Comentarios 0
Meu lindo país
Ao campesino, todo terra, todo vida
A Rosana,a Manuel
Neste Día das Letras Galegas, aparte do noso poema habitual queremos facer un resumo biográfico e bibliográfico do noso poeta: Xosé Manuel López Ardeiro, naceu en Logrosa en 1944. Dende sempre as súas afeccións estiveron relacionadas coas actividades sociais e culturais. Foi membro fundador da Asociación Alfonso Eanes de Negreira (22 de Decembro de 1976) e tamén da Asociación Alén do Mar (fundada o 3 de Novembro de 1995) que pretendía axudar ós cubanos e cubanas de orixe Barcalés. Ardeiro sentía por Cuba un afecto especial e viaxou alí varias veces, a última en novembro do 2007 concidiu coa celebración do Centenario da Asociación Unión Barcalesa da Habana. Así mesmo tamén estivo na vida política de Negreira (partido Esquerda Galega) e formou parte do Orfeón Terra Nosa. Os que o coñecían, din del, que tiña un gran sentido do humor e que era gran amigo dos seus amigos. A súa primeira obra saíu á luz en 1981 "Na néboa dunha esperaza" gañador do concurso Literario "Cidade de Ourense". Neste libro adicou un poema a Celso Emilio Ferreiro e outro a Curros Enríquez. Para él foi o seu libro preferido. "En bela sombra de Amaranto" foi publicado en 1985 e levou ese título porque a cor crepuscular (amaranto) inspirou a Ardeiro en moitos momentos. Neste libro ten sendos poemas adicados a Pondal e Rosalía. O noso poema de hoxe pertence a esta obra. No medio ano en que Ardeiro viviu en Zas (1986) xurdiu "O matiz esmeralda da sombra" publicado uns anos despois, no 1991. Voltou a usar "sombras" no seu seguinte libro "Sombras e outras presencias" que se publicou en 1992 e que puxo fin á súa etapa "sombría". En 2001 chega "Un xardín no tempo" que é como un diario das viaxes que fixo (sobre todo a Latinoamérica), con poemas adicados á Habana, ós Andes... Por último, en 2005 publícase "Versos de ausencia e desagravio". É coma unha recopilación da súa vida, fala da súa familia, dos seus fillos que foron medrando (de ahí o de ausencia) dos seus compañeiros de traballo no Rexistro de Negreira...
(Novembro, 1983)
Comentarios 1