Martes, 07 de Setembro de 2010 LARRY LUREX 
 
 
 
FESTAS E EVENTOS
 
 
PROXIMAMENTE
 
Festa de A Baña
San Vicente
 
 
Calendario completo
 
 
NOVAS
 
 
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
 
 
CONTIDOS
 
 
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
 
 
 
OUTRAS WEBS DO VAL
 
 
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
 
 
FOTOS DO VAL
 
 
ARQUIVO
 
 
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
 
O blog de Larry Lurex

 
Robin Hood; Espectáculo de calidade
Esta fin de semana estrenouse en España Robin Hood de Ridley Scott, unha desas superproduccións épico-históricas destinadas a facer cartos ó máis puro estilo do cine americano de espectáculo e palomitas, pero das que normalmente, xa por contar cun reparto solvente ou por estar realizada por un director de renome, se agarda un punto de calidade final que eleve o resultado a cotas superiores ás que normalmente chegan este tipo de productos.

Con pretensións de definitiva, estamos novamente, perante do mito de Robin Hood, aquel ladrón que roubaba ós ricos, para compartir cos pobres.

A personaxe lexendaria de Robin de Locksley, xa foi cultivada, con diferentes fortunas, polo mundo do cinema dende a máis clásica impedancia cinematográfica, versión muda incluída co gran Douglas Fairbanks na pel de Robin (Robin Hood, Allan Dwan. 1922). Pero na lembranza e para a iconografía do cinema de aventuras, un non pode deixar de pensar naquel Errol Flynn en mallas dando vida ó Robin Hood máis bucólico de todos, naquela versión que das súas aventuras fixera alá polo ano 1938 o gran Michael Curtiz (director, entroutras, de Casablanca).

Incluíndo a versión de debuxos de 1976 (que este Lurex lembra case de memoria dende a súa infancia de video e televisión), as dúas adaptacións máis recentes foran aquelas que confluiran e mesmo combatiran entre sí no ano 1991 (un ano robinhoodiense por excelencia) a cada cal máis mala película (“Robin Hood, o Magnífico” de John Irvin co insulso Patrick Bergin, e “Robin Hood, Príncipe dos ladróns” de Kevin Reynolds co máis insulso aínda Robert de Locksley, Kevin Costner).

Sen embargo, por méritos propios, é a versión madura e apousada de Richard Lester en Robin e Marian (1976), cos enormes Sean Connery e Audrey Hepburn, a que finalmente mantiña a dignidade cinematográfica para o debuxo do heroe, a pesar de contar a historia dun Robin Hood moito máis vello e menos brioso do acostumado.

Tampouco esta revisitación do gran Ridley Scott (Alien, o octavo paxaseiro, Blade Runner, Thelma e Louis, Gladiator, Hannibal...) se achega á lenda dun xeito tradicional, e prácticamente nada hai de vello nestas novas aventuras concisas e moi ben narradas de Robin Hood. Un Robin Hollywoodiense, algo máis groso (que non fondón) que o acostumado (perfecta interpretación de Russel Crowe), e que comparte certas virtudes de dignidade e honra similares, (ademáis do corte de pelo), ás de outro icónico personaxe Croweniano, o hispano Máximus de Gladiator.

De par de, (que non acompañando a) Russell Crowe, atopamos a unha memorable Cate Blanchet, quen, con permiso da mítica Audrey Hepburn, compón a mellor Lady Marian da historia do cinema, ata o punto de roubarlle protagonismo e densidade ó mesmo Russell Crowe, todo un acerto de casting para o personaxe máis ben debuxado do filme. Unha muller feita home polas circuntancias de ter que adoptar a posición do terrateniente que era o seu home, que leva 10 anos nas cruzadas. Unha personaxe á que Cate Blanchet (acaso a mellor actriz da súa xeración) lle otorga firmeza, rudeza e sensibiliade en graos complementarios dun xeito absolutamente maxistral.

William Hurt e o gran Max Von Shydow, que volve a se por os traxes de cabaleiro medieval lembrando aquelas míticas películas co xenial Ingmar Bergman (“O sétimo selo”, “O manantial da doncella”), otorgan presencia e táboas nun filme cun excelente casting no que tamén destacan un malo, quizáis algo sobreactuado pero efectivo (convén non esquecer que estamos perante unha superproducción) Lord Godfrey, interpretado polo británico Mark Strong, e un convincente Rei “Juan sen terra” interpretado polo descoñecido Oscar Isaac.

O filme responde ó formalismo da superproducción de calidade, é decir, suficientemente lineal e arquetípica como para desfrutar palomita en boca, pero feita co bo gusto e a mestría de quen coñece o seu oficio e sabe como contar e pechar unha historia sen lagunas nen artificios e, sobre todo, sen a chirriante pretenciosidade propia de moitos cineastas que se autroplocaman “autores” sen coñecer sequera o que iso significa.

Para o aquel, queda a confirmación de que Ridley Scott se atopa cómodo no seu status de facedor de superproduccións para Hollywood, deixando claro que non pretende xa facer obras máis persoais e arriscadas coma nos seus albores de cineasta (Os duelistas, Blade Runner, Alien...), o que é unha rémora para deixar algunha Obra Mestra máis no seu irregular currículum, pero que ten ó seu favor de que os cinéfilos de gusto, podan achegarse ata este tipo de películas de traxes palomiteros, sen sentir vergonza nen fraude.

En definitiva, Ridley Scott deixa para a historia do cine unha notable e adulta versión do mito, alonxada de outras referencias e iniciando un novo camiño (a posibilidade de secuelas non se agochan, incluso o final semella ter commo única misión, abrir o camiño neste senso) a tomar para posteriores narracións do lexendario Robin Hood, o rebelde disidente dos montes ingleses.

Son Larry Lurex no Domigo 16 de Maio de 2010, víspera do día das Letras Galegas.
 
 Comentarios 9
 

 
Invictus: Máis é menos...
Voltamos neste blog a falar dunha película do prolífico Clint Eastwood. Nesta ocasión, o xenial director americano nos regala o agardadísimo relato sobre o Nelson Mandela post-cárcere e como conseguíu que o mundial de rugby de 1995 se convertera nunha ocasión única para tentar a definitiva unión das razas branca e negra na Suráfrica de fináis de século, segregadas e enfrontadas históricamente tras a vergoña e inmoralidade política que foi o Apartheid.

Eastwood, normalmente adicado a menesteres máis intimistas, aceptou novamente dirixir un filme grande -animado seguramente polo inapelable éxito das recentes "Banderas de nuestros padres" e "Cartas dende Iwo Jima"-. Un filme, que sen ser un biopic "strictu senso" sobre Nelson Mandela -Sen dúbida un dos grandes personaxes do século XX-, contén sen embargo tanta enxundia histórica, que facía imposible unha narración que obviara a entidade e representatividade do personaxe.

Así as cousas, Clint Eastwood afrontaba a dirección do filme coa dificultade de aunar en apenas 2h e 15 min, uns acontecementos tan enxundiosos e que lle deparaban o conflicto narrativo de contar unha historia con tres liñas argumentais claramente diferenciadas aínda que en evidente consonancia.

Por un lado, o filme, aínda sen ser un biopic, non podía obviar unha certa matización e descripción da persona e caracteres de Nelson Mandela, e por suposto, unha mínima referencia á sua estancia no cárcere.

Por outra banda, o filme tiña que explicar a situación de confrontación de razas provocada pola política discriminatoria do Apartheid e como esta estaba latente nos históricos momentos que se retaratan no filme.

E por último, a película tiña que contar o desenrolo do mundial de Rugby que tiña que servir ós intereses de Mandela para potenciar esa unión de razas, contando entón, coma o equipo de Suráfrica impulsado por Nelson Mandela, se fixo co apoio non só da raza branca, senon tamén da raza negra -ata ese entón detractores da sua propia selección polo que esta representaba de lembranza do dominio da raza branca sobre a negra- servindo pois de unión e de amnistía universal como base para afrontar uns novos tempos como país unido.

Clint Eastwood, un dos grandes directores da historia do cinema sen nengunha dúbida, e aínda facendo un bo filme, falla na dificilísima laboura de conxugar narrativamente os aconteceres.

Nin que decir ten que estamos perante unha película impecable dende o punto de vista formal. Destacamos o papel dunha fotografía nada lustrosa nen preciosista, moi "invisible" e deliveradamente asemellando ó look de Tv (non debemos esquecer que estos eventos os coñecemos pola tv) que nos axuda a facernos máis real a experiencia, así coma a impecable actuación de Morgan Freeman na dificil pel de Nelson Mandela, nun papel desos que din os actores que se nace para facelos.

Sen embargo, onde a película falla, é dende o punto de vista narrativo. Eran tres as liñas argumentais a conxugar - Nelson Mandela, o mundial de Rugby, e a confrontación de razas-. Unha narración dificultosa e que Clint Eastwood tenta de saldar destacando nos primeiros intres de metraxe a figura de Nelson Mandela, procurando que pouco a pouco, sen case decatarse o espectador, o Rugby fora collendo o fío groso e o peso da narración, e conxugando todo coa confrontación de razas, que está habilmente representada e ben engrosada na historia, polo equipo de seguridade de Nelson Mandela, onde traballan xuntos brancos e negros, e como pouco a pouco aprenden a facelo sen reparos -o que é un acerto do excelente director que é Eastwood-.

Sen embargo algo falla na idea, e a sensación de querer contar tanto en tan pouco, lastra a sensación final do filme. Non consigue Clint Eastwood que a sua pericia argumental funcione, e o pouso que queda é a de non acabar de decantarse claramente por unha das liñas argumentais perante o escaso metraxe dunha película que precisaba alomenos de 3h horas para ser contada.

Todo isto ademáis, e esto xa son conxeturas e malintencionadas sospeitas propias, coa sensación dunha montaxe excesivamente apurada e pouco coidada -a narración do curso do mundial é lamentable, sen emoción algunha- seguramente pola carreira de querer chegar a tempo para a tempada dos premios.

En definitiva, este Invictus de Clint Eastwood non da todo o que se agarda e non vai a pasar a historia por ser unha das "obras maiores" do seu autor. Tampouco é a película definitiva -que está por chegar- sobre Nelson Mandela, pero en todo caso, é unha boa película que mantén certa dignidade e interese nunha historia que vaga a pena coñecer.

Son Larry Lurex no domingo 31 de de Xaneiro de 2010.
 
 Comentarios 0
 

 
Sherlock Holmes: Feliz revisitación.
Casi nada queda da imaxe clásica e iconoclasta do Sherlock Holmes ó que estábamos habituados a ver na pantalla ou na TV nesta nova e renovada adaptación acorde cos tempos, do personaxe creado polo célebre escritor escocés Sir Arthur Conan Doyle.

A de Guy Ritchie (Lock and Stock -1998-, Snatch: Cerdos y Diamantes -2000-, ou RockanRolla -2008-), é unha nova posta de largo con vocación de continuidade (xa está confirmada a segunda entrega para 2011), un filme en donde a acción e o humor se conxugan na procura dun espectáculo adapatado ós tempos do cinema de consumo.

Na retina mantemos a presencia do detective na pel elegante e pausada de Peter Cushing, Christopher Lee, ou de Basil Rathbone, sendo este último o actor que máis veces o interpretou en pantalla grande -ata en 14 ocasións-, unha imaxe que Guy Ritchie (de novo en forma despois do desliz imperdoable de Barridos por la marea, 2002) se esforza en transformar, conseguindo crear a un Holmes alonxado dos estereotipos impostos e a quen amosa coma un heroe áxil na acción, e musculado loitador a quen incluso vemos apostando e loitando a torso núo en peleas corpo a corpo clandestinas.

O encargo de dar vida a este novo Holmes caeu nas mans de Robert Downey Jr, o polémico actor que parece definitivamente en forma despois de deixar atrás os seus contínuos problemas coas drogas e o alcol -moi soadas foron as suas frecuentes estadías no cárcere e en centros de rehabilitación ó longo da década dos 90- . Robert Downey. Jr fai seu ó personaxe nunha estupenda interpretación facendo unha lectura moito máis axil e menos refinada do personaxe, que segue mantendo, eso sí, o sua excepcional intuición deductiva coma base dos seus éxitos.

O personaxe indispensable do non menos mítico Dr.Watson, compañeiro inseparable de Sherlock Holmes, foi encargado a un dos mellores actores da actualidade, ese enorme Jude Law que afronta de xeito maxistral unha soberbia interpretación de Watson, que nesta adaptación tamén pasa polo tamiz da modernidade, e que se nos presenta coma home elegante, culto, refinado, ben parecido e máis lozano que os seus antecedentes cinematográficos, engadindo ademáis, un sorprendente talento nas loitas a tortazo limpo cos enemigos.

Na penunmbra e coma misteriosa silueta, aparece tamén o nome, que non a presencia física, do terceiro clásico nesta saga, o Profesor Moriarty, que á espera da segunda entrega -na que se fala de Brad Pitt coma intérprete do lavado personaxe- tan só é unha grave e cavernosa voz. moi ben dosificada ó longo do filme, porque o vilán principal do filme, e secuaz do Moriarty, é o misterioso Lord Blackwood, un malvado asasino, cuia sorprendente resurrección centra a liña argumental desta nova entrega.

En xeral, o filme conxuga hábilmente o cinema de acción co máis clásico cinema de misterio e detectives, (mantendo os seus máis clásicos aínda flash - backs explicativos ó estilo de Ángela Lansbury ou Colombo), e considerado no seu conxunto final, podemos decir que estamos perante unha estupenda película de misterio, entremento e dispersión, e a quen a dirección de Guy Ritchie, que mantén con bo criterio o seu particular estilo do ritmo, lle da unha nova limpeza de face, que era do que se trataba.

Recomendable pois esta revisitación das aventuras do mítico Sherlock Holmes e o seu sempre oportuno amigo Dr. Watson, un filme que sen chegar a ter a maestría dunha obra perfecta, si vai con soltura e con talento.

6,5 sobre 10.

Son Larry Lurex no Domingo 17 de Xaneiro de 2007
 
 Comentarios 1
 

 
PAUL NASCHY: In memoriam
Como non podía ser menos neste blog cinéfilo, a actualización de hoxe se presentaba como evidente. O pasado Martes 1 de Decembro, o mundo do cine de terror perdía a unha das súas figuras máis emblemáticas e queridas. Jacinto Molina, máis coñecido por Paul Naschy, (Madrid 1934-2009), deixaba este mundo nunha noite de lúa chea.

De Paul Naschy xa se falou de soslayo neste mesmo caderno blogueiro cando escribimos sobre Jesús Franco e o seu Goya honorífico. Decíamos entón, que tanto Jess Franco coma Paul Naschy, representaban as dúas grandes aportacións españolas ó xénero cinematográfico de terror.

Amante do cinema clásico de terror feitos na Universal primeiro e da británica Hammer despois, Jacinto Molina, licenciado en arquitectura, deportista de levantamento de peso, Paul Naschy debutou no cinema de terror coa a mítica La marca del hombre lobo (1968), de Enrique López eguiloz, convertíndose dende entón en figura imprescindible no xénero onde cultivou este amor polo siniestro como actor en moitas películas de Leon Klimovski -La noche de Valpurgis (1971), El doctor Jeckyll y el hombre lobo (1972)...- , Javier Aguirre -El gran amor del conde Drácula (1972), El Jorobado de la Morgue (1973)..., ou outro mítico do cine de terror patrio Carlos Aured -El espanto surge de la tumba (1973), La venganza de la Momia (1973), El retorno de Walpurgis (1973).

Chegado o momento, e contabilizando coa sua faceta de intérprete, Paul Naschy decidíu probar a sorte do director ata en 14 ocasións con filmes como -El retorno del hombre lobo (1980), Latidos de pánico (1983), El aullido del Diablo (1987), filmes todos eles de escaso valor en canto á técnica cinematográfica, pero que amosaban unha constante declarada ó longo da sua carreira polos mounstruos universais do terror, A momia, Drácula, Frankenstein, pero sobre todo polo Home Lobo, a quen interpretou coa devoción do fanático en tantos filmes que a personaxe do licántropo é o seu referencial máis evidente, ata o punto de ser considerado, xa para a eternidade, coma o Home Lobo español.

Todos estos filmes dos que falamos cultiváronse sobre todo na España de finais dos 60 e durante toda a década dos 70, perdendo forza na década dos 80 enrolados na máis clara e evidente serie B e Z hispana, polo que os resultados de tanta implicación persoal, devoción ilusión e amor polo xénero terrorífico, amosara as máis das veces patéticos resultados artísticos.

En España deuse a extrana circunstancia de que os cultivadores do cine de terror castizo e de baixo presuposto, eran os mesmos artesanos que se adicaron posteriormente, sobre todo na década dos 80, a cultivar o xénero do destape nas famosas películas de xénero S, e se ben Paul Naschy non foi unha excepción -ahí queda ese Madrid al desnudo (1979) que él mesmo dirixíu, tamén é verdade que foi o que menos se achegou a este tipo de cine - a diferencia do outro referente do terror hispano, Jesus Franco, quen sí levou unha carreira paralela neste erótico xénero-, o que desvela ás claras que o seu co terror non era unha oportunidade de facer cartos, senon unha verdadeira relación amorosa.

Paul Naschy traballou ata os últimos momentos da sua vida, - deixa pendentes de estreo un par de filmes La herencia Valdemar de José Luis Alemán, e El Apostol de Fernando Cortizo-, unha vida artística adicada ó xénero do terror, e a quen se lle fixo olvido inxusto en moitas ocasións. Se ben o ano pasado, tal e como recollíamos neste mesmo espazo, o cine español saldou a débeda histórica co creador Jesús Franco cando lle entregaron o seu Goya honorífico, non queda dúbida de que o seguinte paso nestos recoñecementos ó xénero que durante tantos anos foi o único exportable alén dos pirineos, sería para o bo de Paul Naschy. A desgracia fixo que esto non sexa xa posible. En sentida lembranza de Paul Naschy queda este artigo, o licántropo que amaba ós mounstruos.

Son Larry Lurex no Domingo 6 de Decembro de 2009.
 
 Comentarios 1
 

 
MILLENIUM 2: Unha ponte necesaria
Despois da análise da primeira entrega neste mesmo blog, xa tocaba agora achegarnos ata esta segunda película baseada na triloxía de novelas, auténticos best sellers internacionais, do falecido escritor Stieg Larsson e que leva por estrambótico título, Millennium 2: La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina (Flickan som lekte med elden, Daniel Alfredson, 2009).

A interesante historia contada neste filme é a da investigación sobre dous asesinatos acaecidos no marco dunhas pesquisas periodísticas sobre o escabroso tema dos abusos sexuais. Na escea do delito aparacen señas de identidade de Lisbeth Salander,-a hacker informática do primeiro filme, nova e felizmente interpretada pola exótica cando menos NOOMI RAPACE- , polo que esta, en paradeiro actual descoñecido, se converte na principal sospeitosa. O xornalista amigo de Lisbeth - interpretado tamén novamente por MICHAEL NYQVIST -, convencido da sua inocencia, tentará de atopala para axudarlle a esclarecer o asunto.

O filme está dirixido mecánicamente por DANIEL ALFREDSON, irmán do tamén director TOMAS ALFREDSON -cuxo estupendo filme Déjame entrar xa foi analizado neste mesmo blog-, e sen grandes alardes, aquel limítase a unha correcta e eficaz posta en escea da historia, dotando á mesma de certo ton telefilmico, que non lastra o resultado final que acada unha postura máis que decente a pesares da evidente disgresión pola que che leva o filme que semella ás veces dubitativo, defecto este seguramente froito da rémora da adapatación dunha consciente segunda parte, que normalmente non deixa de ser ponte indispensable, e polo xeral menos emocionante, cara unha terceira e definitiva parte.

Na película cobran importancia personaxes someramente tratados na anterior, como a amante do xornalista amigo de Lisbeth, interpretada pola todavía estupenda LENA ENDRE, debilidade deste Larry dende os tempos de Infiel (LIV ULLMAN, 2000), pero sobre todo, vive da aparición de novas figuras que acadan o status de case protagonistas, como ese boxeador heroico, ou a amiga de Lisbeth, así coma un personaxe sorpresa -do que evidentemente non diremos nada-. Queda ademáis o estupendo personaxe do malote xigantón loiro, un malo musculado incapaz de sufrir e padecer dor, o que o fai case invencible e que, se ben un pouco desaproveitado - repetimos, quizáis polo lastre da densidade da trama escrita- , aparece coma o contrapunto e ó mesmo tempo coma un igual da mesma Lisbeth, quen sí pode sentir a dor, aínda que coas feridas que leva na alma, pareza que xa non senta nen padeza nada tampouco.

En definitiva, Millennium 2: La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina, é unha segunda parte dunha triloxía, e ademáis co engadido de ser segunda parte consciente e estudade da súa condición. É decir, estamos en realidade nunha ponte, e unha ponte pode ser ornamental e figureira, pero sempre é lugar de paso. Esta consciencia fai que as virtudes que o filme poda ter técnicamente, que as ten (ALFREDSON sabe o que fai), quedan desvirtuadas por unha historia dispersa e algo embarullada.

Queda pois un filme entretido e ben resolto e que apunta cara unha terceira entrega que será Millennium 3: La reina en el palacio de las corrientes de aire, filme que rematará por fin, a popularísima triloxía de LARSON... ata que Hollywood faga as súas versións... que por certo, xa están neso, con QUENTIN TARANTINO coma posible director, e BRAD PITT, coma o xornalista investigador... Non pinta mal, a que non?.

Son Larry Lurex no Domingo 29 de Novembro de 2009.
 
 Comentarios 0
 
USUARIOS
 
 
Usuarios rexistrados:343
 
Usuarios en liña
Convidados:2
 
 
PATROCINADORES
 
 
 
 
BLOGS
 
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS
 
 
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
 
O ceo sobre as herbas... O lamentable estado do local parroquial xestionado por Cáritas
Perry Mason dixo: ...
As campañas vaticanas asesinas
para que en ...
 
Retallos de intrahistoria barcalesa: Franco no Val de Barcala
Perry Mason dixo: ...
Mi ma que susto me levei
logo dun tempo sen ...
 
candepalleiro dixo: ...
Non deixa de ser curioso que en poucos dias en Val ...
 
Lueiro dixo: ...
Meus parabens Daniel.

Unha das mell ...
 
 
LIBRO VISITAS
 
 
Ver todos os comentarios
 
Bo dixo: ...
De feito, bravo por La 2. Teño entendido que esta temporada nos agardan bastantes sorpresas cultura ...
 
Lueiro dixo: ...
Gris! eso é unha sorte meu bo amigo Bo!

Pois La2, a tv dos animáis... por sempre r ...
 
Bo dixo: ...
Qué gris comenzou esta semana o ceo barcalés!
Que non se nos contaxie o humor. Deixo os so ...
 
Bo dixo: ...
Onte foi unha noite románica moi longa, e hoxe entro ao libro de visitas a hurtadiñas pola porta ...
 
Lueiro dixo: ...
Destino de caballero, moi apropiada elección nestos días de festas medievais (xa na Pontevedra de ...
 
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
 
 
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
 
candepalleiro dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
 
candepalleiro dixo: ...
" WHISKY MAN" candepalleiro dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
 
candepalleiro dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
 
candepalleiro dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
 
candepalleiro dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
 
Os debuxos da túa vida
Lueiro dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
 
Feira do Románico de Negreira
Lueiro dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...
 
Películas recomendables (todas as épocas)
Lueiro dixo: ...
Onte desfrutei de "El amante del amor" ( ...