.
|
Ler máis...(Comentarios 8) |
| |
| 15/03/2009 |
| ACTUALIZACIÓN DOMINICAL DE BLOGS |
As Bolovoretas e David Fincher son obxecto de análise e neste Domingo inugural da tempada de pesca.
|
Ler máis...(Comentarios 0) |
| |
| 14/03/2009 |
| OS DEUSES GREGOS RECIBIRON OS BARCALESES |
Grecia exerceu durante séculos un peculiar feitizo sobre a imaxinación dos homes.
|
Ler máis...(Comentarios 8) |
| |
| 12/03/2009 |
| CAMINANTE NO HAY CAMINO.......SE HACE EL CAMINO |
Fai dous meses e medio, despois de outros tantos de traballo e programación, naceu a vosa web.
|
Ler máis...(Comentarios 7) |
| |
| 11/03/2009 |
| DENDE MUNCH ATA BEATRIZ SUAREZ |
A primeira obra de arte que me impresionou foi o famoso 'El Grito' de Edvard Munch, e dende eston o meu cadro favorito.
|
Ler máis...(Comentarios 9) |
| |
| 10/03/2009 |
| BO TRABALLO C:T:N: CLUBE TENIS NEGREIRA |
Como lectores das nosas webs amigas do Val de Barcala, hoxe facemonos eco do que promete ser unha nova liga das estrelas.
|
Ler máis...(Comentarios 8) |
| |
| 09/03/2009 |
| ÉXITO NA VI FESTA DA FILLOA DA PEDRA |
Xornada de fariña e ovos no Val de Barcala a de onte Domingo día 08 de Marzo de 2009. Os que rondaches pola Baña, ademais de levar o fol ben enchido de suculentos retales de moado pasado pola pedra, poidestes comprobar o rotundo éxito de público que se congregou un ano máis na hospitalaria vila de A Baña.
|
Ler máis...(Comentarios 5) |
| |
| 07/03/2009 |
| CICLOS AUDIVISUAIS CULTURIZADORES EN NEGREIRA |
Cando se fala de cultura e historia no Val de Barcala, é inevitable que máis cedo que tarde apareza sobre o aquel o nome de Amancio Liñares, un dos nosos intelectuais de referencia e un dos homes que máis esforzo adica a dinamizar culturalmente a nósa fértil terra.
|
Ler máis...(Comentarios 5) |
| |
| 05/03/2009 |
| 16 DE MARZO: NOVA TEMPADA DE PESCA |
| Xa vai quedando menos para que os miñoqueiros e pescadores experimentados do Val de Barcala desenfunden as súas mellores bainas cañíles e lle den, co mencer como mellor aliado, unha boa batida ás correntes tranparentes dos ríos da zona na procura das máis sabrosas troitas de Galicia.
|
Ler máis...(Comentarios 9) |
| |
| 02/03/2009 |
| ALBERTE NÚÑEZ FEIJOO, O NOVO PRESIDENTE |
| As veces pasa que cando afrontamos un novo día de rutina, e debido ó cariz excepcional de determinados aconteceres, irremediablemente sabes cales van a ser as conversas do turno, cales son os comentarios que che tocará escoitar, e con cales terás que leriar ó longo da xornada...
|
Ler máis...(Comentarios 22) |
| |
| 01/03/2009 |
| Actualizacións de Blogs |
| Os tolos blogs do Val de Barcala voltan con respeto despois do voto institucional de recibo neste día de sobres segredos e furnas transparentes.
|
Ler máis...(Comentarios 0) |