| |
| 27/02/2009 |
| CHICHO JR. USUARIO DE VALDEBARCALA.ES EN SUIZA |
| Os Galegos somos emigrantes por instinto, e os Barcaleses, como paradigma do galego máis enxebre, somos raza emigradora por xenética dende comenzos de século XX. Nos primeiros tempos os ciclos migratorios movíanse cara as Américas máis prósperas, sen embargo, dende mediados do século XX, esta tendencia foi mudando deixando os barcaleses pouco a pouco de acudir alén mar, para ir desplazando o traballo cara lugares máis fríos e propicios para facer o carto, lugares tales como Alemaña, Inglaterra ou Suiza.
|
Ler máis...(Comentarios 8) |
| |
| 26/02/2009 |
| REPRODUCINDO QUE É XERUNDIO |
| Coma queira que sexa, o val de Barcala sempre foi terra que presta a facer fillos. Eso sabémolo todos os que por eiquí rondamos... será por aquilo do verde manto de herba que invita ós arrumacos embaixo do carballo, ou ben pola abundancia de plantacións de millo que amparan os impulsos básicos dos namorados, pero o caso é que en Negreira nacen máis nenos que persoas morren.
|
Ler máis...(Comentarios 4) |
| |
| 24/02/2009 |
| A NOVA WEB DO CONCELLO DE A BAÑA |
| E mira que dende este remanso de paz que quere ser Valdebarcala.es temos a pretensión, quizáis pretenciosa, de achegarnos á realidade da fermosura verde da que formamos parte dun xeito sorneiro e retranqueiro, co humor carente de "malos roios"... pero... ¡caramba!, parece que forzas ocultas, coma unha especie de man invisible ó xeito da man invisible capitalista do Adam Smith máis idealista, tivera a teima de non deixar que as cousas veñan ben dadas.
|
Ler máis...(Comentarios 7) |
| |
| 23/02/2009 |
| OS PAIS VOTARON XORNADA CONTINUA |
| Deixando atrás os excesos de manxares alaconados de grelos amargos e orellas aniseras, e mentres agardamos polo digno enterro dalgunha sardiña, e algún con sorte, tamén con vistas postas na capital de Galicia de cara ó desfile sorneiro do Martes, hoxe facemos un altiño para comentar cousas do Val.
|
Ler máis...(Comentarios 7) |
| |
| 22/02/2009 |
| ENTROIDO FESTEIRO E SORNEIRO |
| Efectivamente hoxe non toca actualización de tolos blogs aínda que tocara de verdade… paradoxas barcalesas que teñen o sentido todo do mundo e máis sabendo como somos nesta surrealista redacción tecleadora de disparates por doquier.
|
Ler máis...(Comentarios 4) |
| |
| 20/02/2009 |
| CARNAVAL, CARNAVAL... |
| Pois sí amigos barcaleses, comenza logo a festa máis rachada e tola do ano, onde os adultos perden absolutamente os papeis e a compostura do ano para soltar todo o arte payasil que levan dentro, nunha festa tan desfasada e histérica, que fará as delicias dos miles de persoas que ateigarán a nobre vila de Negreira este fin de semana.
|
Ler máis...(Comentarios 10) |
| |
| 19/02/2009 |
| ¿PARA CANDO A TDT EN TODO O VAL? |
| Chegou a revolución “arrasa coa televisión de tubo”. Sí amigos incontrolables e confesos desta destartalada web, moitos dos veciños barcaleses están a tirar as antigas caixas tontas de tubo e granos na imaxe coa ilusión de atoparse de cheo coa nitidez desbordante de cor e luz da nova tecnoloxía da tdt.
|
Ler máis...(Comentarios 5) |
| |
| 18/02/2009 |
| ARDEIRO: ¿POR QUÉ NON UN DÍA DAS LETRAS GALEGAS? |
| Nestes tempiños de galos cantores que cantan por soleares, esta web do pobo barcalés, anda noutras posturas... Esta é a vósa web... xa o sabedes de sobra, de xeito que todas as iniciativas que teñades como barcaleses, as podedes verter nesta tolería para que entre todos as podamos facer posible...
|
Ler máis...(Comentarios 10) |
| |
| 17/02/2009 |
| Valdebarcala.es... tamén acada o soño americano... |
| Pois sí amigos...Valdebarcala.es estase a converter nun éxito arrollador e sen precedentes na historia da rede dixital Barcalesa.
|
Ler máis...(Comentarios 8) |
| |
| 16/02/2009 |
| DONACIÓN DOS CAZADORES BARCALESES |
| Os Barcaleses, xente de ben, somos tamén bos afecionados á caza. Todo o mundo no Val que nos veu nacer ou medrar, sabe de algún que outro amigo cazador desos de “onde pongo el ojo pongo la bala”, de xeito que no Val, se non eres cazador, polo menos coñeces a algún.
|
Ler máis...(Comentarios 6) |
| |
| 15/02/2009 |
| ACTUALIZACIÓN DE BLOGS |
| Domingo de blogs en Valdebarcala.es, incansable web que xa está a batir records de visitas en cada día, un éxito do que sodes partícipes todos os usuarioS, que xa podemos presumir de ser a web líder do Val de Barcala.
|
Ler máis...(Comentarios 2) |
| |
| 14/02/2009 |
| 14 DE FEBREIRO: SAN VALENTÍN |
| Se aínda estas a recuperarte da festaza de onte en Seoane... Barcalés!, amaina o corpo en Valdebarcala.es, a túa web de referencia, e celebra o San Valentín na túa páxina de referencia cos usuarios valistas máis románticóns de Barcala.
|
Ler máis...(Comentarios 6) |
| |
| 12/02/2009 |
| VÍSPERAS DE FESTAS NO VAL DE BARCALA!! |
| E cando todo o mundo pensa e Touriños e promesas de bandeiras axitadas, e cando todo o mundo inclina a cabeza perante o Presidente, e cando todos se pensan que se ía abrir coa conferencia preelectoral do canoso de dirixente socialista, velaiquí entra valdebarcala.es… a web do pobo, rachando cos formalismos.
|
Ler máis...(Comentarios 4) |
| |
| 11/02/2009 |
| BENVIDO MR. TOURIÑO!!! |
| Lembramos hoxe, aquela mítica película que foi “Benvido Mr Marshall” dun dos grandes cineastas desta pel de touro, e onde un digno pobo da España máis castiza, prepara o recibimento espectacular ós americanos que van pasar por alí... coa teima de facerlle a pelota e así tentar unha sorte de dólares caídos do ceo.
|
Ler máis...(Comentarios 7) |
| |
| 10/02/2009 |
| A REBELIÓN DAS CASETAS DE RAPOTE |
| As tolas persoas coas súas tolas teclas que facemos esta sinvergoñería de páxina, non descansamos nos empeños, pois certamente temos os nervos templados e o corazón quente para seguir cos asuntos que sacamos e continuar nas nósas teimas ata as últimas consecuencias… ata o infinito e máis alá.
|
Ler máis...(Comentarios 3) |
| |
| 09/02/2009 |
| MOVEMENTOS OBREIROS, SEÑALIZACIÓNS E TESOUROS |
| Estas obras que teñen a teima de humanizar, están a conseguir na súa execución un efecto perfectamente contrario o que pretenden, pois humanizar polo momento humanizan ben pouco, e mais ben ó contrario, están a sacar o visceralismo animal que os veciños de Nicraria levan dentro colindando peligrosamente coa paciencia do pobo nicrariense…
|
Ler máis...(Comentarios 4) |
| |
| 08/02/2009 |
| INCREÍBLES ACTUALIZACIÓNS DOS BLOGS |
| Coma de cote amigos, e a falla de fórmula1 para os domingos, día do señor... “si parpadeas te lo vas a perder”… en Valdebarcala.es, non che deixamos só nin en festivos, e coma todos os días de misa, traémosche as esperadísimas actualizacións dos blogs barcaleses.
|
Ler máis...(Comentarios 2) |
| |
| 07/02/2009 |
| FOTOS HISTÓRICAS: A mítica Feira de Negreira |
| Amigos de valdebarcala.es, tolos todos, hoxe traémosvos unha fermosa e incunable foto da mítica feira de Negreira, un dos máis importantes activos de turismo local para a nosa comarca, unha feira de longuísima tradición que representa a unha das decanas da Galicia rural que permanece firme no tempo, aturando as choivas, ventos e calores de xa varios séculos.
|
Ler máis...(Comentarios 6) |
| |
| 06/02/2009 |
| OBRANDO... QUE NON É POUCO... |
| Amigos de valdebarcala.es, A Baña comenza a dar sinais de vida, así, como quen non quere a cousa e case sen anunciar e sen tempo para asimilalo, filtrouse na prensa a boa nova de que o concello coa inestimable axuda da ilustrísima Deputación pensa renovar os parques infantís de todos os lugares do concello.
|
Ler máis...(Comentarios 6) |
| |
| 04/02/2009 |
| O CAMIÑO DE SANTIAGO NO VAL DE BARCALA |
| Polo noso fermoso Val de Barcala, paraíso do ceo na terra, pasa o camiño de Santiago. A nosa hospitalaria terra, recibe ó camiñante canso despois de bicar na gloria do apóstolo ó final do camiño grande, e xustiño despois de comezar unha nova marcha cara o fin da terra, alí onde queimará a roupa e as botas dos seus pasos, nun máxico momento de redención e espiritualidade.
|
Ler máis...(Comentarios 5) |
| |
| 03/02/2009 |
| ¡FESTA DE FIN DE ANO!... SURREALISMO BARCALÉS |
| Xa temos falado en moitas ocasións da sorna característica do pobo Barcalés. No Val de Barcala somos herdeiros da tradición retranqueira dos ancestros galegos… A idiosincrasia do ser galego, ten o seu paradigmático exemplo no pobo Barcalés.
|
Ler máis...(Comentarios 14) |
| |
| 01/02/2009 |
| ACTUALIZACIÓN DOMINICAL DE BLOGS |
| Xa o sabedes amigos que a tola web do pobo barcalés non deixa de facer os domingos.
|
Ler máis...(Comentarios 1) |