Martes, 07 de Setembro de 2010 BLOG VERDE 
 
 
 
FESTAS E EVENTOS
 
 
PROXIMAMENTE
 
Festa de A Baña
San Vicente
 
 
Calendario completo
 
 
NOVAS
 
 
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
 
 
CONTIDOS
 
 
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
 
 
 
OUTRAS WEBS DO VAL
 
 
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
 
 
FOTOS DO VAL
 
 
ARQUIVO
 
 
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
 
O blog verde do val

 
Actividades para todo o ano
Actividades para todo o ano, aínda que non son aptas para o inverno, a maioría das nosas árbores non teñen follas e moitos animais durmen.
Neste artigo propóñovos actividades sen idade, ou mellor dito, para todas as idades. Non son nada orixinais, pero despois dos meus 22 anos de dar clase, comprobei con pena que os rapaces non coñecen nin a flora, nin a fauna nosa, a ibérica.

Literalmente (ou como se di nos cómics de Ásterix, en ibero el orixinal) os seus coñecementos son os seguintes: as árbores son piñeiros ou “calitros” (nada de carballos), os insectos son bichos e o resto dos animais non importan se non se comen, non, perdón, hai que clasificalos en bos ou malos no caso de 1º e 2º da ESO, e en bonitos ou feos cando os rapaces amosan maior madurez, nos cursos superiores.

Isto ten unha lectura clara, se os rapaces do medio rural descoñecen os compoñentes da súa biodiversidade é debido a que os seus maiores non os consideran importantes, “se nos han desvinculado de su medio”, oye.

Se estivese en Madrid non daría tanta importancia a que, cada vez que pido un exemplo de seres vivos, saia o león ou a xirafa. É curioso pero nunca sae un vexetal como exemplo de ser vivo, debe ser porque non berran. Cando eu lles poño un exemplo de árbore, agora si, comezan a canturrear os nomes de tódalas árbores que coñecen. Pero…, todo memorieta, queridos meus. Se lles amoso unha folla dun castiñeiro (das fáciles, ¿eh?), sáenme todas as cores na cara ó escoitar as respostas. O meu cerebro pensa…”¡¡menos mal que tomaste el Nervocalm, chiquilla!!” .

Se unha imaxe vale máis que mil palabras, para coñecer a fauna e a flora ibéricas moitísimo máis, un nome dunha árbore sen unha imaxe dela, non serve para nada. E as árbores, como mínimo hai que coñecelas, é cultura natural básica. Outra vez xa vos contarei a importancia vital das árbores… pero, agora, imos ó choio.

COMEZANDO COAS ÁRBORES


Case todas as árbores podemos distinguilas polas súas follas, cousa que é de agradecer, e a maioría das nosas árbores teñen follas simples, só unhas poucas as teñen compostas.
Que é iso. A folla simple está unida á pola directamente mediante o seu pecíolo (que é o tallo tenro das follas ou as flores), mentres que a folla composta únese, xunto con outras follas, primeiro a un tallo tenro, o cal únese á pola.


Exemplos: a folla do carballo (esquerda) é simple, a do freixo (dereita) é composta:

Para quen queira rizar o rizo, a do freixo, ademais, é imparipinnada (é dicir que a súas folliñas, pinnas, son impares, xa que remata nunha folliña que non ten parella).

Existen moitas formas de clasificar as follas, é importante coñecer isto se usamos unha guía botánica que pode dicir algo tan incrible como o seguinte: folla simple, alterna, ovalada, hendida, penninervia, como podedes ver en este esquema, co seu enlace ó final de este texto.



O meu obxectivo non é substituír ós botánicos de profesión, senón que coñezades as árbores autóctonas máis comúns, a partir das súas follas. Na mesma folla xuntarei as que podedes confundir máis facilmente, por ter parecido, e con frechas vos sinalarei as diferenzas, pouco rollo e moita imaxe. As imaxes son miñas (esas dúas de arriba, non), feitas a partir de follas naturais escaneadas, así que se queredes utilizalas, adiante, son de libre uso (aínda que tedes que citarme, por respecto ó meu traballo).

As tres imaxes deste texto foron extraídas de:
http://www.amuletos.info/Imagenes/Druidas/hojaRoble.jpg
http://www.almargen.com.ar/sitio/seccion/cultura/sabarb2/index.html
http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2009/11/Tipos_hojas-P.png





















 
 Comentarios 0
 

 
Compañeiros do Val: A Bubela
Bubela (Upupa epops )
É unha ave diúrna inconfundible, pola súa crista e polas súas ás anchas e redondas, raiadas en branco e negro. O seu peteiro é curvo, delgado e longo para desenterrar larvas.

En voo tamén é fácil de recoñecer pois fai ondas arriba e abaixo, pregando e despregando as súas ás e leva a crista aberta. É capaz de trepar polos troncos das árbores pero non o fai case nunca.
Ten un tamaño medio (26-32cm) e unha cor salmón na crista e o tronco. As súas patas son curtas pero robustas.

En primavera óese, día e noite, o seu canto monótono e repetitivo, pero con gran alcance, "pu-pu-put", o que inspirou o seu nome científico. É o canto de advertencia do macho e faino co pico lixeiramente aberto, inclinándoo sobre o peito. Remata o seu canto a finais de xuño cando os poliños saen do niño.

O canto emíteo desde unha posición elevada, aínda que non sempre, pudendo cantar no chan e voando. O macho canta inclinando a súa cabeza como impostando a voz, como un cantante de ópera, aumentando o seu volume facendo inchar e vibrar o seu peito.

Non son aves moi gregarias, a densidade normal é de 1 parella/100km2 no núcleo e 20-60 parellas/100km2 en áreas periféricas. Pódense atopar grupos pequenos, de uns 25 individuos en época de migración, ou de uns 10 exemplares para alimentarse, sempre fora da estación reproductora. É relativamente mansa e confiada, como o demostra que aniñe en edificios, pero pódese volver moi esquiva se é perseguida. Se é sorprendida en espazos abertos, por exemplo por unha ave rapaz, déixase caer contra o chan coas ás e a cola estendidas, a cabeza retorcida cara atrás e o peteiro dirixido cara arriba, facéndose case invisible. Esta postura é a mesma cando toma baños de sol. Pouca información máis hai sobre o seu comportamento.


Onde atopala

É migratoria e, en Galiza ven a pasar os períodos cálidos, desde marzal ata finais de outubro.

Gústanlle os espazos abertos, as praderías, as grandes extensións de froiteiras e as áreas semidesérticas pois báñase na area e non na auga. Tamén precisa de cavidades verticais de rochas, muros ou árbores vellas e incluso podres, para facer o seu niño nelas, por iso non se deben arrincar, senón deixalas podrecer no lugar. As áreas humanizadas, con granxas e cultivos rodeados de árbores son as ideais.
Desde o nivel do mar ata os 3.000m de altitude.

En migración atopouse en altitudes maiores: a 6.400m, en setembro no Monte Everest, e a 5.790m en Nepal en maio. Parte das bubelas europeas pasan o inverno no norte de África, a área mediterránea e unhas poucas no sur de Francia. As que nidifican no oeste de Europa, viaxan a través de Iberia e Italia, mentres que as que nidifican na metade este, móvense a través dos Balcanes.

A migración outonal prodúcese desde mediados de xullo ata finais de outubro, con picos en setembro e, incluso en decembro. A migración primaveral ten lugar a mediados de xaneiro e ata mediados de marzal, en grupos pequenos, coa excepción dun grupo duns 100 individuos no Val do Nilo.
Hai un número importante de bubelas que se quedan invernando na Península, sobre todo en Extremadura, o resto do sur e o litoral mediterráneo.

Reproducción

Forma parellas monógamas, aínda que o vínculo pode durar so unha estación e afástanse de outras bubelas para criar. A época de cría vai desde marzo a maio e pode facer unha segunda niñada en xullo.
O seu niño so ten unhas poucas follas murchas, algunha pluma ou pelo e algunha ramiña, faino en ocos de árbores podres, celeiros ou tullas, tellados, montóns de madeira ou pedras, en gretas nas rochas, en muros, pozos e paredes areosas, incluso atopouse un niño dentro dun cranio de cabalo. Este niño o pode cambiar de lugar cada ano, aínda que hai datos de niños ocupados durante 17 anos seguidos. O niño realízase con moi pouco material, unhas herbiñas, follas, pelos, plumas e refugallos. Aínda que a femia retira as feces en canto saen, o niño emana un cheiro pestilente.

Incuba os seus ovos, de 5 a 8 (de 26X18cm), durante uns 15-18 días. Ao principio só incuba a femia e o macho trae as provisións de comida, pero despois tamén colabora el. Ao pouco tempo de nacer, os poliños e a súa nai, segregan un cheiro pestilente, como a carne podre, a través da súa glándula uropigial, e tamén poden lanzar secrecións pola cloaca incluso a 60cm para defenderse dos predadores. As primeiras 2 semanas son criados pola femia e o macho trae as provisións, despois críanos os dous.

A femia pasa a noite no niño, pero o macho durme a uns 700m fronte a el. A femia quédase paralizada se observa humanos ou depredadores cerca do niño. Se está pousada nunha rama, ponse de lombo e pasa desapercibida.

Os poliños nacen cubertos de penuxe, coas comisuras do pico moi brancas e o interior dun vermello intenso para destacar nos mal iluminados niños. Na segunda semana de vida xa amosan a súa crista e as franxas negras e brancas das ás. Na terceira semana xa esperan aos pais na entrada do niño e en outra semana máis estarán completamente desenvolvidos. Os seus peteiros non serán tan longos como os dos seus pais ata moitos meses máis tarde.

A súa monogamia é moi feble e pode durar so unha estación de cría. En Europa Central o mesmo niño foi utilizado para dúas niñadas distintas, con dúas femias distintas. Non se soubo se o macho era distinto tamén, pero pode indicar os rápidos divorcios desta especie.

Se hai poucos lugares para aniñar produciranse loitas polo espacio, tanto entre bubelas como fronte a outras aves. Hai datos de niños moi xuntos, no mesmo edificio, no mesmo xardín e baixo o mesmo tellado. Esto é pouco común nunha especie que prefire estar máis espallada.

Fai un niño para a bubela:

Ten que ter unha altura total de 40cm, cun orificio de 6,5cm de diámetro e unha base cadrada de 15,5cm de lado. Tedes que poñer na base uns 3cm de area. A caixa ten que estar colgada nos meses de xaneiro ou febreiro, a unha altura entre 1,5 e 4m, nun lugar protexido, tendo coidado de na ocupen os estorniños, e estes prefiren alturas maiores de 1,5-2m. A caixa debe estar próxima a cultivos, hortas, descampados e nunca nun bosque denso.

O material recomendable é a madeira, pero vale outro con tal que non sexa metal e que sexa illante. A madeira ten que estar vernizada con productos para exteriores para que dure, alomenos, 3 anos. Recoméndase retocala de ano en ano, así durará máis. Debe estar ben fixada ao lugar escollido, para que o vento non a tire.

Qué comen

Considéranse moi beneficiosas para o home, xa que se alimentan fundamentalmente de insectos y, entre eles a procesionaria do piñeiro, acabando coas súas pupas que captura no solo co seu peteiro. Tamén pode inxerir algún vertebrado pequeno, como as lagartas, e algún vexetal como sementes, bagas, rizomas e talos.

Normalmente buscan comida no solo, peteirando superficial e repetidamente co seu peteiro en distintos ángulos para tentear. Párase e inserta o peteiro en toda a súa lonxitude para atrapar a súa presa. Tamén pode capturar presas na superficie e pode usar o peteiro para voltear obxectos pesados. A crista permanece plana mentres busca a comida.

Conservación

Ata o momento non teñen problemas de conservación, aínda que en algúns lugares estanse reducindo moito as súas poboacións polo emprego de insecticidas e pola falta de lugares onde aniñar.
En algunhas culturas tamén son cazadas e as súas cabezas son empregadas como amuletos, mentres que en moitos países está protexida e considerada como especie beneficiosa que controla numerosas pragas de insectos.

Antes aniñaba en Dinamarca, Suecia, Holanda, gran parte de Alemania e Bélxica e, en la actualidade non o fai. Pénsase que é debido a problemas co hábitat, xa que outras aves que o comparten tamén están en regresión. En Asia a situación é moito peor.

A relación co home ven de moi lonxe, atopándose a súa imaxe nos xeroglíficos exipcios. Aparece citada en obras do grego Aristophanes e forma parte do folclore.

Bibliografía e páxinas Web
:

- Baucells Colomer, Jordi e outros. 2003. Guía de las cajas nido y comederos para aves y otros vertebrados. Lynx Edicións. Barcelona.

- Burton, Philip J.K.; Gillmor, Robert; Parslow, John e Walker, Cyril A. 1981. Field Guide to The birds of Britain. Reader’s Digest. New York.

- Harrison, Colin. 1983. Nidos, huevos y polluelos de la aves de España y de Europa. Ediciones Omega, S.A. Barcelona.

- Hoyo, Josep del; Elliot, Andrew e Sargatal, Jordi (eds.). 2000. Handbook of. The Birds of. The World. Vol.. 6. Lynx Edicións. Barcelona.

- SEO/BirdLife. 1997. Atlas de las aves de España (1975-1995). Lynx Edicións. Barcelona.

Faunaiberica.org

Canto: canto da Bubela
 
 Comentarios 2
 

 
O Bieteiro 3ª Parte: Usos culinarios e lendas


Sopa de sabugueiro


Ingredientes: 800 g de froitos de sabugueiro, azucre, 3 mazás e fariña.

Cócense as baias con pouca auga. Unha vez cocidas engádese máis auga e próbase ata obter o sabor desexado. Fíltrase e engádese o azucre, férvese a lume lento e remóvese. Incorpóranse as mazás en anacos e se espera a que estean case cocidas. Retírase do lume e engádese a fariña, removendo ata obter unha boa consistencia. (M. Durruti “Frutos silvestres comestibles y venenosos” Ed. Everest ).

Marmelada de baias: póñense baias e azucre, na proporción 1:0,75 (1kg de baias e 750g de azucre) a lume lento, removendo continuamente. Enseguida queda espeso e pódese envasar

Flores fritas en masa de chulas


Ingredientes: 3 ovos, 125 g de fariña e inflorescencias de flores de sabugueiro.

Prepárase unha pasta pouco espesa de chulas con fariña, ovos, manteiga quente, auga, un pouco de mel e de sal. Nesta pasta somérxense as inflorescencias colléndoas polo pedúnculo sen cortar. A continuación sácanse e fréense en aceite ata que estean douradas. Sérvense quentes, acompañadas de compota.

Os gourmets engaden á pasta 2 ou 3 culleradas grandes de vino. (Plantas medicinales, bayas y verduras silvestres de Grau/Jung/Münker ed. Blume)

As flores pódense empanar de xeito sinxelo e acompañar a moitas comidas. Tamén pódense engadir ás ensaladas ou a moitas outras comidas.

O mollercüchle é unha comida tradicional alemana feita con flores cocidas

Alcaparras de sabugueiro


Límpanse os froitos maduros pero sen que estean brandos. Póñense en salmoira 24 horas, escórrense e métense en frascos con unhas follas de estragón. Engádese vinagre fervido pero arrefriado e cérranse os frascos, deixando repousar uns días. Despois dunha semana xa se poden tomar.

Esta preparación non é recomendable para persoas delicadas.

Xelea de sabugueiro


Ingredientes: 1500g de baias ben maduras para obter 3/4l de xugo, 1/2l de auga, 1kg de azucre para facer xelatina, 1 trociño de canela en rama e a cortiza de 1/4 dun limón.

Póñense os froitos ben lavados nunha pota coa auga. Quéntase ata que comece a ferver e, despois de algúns minutos, pásase por un coador sen prensar os froitos. En outra pota se bota o zume e o azucre, colgando no bordo unha bolsiña coa canela en rama e a cortiza do limón pero que quede somerxida . Quéntase ata ferver e faise a proba da xelatina (ao pingar unha gotiña nun prato se fai unha perla). Unha vez conseguida métese en frascos e cérranse.


Marmelada de sabugueiro


Ingredientes: 1kg de baias maduras, 500g de azucre, 540g de auga e unha pizza de canela moída.

Cócense rapidamente e na menor cantidade de auga posible os froitos limpos. Pásanse por un coador para que non pasen as sementes. Póñense nunha pota o azucre e a auga e déixanse cocer, remexendo constantemente, ata que se formen burbullas grandes. Engádese o puré dos froitos e, sen deixar de remexer, cócese ata que teña consistencia de marmelada (uns 20 minutos). Retírase do lume e engádese a canela. A marmelada quente métese en frascos e cérranse.


Bebida de sabugueiro


Ingredientes: 1,5 kg de baias de sabugueiro, 3/4l de augardente, coñac u outro licor, 750g de azucre, 4 cravos de especia, 1 ramiña de canela.

Bótanse os froitos nunha botella de colo ancho e cóbrense co augardente. Tápase e deixase repousar 6 semanas. Cólase e prénsanse os froitos para obter todo o xugo. Nun cázoa engadirlle o azucre, os cravos, e a canela. Ferver a lume lento uns 15 minutos e encher as botellas. Deixar repousar unhas semanas, canto máis repouse mellor.
Cordial (estimulante del corazón): con 2kg de azucre e 2 limóns cortados en anacos, nunha pota con 2l de auga. Quéntase todo ata que o azucre se disolva, entón déixase arrefriar e bótaselle 25 cabezas de flores. Tapar e manter 2 días. Colar e diluír con auga na proporción de 1:3.


Limoada de sabugueiro


Ingredientes para 4 persoas: 3 ramos de flores frescas, 2 limóns, auga e 3 culleradas de azucre.

Botar as flores nunha xerra grande con auga, ademais dos limóns en rodaxes e o azucre. Deixar repousar 2 horas na neveira, remexer ben e servir moi fría.


Outros usos


A madeira tenra é fráxil e non é un bo combustible, pero consérvase moitísimo tempo na auga e fora de ela, así que é moi útil para facer estacas. Hai que dixala secar lentamente.
Como é doado extraer a medula, con un simple alambre, empregouse para fabricar toda clase de canutillos para os tecedores, frautas, chifres e tiratacos, tubos e espitas para os recipientes. Esta medula branda, que so a teñen as ramas xoves e vai desaparecendo á medida que envellecen, serve para limpar de aceite e suciedade instrumentos delicados como os reloxos.

A madeira máis vella é moi dura e foi moi valorada para facer ferramentas agrícolas, instrumentos e obxectos pequenos como caixas, culleres, garfos e peites. Como está oca servía para soprar ao lume e avivalo.

A súa tona tingue de vermello, as súas follas de verde e o froito de azul, lila ou violeta, segundo o aditivo co que se mesture. Por exemplo, 500g de baias dan cor violeta empregando alumbre como mordiente, e un tono lila empregando sal común.

As flores acabadas de recoller e metidas en caixas de cartón espantan a moscas e mosquitos. Se as poñemos espalladas pola casa, protexerémonos destes molestos animais. Se as cocemos (5g/l) podemos pulverizar sobre os pulgóns. As follas espantan as moscas e pódense poñer no cabezal dos cabalos.

Como insecticida hai tamén outras receitas. Contra plagas de eirugas de mariposa férvense durante 20 minutos unhas puntas de ramas de sabugueiro de 50-60cm, engadir a mesma cantidade de auga que do líquido oscuro formado. Purlverizar sobre as eirugas sen temor, xa que non fai dano ás plantas.

O purín de follas, sen diluir, serve para espantar ratos, botándoo nas súas galerías. Prepárase macerando a planta en auga e removendo durante dúas semanas. Botándoo á terra serve tamén como medida preventiva contra moitos parásitos.
Os cultivos de liño cobríanse coas súas ramas e, así, as toupas non os levantaban. Estas ramas espalladas sobre cultivos de nabos e outras plantas, alonxan ás eirugas.

Emprego polos incendiarios como mecha.

Usos máxicos e lendas


A recollida das flores facíase, as veces, o día ou a véspera da noite de San Xoán, deixándoas fora para que fosen bendicidas e tiveran boas virtudes. Esta crenza esténdese pola Normandía, Irlanda e pola Bretaña francesa. Para outros o ideal é recollela entre San Xoán e San Pedro, e tamén na oitava de Corpus.

Na tradición xermánica e anglosaxona, está asociada a deuses benéficos, como á deusa da fertilidade, polo que as súas ramas usábanse como paos nos galiñeiros para mellorar a posta de ovos.

En Asturias a planta de San Xoán, por excelencia, é o trevo de catro follas (triskel e tetraskel) pero, en segundo lugar está o sabugueiro, colgando as súas ramas nas portas e ventás pola noite e retirándoas ao amencer, antes da saída do sol para que non perdan as virtudes. A mesma tradición atopámola en Zamora, Burgos, Cuenca, Teruel ou Cáceres.

Para as culturas celtas, é unha planta moi máxica, pois nela abríganse divindades e entidades benéficas, como as fadas e os elfos, que tamén protexen este arbusto. Maltratala ou cortala pode carrexar o castigo élfico. Para cortar algunha das súas partes hai que pedir permiso aos seus protectores e incluso dicir a seguinte súplica: “dáme unha pouca madeira túa e eu dareite a miña cando creza cerca no bosque” e cuspir tres veces.
Serve, como xa mencionamos, para espantar animais perxudiciais, e tamén para curar o “mal de ollo” no gando. Para iste remedio pásanse por riba del unhas ramas de sabugueiro e dícense conxuros.

Cóntase como o aguerrido Finn, xefe dos Fianna, nunha das súas prolíficas aventuras, foi acollido, xunto con varios dos seu guerreiros na casa dun xigante. Este prendeu lume con madeira de sabugueiro e o fume fíxolles ter visións infernais. Por iso, a pesar de estar tan relacionado coa noite de San Xoán, non é partícipe das cerimonias das fogueiras.
Polo visto, ten propiedades alucinóxenas e empregábase en cerimonias de profecía e adiviñación.

Nos temas funerarios tamén ten algunha propiedade, xa que foi plantado nas tumbas de algúns celtas. Se florecía a alma da persoa da tumba era feliz na terra da xuventude, "Tir na N’Og" para os celtas.

O viño que se facía co sabugueiro considerábase como o último regalo sagrado da terra, e so debían bebelo os druídas ou druidesas. Vertíase sobre os lugares sagrados e, cando había sacrificios humanos, que os había poucas veces, bebíano os sacrificados para rexenerar o corpo e o espírito, unha vez chegados ata os deuses.

Coa chegada do cristianismo, perdeu este benignidade e foi acusado de ser a árbore coa que foi crucificado Xesús , onde aforcouse Xudas ou que é unha reencarnación dunha bruxa. Con esta mala fama, non é raro que fora empeorando o trato cos humanos, pasando a ser mera leña e o seu froito ser considerado maléfico dándolle novos nomes como “uvas de bruja”. Incluso o famoso Shakespeare, no puido escapar deste influencia e nunha das súas obras o considera símbolo de desgracia chamándoo "fedorento sabugueiro". Tanto influencia tivo o cristianismo no mundo celta que, na actualidade ningún clan dun pobo celta ten no seu emblema un sabugueiro e os agricultores arráncano sen piedade, considerándolo unha mala herba.

Bibliografía e páxinas web:

Abella, Ignacio. 2001. La magia de los árboles. Simbolismo. Mitos y tradiciones, Plantación y cuidados. Ed. RBA- Integral. Barcelona.
Araújo, Joaquín e Alonso, Regla. 1999. La sonata del bosque. Lunwerg Editores, S.A. Barcelona.
Font Quer, Pío. 2005. Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. Ed. Península. Barcelona.
García, Xosé Ramón. 1979. Flora de Galicia. Ed. Follas Novas.
Holden, Edith. 1990. Diario ilustrado sobre la naturaleza. Ediciones Folio, S.A. Barcelona.
Grau, Jung & Munker. 1985. Plantas medicinais. Baias, verduras silvestres. Editorial Blume. Barcelona.
McIntyre, Anne. 1994. Hierbas. Guía práctica para las soluciones a los problemas más frecuentes. Ediciones Folio, S.A. Barcelona.
McIntyre, Anne. 1992. Medicina popular y tradicional. Guía práctica para las soluciones a los problemas más frecuentes. Ediciones Folio, S.A. Barcelona.
Niño Ricoi, Enrique e Silvar, Carlos. 1997 Guía das árbores de Galicia. Baía Ed.
Rigueiro, Antonio e outros. 1996. Guía das plantas medicinais de Galicia. Ed. Galaxia. Vigo.
Schnitzer, Rita. 1985.Las virtudes de las plantas. Elfos Edicións. Barcelona.
Tadei, Debora e outros. 2006. El gran libro de los alimentos. Círculo de Lectores, S.A. Barcelona
Varios, equipo da Revista Cuerpomente. 2001. Plantas que curan. Ed. RBA. Barcelona.
Varios, equipo da Editorial Servilibro S.A. Gran Enciclopedia de las Plantas medicinais, aromáticas y culinarias. Aplicaciones y efectos. Madrid.

http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/slorenf/arb75.htm
http://commons.wikimedia.org/wiki/Sambucus_nigra
http://orbita.starmedia.com/plantamed/sauco.htm
http://www.sierradebaza.org/principal_04-10/notic1_04-10.htm
http://www.vivelanaturaleza.com/botanica/sauco.php
http://www.arbolesornamentales.com/Sambucusnigra.htm
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=466
http://www.dsalud.com/numero78_6.htm
http://www.telepolis.com/cgi-bin/web/DISTRITODOCVIEW?url=/losceltas/doc/ruedacelta/arboles/13ruis.htm
 
 Comentarios 2
 

 
O Bieiteiro, 2ª parte: Os seus usos mediciñais
Esta é unha planta que pode ser considerada como unha farmacia rural, xa que foi utilizada para múltiples afeccións en lugares afastados das cidades. Entre as súas virtudes iclúese o seu valor como espantadora de roedores, sapos, serpes e píntegas, por unha banda, e de moscas mediante ramas colgantes, por outra. Nas súas ramas albérganse niños de avespas depredadoras de pulgóns e eirugas.

Empréganse con máis frecuencia as flores, recolléndoas en maio ou xuño e deixándoas secar á sombra nun lugar ben ventilado. As súas virtudes inclúen remedio para os problemas gripais en xeral e as inflamacións. Tamén contra as manchas da pel.

As flores poden facer suar e calmar a tose, quitar as manchas da cara das embarazadas e diminuír edemas e inflamacións das enzivas ou de outra parte do corpo. Pódense lavar os ollos coa súa infusión e tamén as feridas, as hemorroides, as queimaduras e os eccemas. Son boas para aliviar o glaucoma e as cataratas, co vapor procedente da cocción dun puñado de flores secas pódese aliviar a dor de oídos. Con cataplasmas calma as dores de sabañóns, hematomas, contusións e torceduras. Como é máis coñecida é polas súas flores pectorais, sanadoras de afeccións respiratorias.

As follas córtanse dos brotes do ano, en maio e empregábanse como laxantes.
A tona como purgante e diurética, e citada como un antigo tratamento contra a epilepsia, é mellor apañala durante o outono, escollendo ramas de dous anos e pelándoas ata atopar a parte verde e tenra do interior, que é a que se seca.
Os froitos apáñanse a finais do verán ou en outono e se lles extrae o zume acabados de coller para aliviar as migrañas. A raíz é empregada nas enfermidades do ril.

As follas eran trituradas cun morteiro de pedra para extraer a esencia e facer un zarope. Hai quen recomenda as follas secas fará facer cigarrillos e deixar de fumar e quen as queima como insecticida. A súa infusión tamén figura como repelente de mosquitos e, se cubrimos as plantas con ela as protexeremos de pulgóns e orugas. Fotándoas sobre a pel aliviaremos a picor das ortigas.

A tona tenra é depurativa (pode facer vomitar) e os froitos, en zarope ou viño, poden aliviar a ictericia e a gota, son depurativos, laxantes e antineurálxicos. Ambos recóllense entre setembro e outubro.

No Chile colonial empregouse para curar afeccións do sistema nervioso, como temblores, parálise y convulsións.

Un home que viviu uns 120 anos atribuía a súa lonxevidade a que tomaba tódolos días zarope de sabugueiro.

Foi empregado incluso para curar o moquillo dos cans, atándolles ramas tenras ao pescozo ata que sanaban.

As flores son unha exquisitez gastronómica, cocidas, rebozadas ou fritidas e as súas baias dan unha confitura moi sabrosa e danlle unha cor vermella intensa ao viño e sabor a moscatel.

SUXERENCIAS PARA O SEU USO

As infusións e as coccións serven para beber, facer gargarismos para a boca e a gorxa ou lavar os ollos e a pel. Os xaropes tamén se fan para beber, e as compresas serven para aplicalas sobre a parte do corpo que ten molestias.

Infusións: Dúas culleradiñas de flores frescas ou secas nun 1/4l de auga fervendo. Deixar uns minutos e tomar tres cuncas ao día. De forma similar prepárase a infusión de follas, con dúas culleradiñas rasas, pero non ten un cheiro moi agradable.

Se preferides medir as cantidades por gramos, ferveredes, durante 10 minutos, 20g de follas ou flores secas, por litro de auga, e as deixades repousar uns minutos. Outras referencias falan de empregar 5g por cunca e beber as veces que se queira.

Esta infusión, ademais de beberse, é boa para lavar os ollos, en caso de conxuntivite, e a pel con lesións infecciosas ou con manchas de embarazo. É útil para facer gargarexos, en caso de farinxite ou amigdalite, e para facer enxaugues en caso de xenxivite e úlceras na boca.

Se a auga que leva as flores é destilada, pódese empregar como limpador facial.
A decocción de 8g de follas frescas en 0,5l de auga, filtrado é bo para conseguir un rendemento óptimo dos nosos riles se inxerimos media cunca en xaxún todos os días.

Cocendo os froitos faise unha bebida depurativa e cocendo a tona unha bebida diurética. As baias poden cocerse con azucre, canela e cravo e mesturarse con compota de mazá ou outras froitas.

OLLO!: Nunca debedes tomar máis de 4 cuncas de infusión de tona ao día, pois pode facer de poderoso purgante. Coidado tamén cos froitos crus, xa que en grandes cantidades poden provocar náuseas e intolerancia dixestiva. Hai que ter coidado coa inxestión de raíz e tona, xa que poden ser moi laxantes e é mellor que sexa o médico o que fixe as tomas, e non son aconsellables para as embarazadas.

Mesturando esta infusión cunhas gotas de equinácea (Echinacea sp.) reforzarase o voso sistema inmune e previredes os constipados e as gripes. Se xa os padecedes, unha boa infusión de sabugueiro contribuirá a superalos máis axeitadamente. Se hai febre e tose, recoméndase engadir á infusión un pouco de menta e mel.
Tamén pode mesturarse con tileiro, manzanilla, herba formigueira (Chenopodioum ambrosioides L), uña de cabalo (Tussílago farfara L.), etc..

As compresas serven sempre para uso externo. Fanse cun pano limpo de algodón que se empapa en infusión, mollando a pel con elas, tanto para baixar a febre como para calmar as dores de cabeza, as contusións, torceduras ou os hematomas.
As cantidades de sabugueiro, por tratarse de uso externo, poden ser maiores: 60-80 g nun litro de auga e cocer uns 10 minutos.

Ás veces coas compresas emprégase o vinagre en lugar da auga, como para as dores de cabeza, remollándose nel un puñado de flores frescas uns 15 minutos, e aplicándose sobre a fronte.

As cataplasmas fánse con follas machacadas colocadas sobre feridas, rozaduras ou magulladuras. Feitas po pódense esnifar polo nariz e deteñen as hemorraxias nasais.

Coa tona, machacada nun morteiro tamén, pódese facer un ungüento para calmar as dores, o reuma e as quenturas. Tona e raíz serven para facer pomadas moi axeitadas para os eccemas e a psoríase. Coas flores tamén se fai con 100g de manteiga fundida nunha tixola, engadindo flores de sabugueiro, de hierbacana e ajenjonas mesmas cantidades, cocendo unha media hora e removendo moito. Cólase bótase nun recipiente, cóbrese con papel encerado, tápase e gárdase na neveira para cando se produzan feridas na pel.

O xarope prepárase cunha parte de xugo de froitos (ou de tona fresca) e dúas de mel. Férvese todo a lume lento ata que espese un pouco, cólase e tómanse tres culleradas (en tres veces) ao día cando hai problemas respiratorios ou dor na gorxa. Outras receitas aconsellan cocer os froitos, ben lavados, coa cuarta parte de auga (ata que cobra os froitos) a lume lento ata ferver e que se abran, para extraer o zume. Déixase arrefriar e engádense 400g de azucre por 500ml de zume, engádese un pouco de xenxibre machucado e déixase ferver unha hora e media. Arrefriar, embotellar e gardar nun lugar fresco.

Tamén pódese face un xarope para gardar con follas trituradas con morteiro ata obter unha esencia, dilúese 50g desta esencia nun litro de auga e engádeselle mel ou azucre.

Outros tipos de aplicacións poden ser en forma de zume, tintura, extracto fluído, pos, marmelada, licores, oleolito, liparolito, etc. É unha planta una planta moi usada na industria para a obtención dunha axeitada para perfumar os alimentos e os viños e licores.

AS PREPARACIÓNS DAS PLANTAS MEDICINAIS

Extractos, resultan dun proceso que incorpora as substancias activas dunha droga a un líquido, en forma de disolución. Poden obterse en frío ou en quente, con auga, alcol, éter, outros disolventes ou unha mestura de varios. Moitas veces o extracto concéntrase e espésase. Segundo a súa densidade distínguense extractos
líquidos, fluídos, densos e secos.

Maceración, é un proceso de extracción a temperatura ambiente ( a uns 15-20ºC), empregando auga, viño ou alcol, en proporcións de 1 parte de planta por vinte de líquido. Déixanse as partes das plantas que interesan a remollo nestes líquidos un tempo variable. En auga non deben estar moito tempo pois fermentan e pode formarse moho, así que atopamos recomendacións de maceración entre media hora (plantas con mucílagos) a 12 horas (aromáticas).

Percolación, realízase tamén a temperatura ambiente pero cun líquido en movemento. É o método empregado para eliminar toxinas.

Dixestión, é unha extracción a temperatura máis elevada, pero nunca por encima dos 50ºC, normalmente a 35-40ºC, durante tempos que van da media hora ata as vintecatro. Hai que axitar de cando en vez. Emprégase con partes duras ou con plantas que teñen substancias pouco solubles.

Infusión, é o proceso máis coñecido pero, convén recordar que trátase dunha extracción de substancias de vexetais finamente triturados en auga fervendo, nunca cocéndoos con ela, só vertendo unhas porcións destes fragmentos nesta auga e deixando repousar uns 15 minutos nun recipiente tapado. Fíltrase ou cólase e se bebe o líquido.

Decocción, é unha extracción en auga fervendo uns 15 minutos coas partes vexetais fraccionadas cocendo con ela. Se a cocción se fai con partes moi duras o fervido pode durar máis de 1 hora e hai que repoñer a auga evaporada. Normalmente fíltranse e non se almacenan, tómanse no momento ou, como moito en dous ou tres días.

Tintura, son extractos de substancias vexetais obtidos mediante diversos disolventes: auga, alcol, viño, ou éter. Prodúcense líquidos de distintas coloracións, de aí o seu nome. Hai tinturas simples, feitas con unha soa especie, e tinturas compostas, mesturando varias especies. Para obter a tintura primeiro é necesario disolver, macerar ou percolar. Un exemplo de obtención de tintura pode ser o seguinte: para facer tintura de genciana, macérase a temperatura ambiente 200g desta planta en 950g de alcol al. 60% nun recipiente cerrado e en escuridade, durante 7 días, axitando e revolvendo de cando en vez. Aos 7 días filtrar a presión e completar o volume perdido engadindo un pouco de alcol humedecido na droga exprimida, e volvelo a exprimir. Poden ter uso interno ou externo.

Vinagre aromático, é unha tintura a base de alcol e vinagre.

Aceite medicinal, solucións de drogas ou outros productos medicinais nun aceite graxo.

Linimento, preparados líquidos ou xeles que se licúan coa calor do corpo, con productos medicinais en solución, emulsión ou suspensión.

Ungüento, é un preparado brando que se aplica externamente. Levan un composto graxo, como vaselina, aceite, lanolina, ademais do composto vexetal.

Augas aromáticas, son solucións con auga, aceites esenciais e un pouco de alcol, que se deben usar despois de un mes desde a súa preparación. A auga carminativa (contra os gases) faise así: esencias de alcaravea, limón, cilantro, fiúncho e menta (0,1g de cada) engadidas a 2,4g de alcol de 95º e 5g de talco. Axitar con 1l de auga e filtrar.

Xarope, é unha solución concentrada de azucre en auga ou en extractos. Empréganse sobre todo con nenos.

Píldora, é un preparado sólido que leva a substancia activa e outros aditivos vexetais, como regaliz, valeriana, levadura, genciana ou malvavisco. A súa forma debe ser esférica e deben ser algo duras. Para evitar que se peguen entre si, rocíanse con esporas de licopodio ou raíz de regaliz. A súa preparación é laboriosa pois hai que facer unha masa que despois é cortada cun pildoreiro.

Inhalacións, substancias gasosas ou volátiles, ás veces po moi fino. Aplícanse no aparello respiratorio inhalando e incluso fumando.
 
 Comentarios 2
 

 
O Sabugueiro, bieiteiro (Sambucus nigra L.)
O nome é unha variante do seu nome latino, sambucus, que deriva de sambuca, un instrumento musical romano, semellante á arpa e que se constuía coa súa madeira. O nome de bieiteiro procede de bendo e bieito por bendito, aludindo á súa bendición o día de San Xoán.
Cómo é
É un arbusto de 2 a 4m de altura, que pode presentar aspecto de árbore e chegar ata os 10m unha vez podado. As súas ramas son de cor parda clara. É caduco e as follas compostas nacen nas polas do ano, unhas fronte ás outras, cun un número impar de foliolos (5 a 7) de borde serrado en cada folla.

Gústalle crecer cerca dos regatos, en sebes e ribazos pero, como é tan resistente, podedes atopalo cerca das vivendas, resistindo que o corten unha e outra vez e incluso que o queimen.

Nacen novos vástagos todos os anos. A corteza xoven amosa ollais ou verruguiñas (lenticelas), a vella está moi arrugada e ten moitos sucos. A súa medula é moi abundante, branda, esponxosa e branca nas polas xoves e utilízase en técnicas de microscopía para preparar seccións de tecidos. Os nenos quitábana e, con anacos de ramas, facían tiratacos e silbatos.

En Cataluña chámanlle o “bon arbre”, a boa árbore, e a plantaban á redor dos fogares para que lles trouxera sorte e poder ter cerca esta “botica” vexetal.

Coñécense parte dos seus usos desde o Neolítico e os homes primitivos xa inxerían as súas baias. Atópase espallada por todos os continentes pero en América foi levada polos españois e estendeuse tanto que crece incluso nos Andes.

Cando o ser humán comezou a traballar a terra, o sabugueiro, gracias a unhas substancias chamadas auxinas, favorece o crecemento dos vexetais que o acompañan, aínda que debaixo del non se dan ben moitas especies pois ten unha sombra moi tupida.

Pode chegar aos 100 anos.

CONFUSIÓNS Co seu parente chamado engo o sabugueiriño (Sambucus ebulus), con froitos moi parecidos pero velenosos. Teñen case as mesmas propiedades medicinais, agás nos froitos. Non é fácil de confundir pois o sabugueiro é un arbusto e o engo e unha planta herbácea de no máis de 2m de alta.

Flores e froitos
As flores, de 4 a 5mm, aparecen de febreiro a maio, formando grandes ramalletes brancos nos extremos das polas xoves, en grupiños onde todas chegan á mesma altura, e que semellan estreliñas perfumadas de cinco puntas. Ten 5 estambres e un cáliz que, aínda que ten forma de tubo, tamén se abre en cinco puntas. Caen con gran facilidade, adornando o voso cabelo se pasades por debaixo e as rozades.

O froito é unha boliña de 6 a 8 mm, vermella e tóxica ao principio e negra e comestible cando está madura, normalmente en setembro. Ten dentro as sementes en número de 3 a 5. É insípido, polo que é mellor tomalo en forma de marmelada, zarope ou viño. Non se debe abusar do seu consumo en cru, é mellor cociñalo.

Reproducción e cultivo
Cultivouse en moitos xardíns pois, aínda que as súas follas non cheiran ben, cúbrese de preciosas flores brancas que ofrecen alimento a moitas aves ao transformarse en numerosas baias.
Prefire as zonas soleadas ou con sombra parcial pero crece en todo tipo de condicións: solos pedregosos, ruínas e escombros, contaminación e tamén sombra espesa. Reprodúcese pos escallos ou sementes tanto en outono como en primavera pero hai que retirar a polpa do froito, xa que inhibe a xerminación.

Escallos: Arraiga con moita facilidade cravando unha rama de 50 cm que teña uns 2 años (distínguese polas marcas da tona). Hai que deixar que asome 20-25cm por encima do solo e procurar que este teña suficiente humidade. Outros autores consideran que os escallos de madeira branda, recollidos a principios de verán son a mellor forma de reproducción.

Serpollos tomados á redor da planta nai e trasplante a comezo de primavera.

Xerminación: Tamén é doada pero hai que retirar a polpa dos froitos maduros pois inhibe a xerminación.

É unha planta formidable para facer sebes sólidas, pero formadas só por sabugueiro, xa que o seu vigor tan forte non deixa crecer ben a outros arbustos. O seu cheiro espanta a moitos animais.
 
 Comentarios 2
 
USUARIOS
 
 
Usuarios rexistrados:343
 
Usuarios en liña
Convidados:1
 
 
PATROCINADORES
 
 
 
 
BLOGS
 
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS
 
 
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
 
O ceo sobre as herbas... O lamentable estado do local parroquial xestionado por Cáritas
Perry Mason dixo: ...
As campañas vaticanas asesinas
para que en ...
 
Retallos de intrahistoria barcalesa: Franco no Val de Barcala
Perry Mason dixo: ...
Mi ma que susto me levei
logo dun tempo sen ...
 
candepalleiro dixo: ...
Non deixa de ser curioso que en poucos dias en Val ...
 
Lueiro dixo: ...
Meus parabens Daniel.

Unha das mell ...
 
 
LIBRO VISITAS
 
 
Ver todos os comentarios
 
Bo dixo: ...
De feito, bravo por La 2. Teño entendido que esta temporada nos agardan bastantes sorpresas cultura ...
 
Lueiro dixo: ...
Gris! eso é unha sorte meu bo amigo Bo!

Pois La2, a tv dos animáis... por sempre r ...
 
Bo dixo: ...
Qué gris comenzou esta semana o ceo barcalés!
Que non se nos contaxie o humor. Deixo os so ...
 
Bo dixo: ...
Onte foi unha noite románica moi longa, e hoxe entro ao libro de visitas a hurtadiñas pola porta ...
 
Lueiro dixo: ...
Destino de caballero, moi apropiada elección nestos días de festas medievais (xa na Pontevedra de ...
 
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
 
 
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
 
candepalleiro dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
 
candepalleiro dixo: ...
" WHISKY MAN" candepalleiro dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
 
candepalleiro dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
 
candepalleiro dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
 
candepalleiro dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
 
Os debuxos da túa vida
Lueiro dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
 
Feira do Románico de Negreira
Lueiro dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...
 
Películas recomendables (todas as épocas)
Lueiro dixo: ...
Onte desfrutei de "El amante del amor" ( ...