Isto e unha das moitas cousas que lle temos que pedir a un goberno,ainda que pa min deberiase actuar asi moitas mais veces,sexa con quen sexa.
Impecable a actuación do Alcalde de Negreira. Así é como se ten que actuar. Bó exemplo, Jorge.
Semibilingüe Salvatore de sicilianas beiras se quere máis e mellor galego aprender acuda mañá ao recital de Novoneyra e xa de paso vos poderei coñecer.
Ma il alcalde e bravo, marca la lina e non se move nadie sen que el sepa... e cuosa bona ma dificile mantenere todo il mundo a raia. Eco tamene pode mirare se las obras dele concello se facen con bono ritmo o se los operarii se rascano lo colloni. E se vos dare conta, Salvatore está aprendendo escribire en galego... e muto dificile e estou indo a clase ma io penso que vou mellorando.
Gustaríame dicir que despois de moitas críticas que fixen aquí a Jorge, por actuacións do seu partido que me enoxaron bastante, cousas coma esta de plantarlle cara ós "caras duras", provocanme satisfacción e ledicia de ver que non todos os políticos son iguais. E como non quero ser como os do Pp, que pechan os ollos ás cousas boas, recoñezo que hoxe Jorge é merecedor do meu aplauso. Ogallá continúe polo bo camiño. Ánimo.
O arquitecto da Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo José Manuel Pichel, imputado na operación Retablo por presuntos cobros irregulares a cambio da concesión de obras de restauración de patrimonio eclesiástico, repartía traballos nos albergues do Camiño sen ter licenza e antes de que a Xunta tivese coñecemento deles. Segundo deduce a investigación policial das conversas telefónicas, negociaba coas empresas e estas incluso comezaban as obras sen ter os permisos necesarios. O sumario recolle a conversa cun contratista, Javier, para concertar unha visita a Boimorto, co fin de construír no futuro un albergue, “antes de que se saiba se a S. A. do Xacobeo vai realizar alí algunha obra”, como deduce a policía, e incluso pon en contacto a empresa co alcalde desde o principio. Noutra conversa fala con José Manuel, outra das persoas das empresas que realizan obras para o Xacobeo e que chegou a regalarlle un tenreiro enteiro como agradecemento. Neste caso, a policía saca en conclusión que “empeza a realizar reformas no albergue de Negreira sen as autorizacións pertinentes, e chama a Pichel para que o solucione, quedando este de arranxalo co alcalde da localidade”. José Manuel cóntalle a Pichel que “chegou un municipal e dixo que non había licenza, que antes de obrar hai que pasar polo Concello”. O arquitecto responde: “E non lle dixeches que iades reparar as duchas?”. Despois, resolve a cuestión: “Mañá teño eu o alcalde aquí, e se quere que o fagamos eh, está chulito, onte chamou e púxose un pouco borde, un tío que leva dous meses aí, dixo que antes de facer ningunha obra tiñamos que avisalo a el tamén, pero mañá xa lle poño os puntiños sobre os is”. Ademais destas irregularidades, Pichel fala cos arquitectos aos que encarga proxectos para os albergues, para que non pasen dunha determinada contía coa fin de non ter que sacar as obras a concurso. “Que pasa co dos albergues? En Verín ningún pode pasar dos 58, porque se non xa vai a licitación...”, dille a un técnico. “Nalgún ímonos a 59.000 case, 62.000 paréceme”, responde o autor do proxecto. “Pois xa sabes ti que non pode ser. No de Verín, o prezo inclúe a mampara esa?”. O arquitecto di que non. “Hostia, pedrín”, di Pichel, “pois entón isto non se pode resolver por teléfono,ímolo axustar, incluso meter materiais máis económicos, un revestimento máis cutre”, resolve.