Martes, 07 de Setembro de 2010 Denuncias 
 
 
 
FESTAS E EVENTOS
 
 
PROXIMAMENTE
 
Festa de A Baña
San Vicente
 
 
Calendario completo
 
 
NOVAS
 
 
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
 
 
CONTIDOS
 
 
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
 
 
 
OUTRAS WEBS DO VAL
 
 
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
 
 
FOTOS DO VAL
 
 
ARQUIVO
 
 
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
 
 
O ceo sobre as herbas... O lamentable estado do local parroquial xestionado por Cáritas
 
O local chamado de Cáritas en Negreira, un dos inmobles máis emblemáticos e históricos da vila pola significancia histórica do seu nacemento, pois foi o berce oficinar da locomotora económica da zona que é Feiraco, durme sen embargo na actualidade o sono do esquecemento e permanece nun lamentable estado ruinoso, abandonado de feito pola entidade que parece controlar o local: A Conferencia Episcopal...

Querendo decir, Cáritas.

Efectivamente, nesta singular edificación para o standar arquitectónico da zona de Vilachán, foi onde naceu a maquinaria intelectual do xigante do cooperativismo agrario galego de Feiraco. O edificio, nembargantes, unha vez trasladadas as oficinas a carón da fábrica en Pontemaceira, foi donado á parroquia de Negreira a través da entidade sen ánimo de lucro, Cáritas.

E sen ánimo nin de lucro nin de molestar a ninguén, pero coa desazón dos barcaleses que miramos... dende esta inqueda webera do pobo, -auga que quere mover o rodicio sen miramentos nen padriños-, non podíamos pasar máis tempo sen manifestar abertamente o desencanto polo aspecto do inmoble que é... pero que representa ó mesmo tempo...

Cáritas, -e nos perdoe aquel poder espiritual ou temporal que vexa ousada blasfema-, ente caritativo e devoto da solidaridade, non amosa sen embargo deferencia algunha pola parroquia de Negreira, entelequia propietaria, -ata onde sabemos- do local, e mantén o inmoble, que debería de ser emblema da vila, en ruina técnica coa complicidade, -esto tamén é importante- de quen teña as cartas gañadoras...

Ventás escachadas, herbas avellentadas no tellado, paredes húmidas, musgosas... mugre en puntilla de deterioro superficial...

Laberinto -”sen luz nen viño tinto”... que cantaba Sabina- de sabe Deus -novamente solitando condonación da aberración- qué historias... o único certo é o impropio estado, á vista de calquera inspección minimamente dilixente, do inmoble.

Cáritas/Conferencia Episcopal -tanto ten-, que solicita donacións dos pobos e onde Negreira non é excepción... ¿pero con qué dignidade pode solicitar aportacións ó pobo de Negreira que é testemuña do trato que o ente lle dispensa a un dos inmobles máis esencialmente dignos da vila?...

Ler máis...(Comentarios 4)
 

 
Contenedores de papel e pilas a rebosar e en deterioro
 
O estado no que se atopan algúns dos contenedores de Negreira teñen un aspecto tan lamentable coma o que aparece na fotografía superior.

Pero con todo, iso non é o peor. O que denunciamos dende esta tola pero tamén informativa e reivindicativa webera, é o máis que insuficiente proceso de recollida do papel e das pilas que os veciños depositamos con intencións de que sexan reciclados e non simplemente amontonados en contenedores que co tempo chegan a estar tan cheos que non queda sitio para máis. Pensamos que na importarnte laboura de reciclaxe de residuos tóxicos como as pilas e baterías, ou no aproveitamento das varias vidas que ten o papel, as distintas administracións teñen a obriga non só de dispoñer dos medios para facelo, senón tamén de concienciar á sociedade para empregalos. Pero vista as condicións actuais dos contenedores entendemos que non resulte moi agradable (ás veces imposible) moverse ata un deles (escasos) para, en ocasións, ter que acabar tirando o papel no contenedor de residuos orgánicos, por non coller un papel máis no correspondente.

Outra cousa distinta, e tamén denunciable, é o pouco e mal uso que os veciños facemos destes contenedores. Como se aprecia na foto, colchóns e máis un urinario son difícilmente confundibles co papel, e tendo en conta que en Negreira existe un servicio de recollida de mobles e electrodomésticos, non atopamos excusa para os energúmenos que levaron a cabo porcallada tal (tampouco queda moi ben o Concello neste caso, pois como poidemos comprobar, eses colchóns e máis o urinario levan alí máis de un mes).
Facemos extensibles as queixas ao uso que os particulares e os comercios fan dos contenedores verdes e amarelos, vertendo neles os residuos orgánicos e plásticos ao máis puro azar, facendo así inútil a respetuosa laboura dos veciños que sí reciclan.

Dende Valdebarcala.es queremos pedir aos veciños, ao Concello e máis ás empresas que teñen contradados os servicios de recollidas e reciclaxe de residuos, unha maior concienciación e un pequeniño esforzo para que o fermoso e concienciado Val de Barcala colabore na tarefa de non convertir á Terra nun vertedeiro.
Ler máis...(Comentarios 4)
 

 
Regos urbanitas na rúa Nelson Mandela
 
Lembranza feita dos carreiros, o sitio de paso en Vilachán, agora último tramo da Rúa Nelson Mandela, presenta un aspecto de rural avellentado adquirido polo paso dos anos. Asfaltado no comenzo dos gloriosos anos 90, o chan non chan de Vilachán, vai collendo morriña dos tempos da terra en pedra descuberta...

Nobre zona esquecida polos deuses e dende anos, lugar inhóspito onde o facer público semella prohibido namáis que para gabear a reo na contra das herbas que, salvaxes, afánanse en asilvestrarse nas beiras dunhas desfeitas aceras que de altas, fan de acantilado cara unha estrada que dende a máis tenra infancia de quen esto escribe, non voltou ó tocador oficial do asfaltado.

Toda unha zona en cuarentena de obra pública, ata donde puntualmente cada ano, chega a patrulla oficial de gabeadores do Concello para facer, perfeccionar e incluso anchear a cada ano, dous longos regos (un a cada man da calzada), onde o gusto agrícola dos veciños, e mesmo a xenética barcalesa tan aquelada ás prantacións, fan tentación dunha fermosa sementeira de leitugas e repolos a cada beira da cicatrizada estrada...

Ler máis...(Comentarios 8)
 

 
HERBAS EXPERIMENTAIS EN CORNEIRA
 
A mirada do amigo santabaia, é a mirada do pobo, nen máis nen menos, e baixo as coordenadas da denuncia do que obxectivamente está mal feito, só pretendemos coa sección dar conta pública daquelas situacións de abandono que enturbian a paixase e a cor deste noso Val de Barcala.

Así, hoxe, santabaia traenos ata esta desmesura dixital a imaxen do estilo asilvestrado que vai adquirindo a noutrora despexada fonte de San Ramón en Corneira... tempos non tan lonxanos onde a auga era o principal exponente do lugar...


Ler máis...(Comentarios 7)
 

 
OUT-LET DE MARRÁNS PRETO DO REFUXIO
 
Non fai falla sair moito da casa para atoparse de cheo coa estupidez máis pura do ser humán, esa estupidez que alela no interior de algúns dos nosos veciños que non se enteran de que non viven sós neste mundo que nos tocou en sorte, de que somos máis a compartir o que Deus ou a sorte nos deu, e que non acaban por definirse eles mesmos de si ser porcos ou marráns.

E é que, amigos de esta desmesura, as veces non chegamos a entender qué clase de pensamentos obtusos e ignorantes poden levar a alguén a exercer de vandálico ser humán contra a natureza a contra a ética mesma das normas cívicas.

Ler máis...(Comentarios 7)
 
USUARIOS
 
 
Usuarios rexistrados:343
 
Usuarios en liña
Convidados:4
 
 
PATROCINADORES
 
 
 
 
BLOGS
 
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS
 
 
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
 
O ceo sobre as herbas... O lamentable estado do local parroquial xestionado por Cáritas
Perry Mason dixo: ...
As campañas vaticanas asesinas
para que en ...
 
Retallos de intrahistoria barcalesa: Franco no Val de Barcala
Perry Mason dixo: ...
Mi ma que susto me levei
logo dun tempo sen ...
 
candepalleiro dixo: ...
Non deixa de ser curioso que en poucos dias en Val ...
 
Lueiro dixo: ...
Meus parabens Daniel.

Unha das mell ...
 
 
LIBRO VISITAS
 
 
Ver todos os comentarios
 
Lueiro dixo: ...
Que bo tema o de Norah Jones. E claro que podemos sentarnos ó fente do historio catódico... previo ...
 
Bo dixo: ...
De feito, bravo por La 2. Teño entendido que esta temporada nos agardan bastantes sorpresas cultura ...
 
Lueiro dixo: ...
Gris! eso é unha sorte meu bo amigo Bo!

Pois La2, a tv dos animáis... por sempre r ...
 
Bo dixo: ...
Qué gris comenzou esta semana o ceo barcalés!
Que non se nos contaxie o humor. Deixo os so ...
 
Bo dixo: ...
Onte foi unha noite románica moi longa, e hoxe entro ao libro de visitas a hurtadiñas pola porta ...
 
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
 
 
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
 
candepalleiro dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
 
candepalleiro dixo: ...
" WHISKY MAN" candepalleiro dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
 
candepalleiro dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
 
candepalleiro dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
 
candepalleiro dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
 
Os debuxos da túa vida
Lueiro dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
 
Feira do Románico de Negreira
Lueiro dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...
 
Películas recomendables (todas as épocas)
Lueiro dixo: ...
Onte desfrutei de "El amante del amor" ( ...