Martes, 07 de Setembro de 2010
CULTURA
FESTAS E EVENTOS
PROXIMAMENTE
Festa de A Baña
San Vicente
Calendario completo
NOVAS
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
CONTIDOS
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
OUTRAS WEBS DO VAL
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
FOTOS DO VAL
ARQUIVO
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
O curso 2010/11 da Escola Municipal de Música. Inscripción ata o 17 de Setembro
Terras barcalesas de musicais tons de verde orballo tinguidos, arrebatador son de acompasados regatos miúdos e frondosidade de ramas axitadas en asincopados movementos... composición da sintonía de natureza barcalesa, o maior prodixio musical da Galicia interior.
Namentres a ilusionante plataforma
Máis Música!
seguirá movilizándose neste curso para dotar por fin á comarca dun conservatorio profesional de música que faga medrar cultural e socialmente á bisbarra, ata o
17 de Setembro
, feira medieval mediante e víspera da paella xigante, está aberto o prazo para a inscripción no
curso 2010-2011 da Escola de Música Municipal de Negreira
.
Ler máis...(Comentarios 4)
Ágora. O blog histórico de Manolo
Para os que facemos
Valdebarcala.es
o que máis nos enche de satisfacción é dar a coñecer as bondades da nosa terra e as cualidades dos nosos veciños.
Por iso hoxe estamos de noraboa, ao presentar o blog dun dos nosos máis queridos e admirados amigos da webera e do pobo de Negreira,
Ágora (prazadocoton.blogspot.com)
de
José Manuel López Tuñas
,
Manolo
para nós.
Imprescincible ágora da cidadanía internauta global que recolle os escritos, recordos, pensamentos e anchos saberes que
Manolo
atesoura e tan ben describe con letra, tanto de Negreira e Galicia coma doutros rincóns da terra. Relatos extraídos da súa inqueda e curiosa memoria particular que sempre rematas de ler coa sensación de ser un pouquiño máis coñecedor do que aconteceu e acontece fóra do noso exclusivo ámbito persoal que en demasiadas ocasións nos semella que é o único que existiu, existe e existirá.
Extensa base de datos ben acompañada de impresionantes e incunables fotografías do seu arquivo persoal, para mellor reflexar os acontecementos aos que fai referencia nos artigos.
Recomendamos encarecidamente non perdades a ocasión de pasarvos pola buliciosa praza cibernética de
Manolo
, ó que xa lle agradecemos que en máis dunha ocasión nos deixara acaparar algúns dos seus impagables artigos para esta recolledora e sementeira páxina barcalesa.
Ler máis...(Comentarios 1)
Das matrículas para Curso 2010/11 no IES "Xulián Magariños"
A máquina docente do
Val de Barcala
, o
IES
“Xulián Magariños”
, ben levado da traballadora man do seu director, o profesor
Adelino Pose Reino
, como en anos anteriores, ofrece tamén para este vindeiro curso entrante
2010/11
, o
Ciclo Formativo de Grao Medio de Comercio
e un
Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos
, cursos para os que, a día de hoxe, aínda quedan prazas libres para a inscripción na enxebre, tranquila e fermosa vila de
Negreira
, prazas que nembargantes, se agarda sexan cubertas nos próximos días polos alumnos que ateigan a lista de espera nos centros educativos de
Santiago de Compostela
e que tamén ofertan estos mesmos Ciclos Formativos, pero xa sen prazas disponibles.
En canto á
Escola de Idiomas
, e como era esperado, temos que informar de que foi todo un éxito de matriculados nos primeiros prazos de preinscripción.
Para coñecer a realidade actual de como están os asuntos das matrículas no
IES
“Xulián Magariños”
, só tes que facer un fermoso e sonoro “click” no
ler máis
de abaixo, onde cargarás unha aclarativa nota de prensa na que o propio director do
IES, Adelino Pose Reino
informa ó pobo barcalés, de todos estos asunto docentes.
Ler máis...(Comentarios 0)
“Títeres da Vía Láctea” chega a Negreira
Barcalés, non te podes perder hoxe o espectáculo titiriteiro que terá lugar en Negreria!
Os títeres, tan antigos que xa
Aristóteles
falaba deles, achegaránse na tarde de hoxe á nosa Vila da man das compañías titiriteiras
“Alakrán” e “Cascanueces”
, na que será unha etapa máis do proxecto artístico que levan a cabo este ano santo e que ten por nome
“Títeres da Vía Láctea”
.
Dúas serán as actuacións coas que os monicreques de seguro nos abraiarán. Unha primeira orientada ao público máis infantil, que comenzará ás
19:00
, leva o título
“O Ferreiro e o Diaño”
, baseado nun texto de
Blanco Amor
. Posteriormente, ás
22:00
, representaráse unha obra para público adulto, a chamada
“Amor e crime de Xoán Pantera”
. As representacións faránse na céntrica
Praza do Cotón
.
Nenos, raparigos, maiores e soñadores todos! Deixádevos levar este serán pola fantasía e ilusión dun espectáculo titiriteiro que xa hai 300 anos percorreu estas Galicias nosas. Descubriredes que os tempos mudaron, sobre todo tecnolóxicamente, pero a maxia e bo facer dos mestres titiriteiros e os seus manexados monicreques seguen a ter todo o misterio, todo o seu aquel, por así decilo, que tan profundo nos remove aos seus espectadores.
Quizáis, vendo os títeres, sexamos por un intre máis conscientes dos fíos que nos manexan...
Ler máis...(Comentarios 1)
Este sábado: IX Festa Rachada da Baña!
Esmorgueiros barcaleses! Devezosos de foliadas sen parangón! Amigos das festas, algueiradas, rexoubas e demáis sinónimos do troulear! Namorados das xoldas!
Como ben nos recordou o usuario valdebarcalés
nuka
no seu comentario, tedes todos este sábado 3 de xullo unha cita inescusable na
recreativa área de Chans de San Vicenzo da Baña: A IX Festa Rachada da Baña!!
Todo un evento con completas garantías de ser unha troula das que marcan época, pois ao esforzo dos incansables organizadores temos que engadir os 8 anos de experiencia que xa acumulan, e xa se sabe que non hai noveno malo.
Romaría, xantar ao aire libre e festa a rachar que dará comenzo ás
13:30h
e rematará cando os corpos dos esforzados esmorgueiros non poidan coas gaitas e os pandeiros. E diso mesmo, de que todos os asistentes movan o corpo, encargaránse os grupos
EMTB da Baña, Os pequenos da Baña, O Cuarteto Álvarez e Amigo, Noitearega, Armadanzas de Laraño, Os Campantes da Baña, os Carunchos e máis Tanto nos ten
.
Que mellor xeito de festexar a victoria de España, que botar unhas bailas na
IX Festa Rachada da Baña!
Video Promocional da Festa Rachada da Baña
Ler máis...(Comentarios 6)
USUARIOS
Usuarios rexistrados:
343
Usuarios en liña
Google [Bot]
Lueiro
Redemuiños
Convidados:
2
PATROCINADORES
BLOGS
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
ÚLTIMOS COMENTARIOS
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason
dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
O ceo sobre as herbas... O lamentable estado do local parroquial xestionado por Cáritas
Perry Mason
dixo: ...
As campañas vaticanas asesinas
para que en ...
Retallos de intrahistoria barcalesa: Franco no Val de Barcala
Perry Mason
dixo: ...
Mi ma que susto me levei
logo dun tempo sen ...
candepalleiro
dixo: ...
Non deixa de ser curioso que en poucos dias en Val ...
Lueiro
dixo: ...
Meus parabens Daniel.
Unha das mell ...
LIBRO VISITAS
Ver todos os comentarios
Lueiro
dixo: ...
Que bo tema o de Norah Jones. E claro que podemos sentarnos ó fente do historio catódico... previo ...
Bo
dixo: ...
De feito, bravo por La 2. Teño entendido que esta temporada nos agardan bastantes sorpresas cultura ...
Lueiro
dixo: ...
Gris! eso é unha sorte meu bo amigo Bo!
Pois La2, a tv dos animáis... por sempre r ...
Bo
dixo: ...
Qué gris comenzou esta semana o ceo barcalés!
Que non se nos contaxie o humor. Deixo os so ...
Bo
dixo: ...
Onte foi unha noite románica moi longa, e hoxe entro ao libro de visitas a hurtadiñas pola porta ...
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro
dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
candepalleiro
dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
candepalleiro
dixo: ...
" WHISKY MAN"
candepalleiro
dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
candepalleiro
dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
candepalleiro
dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
candepalleiro
dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
Os debuxos da túa vida
Lueiro
dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
Feira do Románico de Negreira
Lueiro
dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...
Películas recomendables (todas as épocas)
Lueiro
dixo: ...
Onte desfrutei de "El amante del amor" ( ...