Estupenda esta Guitarra Negra recitada que chegou ata esta nosa terra de Barcala... Alí temos tamén algún que outro barcalés emigrado (Eu mesmo teño alá familia) Pola miña banda sigo desempolvando discografía do meu estante. Desperado foi un album máis ou menos afortunado dos blandos Eagles. Contén sen embargo algún que outro tema estupendo como o propio "Desperado", "Dooling Dalton", ou esta maravillosa "Tequila Sunrise"
E aquí a segunda parte da "Guitarra negra"
Que bonita canción nos trouxeches con Salif Keita, Lueiro. Recoméndovos, relacionando ao malinés e máis o tema de Blur subido por Antsae, un disco do seu líder e cantante Damon Albarn chamado "Mali Music" grabado nunha desas místicas e purificadoras viaxes que se poden facer polo continente africano. Eu desprázome ata o continente Sudamericano ao veloz ritmo de Google Earth para pinchar unha canción protesta da dictadura uruguaia dos anos 1973-1985 maravillosamente falada, máis que cantada, polo montevidés recentemente para min descuberto Alfredo Zitarrosa. Coa súa letra e a forma de interpretala póñenseme os pelos de punta, a verdade. Aquí a primeira parte do tema "Guitarra negra".
E bueno, que decir de Frank Zappa, un desos tolos deste tolo mundo tamén que se non existira habería que inventalo. Cousas máis raras!
Pois sí, o pop de calidade ben podería ter cabidiña neste estupendo "pubeto" virtual que estamos montando da nada. Ás veces penso que mesmo este libro semella un pub, so falta tomarlle algo mentres lees e pinchas. En fin, ando cun virus que quere tumbarme á forza pero aínda que lle vai facer falta algo máis, o certo é que me deixou a rémora dun día extrano e moi espiritual. Ata estiven todo día tararexando este temiña que ben semella unha alienación musical en forma de bucle febril pero con moi bo gusto eso sí. O Albino salif keita e o seu tema Mandjou que enchiu esta mañán un amplo traxecto no meu Ipod. Acho que ben podería ser peza recurrente neste noso bar imaxinario de Negreira.
O do local non estaría mal e sería perfecto combinando blues, jazz, rock e temas como este tremendo tema de Blur.
Por suposto que o Blues e o Rock non poderían quedar fóra dese utópico local barcalés. Os cambios de ritmos son máis que necesarios. E para cambios de ritmos e rock ¿alguén mellor que Frank Zappa e a súa banda? Por se hai dúbidas, escoitade o directo de "Whippin´Post"
Pois sería cousa boa esa cafetería/pub amable e tranquila onde departir amigablemente ó son do mellor Jazz, bossa nova e, se non che importa, tamén de blues. PD: E rock... alomenos os clásicos suaves para non desentonar, pero eu sen rock non son ninguén. Aquí deixo outra xoia que apareceu pola caixiña de cds e que está sacada dun album chamado "born wiht the blues Vol 2" que mercara polo módico prezo de 1 euro (menos que un café) en Gong... Mona...... Bo Diddley
Collerá alguén a luva que enviamos co local de Jazz, Lueiro? Á espera da que sería tan grata sorpresa para os barcaleses oídos, comenzo a semana con un pouco da marcha de Lennie Tristano, o pianista e compositor de orixe italiano que nos deixou temas coma este "Wow" grabado no 1949.
Bueno, pois nese local Jazz do que fala Bo e que reclama para Negreira, tamén tería cabida esta pequena ledicia que me atopei onte na miña humilde cdteca particular. Depois de ofrecerlle un novo fogar de apoio en forma de fermosa e negra torre de madeira a esas rémoras do pasado que son os cd, por fin atopei, e levábao buscando un tempiño, esta pequena xoia que é o album "The Stranger" de Billy Joel e que pensaba estraviado. Billy Joel o o seu tema que da título ó album, "The Stranger"... Este tipo sabe cantar.
Pois que vaian tomando nota os garitos de Negreira, que a forma continuada de inxestión acompañado de xente disposta a elo é o que máis reclaman os hosteleiros... Eu sego co meu día Beach Boys, coa maravillosa e sempre idolatrada "surfer girl"... Se non fora porque xa teño unha "xefa girl", eu tamén quería unha para cantarlle este temiña... Que canción máis bonita. "Surfer Girl"
E neste sábado intermedio e ainda invernal, un xa vai recollendo desexos de que acuda pronto o verán. E aínda que os Beach Boys foron moito máis grandes que a sua iconografía vencellada á praia, pois... cando un mira para os seus videos... é inevitable certamente. Kokomo.
Exacto. E se algún pub ou bar me quere ter ata a madrugada apoiado na súa barra e bebendo de forma continuada, só teñen que poñer temas coma "A night in Tunisia" de Dizzy Gillespie. Aquí vai unha grabación do tema feita por el mesmo e polo tráxico-máxico Chalie Parker.
Fin de semana!
Estupendo tema (pena de videoclip). Eu decántome, para este inicio da fin de semana, por María Callas interpretando Casta Diva de la ópera Norma de Vincenzo Bellini.
Quedoulles un tema abondo blando, abofé!, persoalmente os prefiro na sua vena rockeira, entroutras cousas porque para facer pop con clase e estilo, xa están outros... Como estaban nos seus tempos os estupendos Roxy Music, o grupo dos Brians -Ferry e Eno, este último verdadeiro mestre na sombra de xente coma Bowie, U2 ou Coldplay-. Cousa boa este clásico "More than this" -Xa sin Brian Eno- para este incipiente venres que desperta o interese crecente polo lecer e o ocio da fin de semana
Pois para ser unha morea de machotes quedóulles un tema bastante ñoño ¿non? Pásome ás teclas do aporreador, vociferante e xenial Keith Jarret interpretando o archicoñecido "Autumn Leaves",tema que se dera a coñecer no 1950 cunha interpretación de Edith Piaf tanto en francés (o tema orixinal era una canción francesa) coma en inglés.
Bueno Bo, pois non sabía nada deste ano Kinks que anuncias... Só unha cuestió; chegará a xira de Ray Davies ata este noso Santiago xubilar como parece que si vai facer a xira doutro ídolo de masas como é Ratzinger? E xa para levar camiño de xoves que sempre coincide coa víspera do venres, deixo a uns poperos e limpos -será a idade?- Velvet Revolver, a banda dos ex guns and roses Slash, Duff McKagan e Matt Sorum.
É a rutinaria ciclotima de todas as semanas laborais. Por certo que me enterei de que este ano 2010 vai a ser moi Kinks, non porque se vaian a xuntar, os irmáns Davies seguen sen entenderse, senón por varias reedicións que van a saír dos seus discos, xunto a un documental, unha película e a xira que o líder do grupo Ray Davies comenza neste vindeiro mes de maio. E agora tocaría poñer un dos seus temas, "Waterloo Sunset", por exemplo. Pero, será cousa do cambio climático, apetéceme máis o "April in Paris" interpretado por Ella Fitzgerald.
Xa vai camiñando pouco a pouco a seman Bo, non desesperes, aínda que lle deches con entusiasmo un pouco de marcha swingera... Xa che estou imaxinando na casa movéndo todas as tuas articulacións ó ritmo desta "in the mood" que tiveches o bo gusto de deixarnos... Pois eu vou quedar a medio camiño... Lola dos Kinks... non é bailable pero vai temperamental e morna para ir afrontando o núcleo duro da semán.
Comparto totalmente a túa opinión, Lueiro, tamén é un dos meus temas preferidos de Led Zeppelin. Eu voume a pasar ao swing, pese a ser todavía martes, para ver se alcanzo a vislumbrar ao lonxe a ansiada fin de semana. E que mellor que o magnífico vídeo da grabación do "In the mood" da Glenn Miller´s Orchestra no ano 1946, anos despóis da misteriosa, tráxica e cinematográfica desaparición de Glenn Miller na Europa pseudoliberada do 1944.
Unha das miñas cancións preferidas desta inmensa banda que foron os Led Zeppelin. Tangerine do Led Zeppelin III
Emotivo vídeo-homenaxe. "Time after time" de Chet Baker.
O final me parece que a cousa quedou en nada... En todo caso, vou facer continuidade con Khanchaturian. Sabre Dance.
Non sei se para calmala, pero para moverse ao seu son, deixo "A cabalgata das Walkirias", de Richard Wagner.
Un sábado non é sábado sen cine. Aquí deixo a sensibilidade e mestría do que quizáis sexa o máis grande compositor de BSO da historia do cinema... É moito decir, pero penso que non desmerecería nada o título. Ennio Morricone, neste caso con Cinema Paradiso. PD. Acaso alguén se lle ocorre algo mellor para calmar á tormenta perfecta?
Non podo estropear a miña media de unha aportación semanal asi que vou deixar aqui o que o meu parecer e a mellor canción de Brit Pop.
Tes razón Lueiro. Chega a fin de semana e temos que lle ir metendo a ritmo lento máis movemento aos nosos receptores auditivos. Por eso vou ao fácil recurrindo unha vez máis aos ritmos brasileiros con Toquinho e Jorge Ben e o tema "Carolina Bela".
Pois despois da melancolía manifestada -que ben voltar a escoitar ese tema de Moby despois de tanto tempo-, pois chega o momento de ir recuperando... pouco a pouco collendo o ritmo da fin de semán. Isn't She Lovely, de Steve Wonder, do seu album mestre Songs in the Key of Life. O tema estaba adicado á súa filla recén nacida.
Ao parecer unha certa melancolía se apoderou desta gramola barcalesa na segunda metade da semana. Por suposto, melancolía non é incompatible coa calidade musical, todo o contrario. Aproveito o estado anímico para subir unha canción cun videoclip que tivo moito que ver no nacemento e carácter dos personaxes de Mara e Bo (xunto a Antoine de Saint-Exupéry e o seu "El principito"). Trátase do videoclip do tema "Why does my heart feel so bad" pertencente ao disco "Play" (Moby, 1999).