Martes, 07 de Setembro de 2010
CURIOSIDADES
FESTAS E EVENTOS
PROXIMAMENTE
Festa de A Baña
San Vicente
Calendario completo
NOVAS
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
CONTIDOS
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
OUTRAS WEBS DO VAL
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
FOTOS DO VAL
ARQUIVO
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
Reciclaxe dun sobre electoral
O noso curioso Val non deixa de ofrecer novas día tras día. Algunhas relevantes de ámbito político. Outras, de interesantes actos culturais e sociais. Pero de vez en cando tamén chegan á redacción desta web aconteceres sinxelos da vida cotiá dos nosos veciños que nós consideramos non menos importantes que as celebracións de plenos, festas, eventos deportivos, etc, pois son esas pequenas cousas as que nos definen coma pobo.
Así, onte chegou azarosamente ás nosas máns unha mostra da capacidade de reciclaxe que os veciños do
Val de Barcala
posúen xenéticamente.
Como se pode ver na foto, unha nota recomendatoria ao que supoñemos un familiar, veciño ou amigo, foi escrita nun ata ese momento desperdiciado e reservado sobre das
Eleccións ás Cortes Xerais para o Senado do ano 2008
.
Pode soar a demagoxia inxenua, pero ás veces gústanos imaxinar que nunca un sobre destas características e función electora foi mellor empregado que nesta ocasión.
Agardamos de corazón que as plantas non secaran!
Ler máis...(Comentarios 0)
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Coitadiñas especies voadoras de arbitrarias sigraduras, as maleducadas moscas da calor, desafían no estío do tempo ás belicosas tentativas de estrullamento.
Brevemente líamos onte na prensa dixital galega a gloria do paseo fluvial de
Negreira
, -non estreado, por todas partes aberto, obrado e en obra- e entre as letras que se referían ás verbas do alcalde, advertíamos aquela que decía das árbores que morreron no leito mesmo do río por mor dos pasados temporais e que alí, no colmo do óbito vexetal con rego contínuo, están á espera de solicitar o permiso a Medio Ambiente para ser retirados cara un pasamento digno...
Máis, co maxín vacacional, a ninguén se lle escapa que dificilmente o temporal, todo rudeza e poder, pode imitar as aqueladas formas da serra a motor, e non somos os primeiros ós que nos parece que as polas, de cortes limpos e artificiosos como se ve na imaxe... foron deixadas pola inconsciencia... ¿de quen?...
Máis é menos, e non deixa de ser penoso, que haxa que pedir permiso para retirar o sobrante das árbores, pero non para recoller a leña, como ben se aprecia na foto de abaixo, onde houbo unha árbore en evidencia de arrancamento tempestivo, á que, sen embargo, se lle liberou das sabias formas ramales, sen permiso do ambiente e con medios escasamente naturais.
¿Quen?
Valdebarcala.es, libre webera barcalesa, non ten espíritu de comparsa nen vocación de títere.
Unha mosca non pode tragar.
Ler máis...(Comentarios 3)
As obras do paseo fluvial: Nova face para o muíño de Negreira
Daquelas cousas que ten o lecer de
valdebarcala.es
, webera vocacional pero tamén vacacional... -como non podería ser doutro modo nestos tempos que nos tocan de amor ó arte e sumisión extrema á ociosidade-, camiñou -ou paseou... segundo se mire-, polo fluvial sendeiro de
Negreira
feito e non aberto de modo oficial nos últimos tempos por orde do
Concello de Negreira
, no barcalés
Río Negreira
, composición acuosa e coordinación no curso, dos Ríos
Barcala
e
Albariña
.
Tal foi así que, tal e como é esta sociedade aberta e plural, descubrimos formas e pareceres... sombras e luces entre as que destacamos, coma primeiro impulso e avance, -pois o conglomerado ou zohorra tuneada aínda non está rematada-, a estupenda e agradecida restauración do antigo muíño de
Negreira
-que tantos segredos gardará...- que loce así de ben despois da súa destacada posta en lustre. E como esta webera, fotógrafa incansable, mantiña no arquivo o estado anterior, pensamos que é boa ocasión para amosar a todos os valdebarcaleses militantes da webera, a diferente posta e ganancia patrimonial, con plusvalía evidente, do novo muíño. Cousa boa para o contento. Bo traballo.
Máis, e decíamos das sombras...
Tamén no camiño -ou paseo-, atopamos a veciños barcaleses que nos fixeron formal queixa do suposto tratamento que o
Concello
dispensa ós propietarios dos predios lindantes... poñendo por caso, comprobado
“in situ”
por esta marca dixital do punto es barcalés, do cerramento impecable co que o concello pechou os lindes do paseo coa propiedade dun propietario en concreto, e como outros, que solicitaron o mesmo beneficio público, quedaron coa pailana face que poñen os que piden e non lle dan... xustiza.
Así a cousa,
valdebarcala.es
, en vacacións daquela maneira, esto é, con aparicións que serán coa frecuencia que se poda, -e oxalá sexa de forma diaria-, fai promesa de seguimento do asunto, pois nada pode máis a esta web que unha inxustiza feita con cartos. O descoñecemento pode á imprudencia, pero oxalá que a cousa teña explicación ponderada baixo os criterios da lóxica e o senso común.
Polo de pronto, a imaxe do paseo é excelente, e o muíño quedou impecable.
PS: Mágoa do seu veciño da fronte, que non tivo a sorte de paso e durme o sono do esquecemento... resistindo o paso dos anos embuído na ruda e bravía vexetación.
Ler máis...(Comentarios 0)
O Blog verde do Val de Barcala. "Actividades para todo ano", por Aurora Puentes
O lugar dixital donde aprender a desfrutar do verdor natural da nosa provilexiada contorna, o blog verde do
Val de Barcala
, virtude escrita para esta web 100% barcalesa, pola bióloga
Aurora Puentes
, xa está de novo de actualidade nesta webera.
Hoxe,
Aurora
achéganos no seu blog un excelso artigo, de enorme valor didáctico para todos, no que nos ensina a distinguir gran parte das árbores presentes na nósa bisbarra barcalesa a través das súas follas. Elaborado artigo ilustrado por unha impresionante colección de follas recolectadas pola propia autora, e escaneadas expresamente para a súa divulgación e adoctrinamento, o que convirte o artigo de hoxe, nunha lección maxistral e exclusiva, sobre as follas das árbores que podemos atopar nos nósos montes e incluso no propio núcleo urbán da vila de
Negreira
.
Para desfrutar e aprender do excelente artigo escrito pola profesora
Aurora Puentes
, só tes que facer un verde e ecolóxico “click” no ler máis de abaixo.
Ler Máis, no BLOG VERDE DO VAL
.
Ler máis...(Comentarios 1)
O supergrupo barcalés "Pitman Rock Classics" no Nicrarock 2010
Cortesía de
Oscar Martínez
, -o benquerido usuario valdebarcalés
Oscarphil
, cantante e guitarra dos
Marmota Phil
e baixista nos
Pitman
-, publicamos un estupendo vídeo colgado por
Oscar
nesa ferramenta xa indispensable para a ciberdadanía universal que é o portal de videos "on line"
youtube
.
Asimesmo, tamén cortesía de
Oscar
, podemos ofrecervos unha pequena galería de fotos dos xa emblemáticos
Pitman Rock Classics
barcaleses, Supergrupo da bisbarra que actuou no
Festival do Nicrarock 2010
.
Accede á galería de fotos facendo "click" no enlade de abaixo.
GALERÍA DE FOTOS dos "Pitman Rock Classics" no NICRAROCK 2010.
Ler máis...(Comentarios 3)
USUARIOS
Usuarios rexistrados:
343
Usuarios en liña
Google [Bot]
Convidados:
1
PATROCINADORES
BLOGS
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
ÚLTIMOS COMENTARIOS
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason
dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
O ceo sobre as herbas... O lamentable estado do local parroquial xestionado por Cáritas
Perry Mason
dixo: ...
As campañas vaticanas asesinas
para que en ...
Retallos de intrahistoria barcalesa: Franco no Val de Barcala
Perry Mason
dixo: ...
Mi ma que susto me levei
logo dun tempo sen ...
candepalleiro
dixo: ...
Non deixa de ser curioso que en poucos dias en Val ...
Lueiro
dixo: ...
Meus parabens Daniel.
Unha das mell ...
LIBRO VISITAS
Ver todos os comentarios
Lueiro
dixo: ...
Que bo tema o de Norah Jones. E claro que podemos sentarnos ó fente do historio catódico... previo ...
Bo
dixo: ...
De feito, bravo por La 2. Teño entendido que esta temporada nos agardan bastantes sorpresas cultura ...
Lueiro
dixo: ...
Gris! eso é unha sorte meu bo amigo Bo!
Pois La2, a tv dos animáis... por sempre r ...
Bo
dixo: ...
Qué gris comenzou esta semana o ceo barcalés!
Que non se nos contaxie o humor. Deixo os so ...
Bo
dixo: ...
Onte foi unha noite románica moi longa, e hoxe entro ao libro de visitas a hurtadiñas pola porta ...
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro
dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
candepalleiro
dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
candepalleiro
dixo: ...
" WHISKY MAN"
candepalleiro
dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
candepalleiro
dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
candepalleiro
dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
candepalleiro
dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
Os debuxos da túa vida
Lueiro
dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
Feira do Románico de Negreira
Lueiro
dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...
Películas recomendables (todas as épocas)
Lueiro
dixo: ...
Onte desfrutei de "El amante del amor" ( ...