Xoves, 09 de Setembro de 2010  
 
 
 
FESTAS E EVENTOS
 
 
HOXE
Festa de A Baña
San Vicente
 
 
PROXIMAMENTE
 
Santa Margarita
Negreira
 
 
Calendario completo
 
 
NOVAS
 
 
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
 
 
CONTIDOS
 
 
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
 
 
 
OUTRAS WEBS DO VAL
 
 
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
 
 
FOTOS DO VAL
 
 
ARQUIVO
 
 
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
 
Replicatio do Partido Popular de Negreira. O Pleno do 16...
 
E nestas que chegou o momento da "replicatio"... Figura do Dereito Romano introducida na fórmula polo demandante a quen previamente lle rebatiran a "Intetio" mediante unha "Exceptio"... Así, coma se de auténticos romanos se tratara, asoma na webera do punto es barcalés, a réplica popular que resulta ir contra a "Exceptio" vertida polo goberno e publicada tamen neste mesmo lugar sobor do xa mítico e emblemático coma poucos, "Pleno do 16".

Fai clik no ler máis de abaixo para facer lectura das observacións populares ás aclaracións socialistas da última sesión plenaria.

PLENO DO 16 DE FEBREIRO DE 2010


O PP de Negreira deixou moi clara a súa postura no pleno, aínda que o goberno municipal non parece querer entendela ou o que é peor pretende confundir.

No punto dos parques infantís o que denunciamos é a perda dunha subvención de 54.609 €. Houbo mais concellos que tiveron problemas cos proxectos presentados pero arranxáronos, leváronos de novo a pleno e obtiveron a subvención. Tan só 5 concellos da provincia, incluído Negreira, non optaron a esta subvención.

O que denunciamos, foi unha falta de xestión para poder acadar estes cartos e aforrar así do plan E para poder facer outros proxectos.

O que denunciamos, foi o despilfarro de cartos pagando de novo uns proxectos de parques que xa se realizaran para o pleno do 8 de Xaneiro de 2009.

¿Que os proxectos realizados por persoal municipal non custaron cartos ás arcas municipais?. Iso sería como dicir que un construtor non inclúe o prezo dos planos e da dirección de obra nos custes dun edificio porque ten en nómina a un arquitecto. Ese persoal cobra e polo tanto hai un custe económico.

Dicir que agora tampouco custan nada porque se pagan cos fondos do Plan E é cando menos unha frivolidade xa que de non pagar os 4.531 € que nos vai a custar teríamos esa cantidade a maiores para destinar a outros usos.

No punto da conta xeral do 2008 dicir que o resultado do exercicio despois de diversos axustes é de 83.297 € é sinxelamente, intentar confundir ou directamente faltar á verdade. No pleno xa rebatemos este dato e non lles quedou mais remedio que darnos a razón, xa que falta facer o axuste das facturas que correspondentes ó 2008 se pagaron despois do peche do exercicio e así o reflexa o interventor no seu informe. Estas representan un total de 80.854 € co que o resultado axustado quedaría en 2.443 € no exercicio do 2006 este resultado era de 391.663 €.

Os ingresos no 2008 baixaron case un 19% o que é normal debido a esa crise que por aquel entón algúns se empeñaban en negar . O que non é normal e que ante esa baixada de ingresos o gasto tan só baixe un 4.31 % e o que é peor que as inversións reais baixen un 22%. Esta falta de equilibrio no presuposto provoca que se destine a gasto unha maior porcentaxe dos presupostos. No 2007 o gasto en bens correntes e servizos representaba un 24,14% e no 2008 representa un 25,16% do presuposto.

O PP non busca mais que axudar no que poida e neste caso aconsellamos ao goberno municipal , que contivera o gasto e que equilibrara os presupostos, que agora mesmo presentan un desequilibrio de 147.603 € negativos con un plan de saneamento.

O que no pode ser e que alguén que pretende gobernar Negreira, lle preocupe mais o dedo que sinala que a ferida.

No tocante á obra do campo da feira, é certo que o informe do arquitecto sinala dúas empresas, unha mellor en canto a prazo de execución e outra en canto a prezo. O que non di ese informe é que o prazo de execución da obra era de 4 meses pero que había que facela en un mes porque podíanse perder as subvencións.

O que non di é que non se informou ás empresas explicitamente de que deberían rematar a obra nun mes, curiosamente tan só unha empresa ofertou ese prazo exacto.

O que non di o goberno municipal é que a empresa con mellor oferta económica ofrecía facer a obra en mes e medio, o que tampouco di, é que a empresa que se fixo coa obra tardou mais en rematala.

A afirmación de que o aforro de mais de 20.000€ non era importante porque quen pagaba era a Xunta, danos unha idea moi clara da mentalidade do goberno municipal a hora de xestionar os cartos públicos.


GRUPO MUNICPAL DO PP
Avatar de UsuarioNEGOCIADOR dixo:

Bo, por certo, a ver si traslada a pregunta que fixen o outro dia o sr.Alcalde,na cal preguntaba o porcentaxe que tiña o gasto de persoal sobre os gastos totales do concello. Si o porcentaxe e alto ,gustariame saber a que e debido (legado do goberno anterior ou si en este mandato tamen aumentou) e que tendes pensado facer o respeto.
un saudo

 

 
Avatar de UsuarioBo dixo:

Ata o de agora nunca tiven xestos tan bruscos e recios que me provocasen esas posturas fanatizadas. Pero se as tivera, Arthur Gordon, estarás de acordo conmigo en que non hai mellor pomada Réflex que o diálogo e o intercambio de opinións, remedio que tento practicar todo o que podo, entre outros sitios, tamén aquí nesta web, xa que as notas de prensa unidireccionáis e as conversas telefónicas privadas non teñen como obxetivo aliviar as tensións conxuntas dos veciños senón poñer un parche individual e interesado para cada un. E eu voto en falla un pouco dese intercambio de opinións nesta web por parte dos membros de Partido Popular de Negreira, acostumados a publicar nos medios novas non sempre certas como se foran verdades absolutas incontestables das que non se precisase ningún comentario a maiores.
Polo demáis, as explicacións que dan os gobernos da súa xestión acéptoas ou non dependendo da forma de xestionar do mesmo. Se esa explicación da adxudicación da empresa fora dada por Blanco, desde logo, tería as miñas dúbidas. Pero non hai comparación posible nen sostible entre a forma de gobernar de Blanco e a de Jorge Tuñas, iso é máis que evidente. Tampouco nos seus obxetivos.

 

 
Avatar de UsuarioNEGOCIADOR dixo:

Sr Arthur Gordon,ten vostede razon,os politicos segun esten no goberno ou na oposicion, ven as cousas de distinta maneira,pero sempre pensando no mesmo : INTERES POLITICO. E por desgracia non creo que esto cambie.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

Estar errado
non é un pecado
que me teña aquietado.
Ao investigar e rimar
dou que falar
e a xenta soíña se hai delatar.
Tamén eu oculto
tras a apariencia de culto
só un común adulto
Nesta páxina local
hai xente á que nos gusta o carnaval
e non hai neso nin inocencia nin mal.

 

 
Avatar de UsuarioArthur Gordon dixo:

Bo, non sei onde botas en falta o meu talante, pero o dato final é que a obra a fixo unha empresa dun socialista e lla otorgou un goberno socialista cando esa empresa era mais cara que outras e foi máis lenta que outras mais baratas.
Estos datos en si mesmos non son nada, pois foron ben explicados por ti e por o goberno, e esas explicacions se poden entender, e eu mesmo as entendo, pero estou seguro de que os mesmos datos con outros signo politico, e coa mesma explicacion, non seria aceptada por ti nin polo goberno socialista actual e a iso me refiro coa tua postura fanatizada.

 

 
asorgol dixo:

Perry pensa que asorgol é lenam e asorgol pensa que perry intelixente debe ser, xa que non é fácil expresarse en verso e con tanto inxenio, claro que os dous podemos estar errados.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

Asorgol está de volta
e de volta sona como Manel.
Gústalle de Arthur a sorna
e de Cañoto furado o ben entender
¿ou era ésto ao revés?

Claro que Arthur Gordon ten ventaxa
ó ter a disposición o móvil do Manel
xa levarán catro o cinco tazas
do café de pota de aquél.

Dí Asorgol que do resto xa opinou
mais eu non vexo qué comentario deixou
Ah! Agora caigo, xa sei o que pasou
foi él mesmo o que a nota do PP tecleou.

 

 
asorgol dixo:

Hai datos que non admiten discusión no dos 83000 está claro que alguén minte, ou ben se tiveron que pagar esas facturas que di o PP, co cal o resultado sería outro ou non se tiveron que pagar. Pero esto non ten interpretación posible, igual que os outros datos económicos que aparecen no comunicado do PP ou son ou non pero non pode haber medias tintas no caso dos núemros. Do resto xa opinei e quédome co sentido común de Arthur e a Sorna de cañoto furado.

 

 
candepalleiro dixo:

"o que non pode sere que alguen que pretende gobernar Negreira lle preocupe mais o dedo que sinala que a ferida" di o pp de Negreira.Preguntome ¿ a que ferida se refire? O pp de negreira fai coma o pp da Baña e trata de vendernos o conto da sua honradez facendose as victimas e os humildes pra sacar beneficios. Di o dito " non te fies e un moinante" Esa habilidade pra enganar e aparentar humildade e3 facerse as victimas cando non hai outros recursos e moi propia do pp pero non engana porque a xente dase conta de que e cousa propia de xente de pouco fiar,amiga de enganos e de falsas humildades, propia de moinantes.

 

 
Avatar de UsuarioNEGOCIADOR dixo:

Sr. Arthur Gordon,vostede esta a criticar a maneira de actuar do goberno coas contratacions,pero faga memoria e seguro que na etapa do goberno anterior (PP),encontramos casos similares.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

O tema está encendido
Bo e Arthur Gordon non se dan entendido
pero quédalle ao último un redobre
¿cando sacará o tema do sobre?

Xa se falou dos parques e da feira
pero eu teño unha pregunta non feita
¿quen é o que está na foto á dereita?
¿é tamén veciño de Negreira?

 

 
Avatar de UsuarioBo dixo:

Arthur Gordon, diría, nas túas propias palabras, que tes unhas conclusións de pouco talante, ademáis de erróneas:
Que era a única empresa que sabía o tema do prazo é unha opinión sacada na nota do PP, non é un dato.
Que se escolleu esta empresa só porque era a opción máis rápida é unha valoración persoal que fas. Creo que xa se explicou abaixo porqué catro razóns se fixo.
¿Que se perdeu a subvención? A empresa rematou máis tarde, pero a subvención non se perdeu.
E, por último, supoño que compartirás conmigo que tamén pode haber empresarios socialistas, non van a ser todos do Partido Popular.

 

 
Avatar de UsuarioSalvatore dixo:

Eco... Lo romani sabemo de exceptio e replicatio e triplicatio se face falta... e tuto parlare e parlare ata resolvere lo probema non e cosa mala eu penso.

 

 
Avatar de UsuarioArthur Gordon dixo:

A conclusion con datos e sen valoracions:
- A obra adxudicouselle a única empresa que sabia que o prazo de execucion tiña que ser dun mes.
- A obra levouna unha empresa que era mais cara porque a podia facer mais rapido.
- A empresa rematou mais tarde que o plazo da oferta doutra empresa que era mais barata.
- A empresa que levou os cartos por ser empresa mais rapida, en realidade foi mais lenta e mais cara.
-Perdeuse a subvencion.
-A empresa cobrou igual.
-A empresa e dun socialista recoñecido.
nesto que digo tampouco hay valoracions nin interpretacions, solo hay datos, pero non sonan ben.

 

 
Avatar de UsuarioBo dixo:

Pódolle explicar, pois xa se informou nesta web anteriormente, que a empresa seleccionada foino, ademáis de pola mellor "oferta económica, prazo de execución e programa interno de control de calidade", porque tamén asumiu o compromiso adscrito no contrato de que o Concello de Negreira non aportaría cartos en caso de perderse a subvención da Xunta.
É dicir, podo explicar o que se pode valorar con datos concretos, non con valoracións ou puntos de vista feitas a posteriori, xa que según vostede entraríamos no risco de votar man do fanatismo.

 

 
Avatar de UsuarioArthur Gordon dixo:

Sí, tamén che recoñezo sorna.
Di o escrito este do PP "o prazo de execución da obra era de 4 meses pero que había que facela en un mes porque podíanse perder as subvencións.

O que non di é que non se informou ás empresas explicitamente de que deberían rematar a obra nun mes, curiosamente tan só unha empresa ofertou ese prazo exacto".
E eu engado que esa empresa que sabía do prazo era a de Secundino Ramos, militante socialista como todos sabemos.
Si me podes explicar esto.

 

 
Avatar de UsuarioBo dixo:

Entendo, Arthur Gordon, que vostede confunde fanatismo e sorna.
Polo demáis, unha verdade será verdade por máis que se diga con fanatismo, sorna ou talante.

 

 
Avatar de Usuariocañoto furado dixo:

sejuridá en los parques. ainda teño a resca enriba e me duele la cabeza pero non podo dejar de reir. cando von polo jb ao Porto nin veo el parque de la feria porque ten un muro que parese que e un castijo para los niños. asi me justa a min coma fan las cosas los que jobiernan. ponen un muro jrande coma un mundo que no se ve a los niños a no ser que venjas de la abeanca, e para el otro lado del parque non hai muro solo unhas vijas de madera para que los nenos puedan ir al arró e despos o rejato con ajua e como a jente que pasa lonje ademais ten un muro non pode ver nada. Nin sequera os borrachos coma min podemos vijilar desde el bar porque non vemos nada. Eso e sejuridade, facer parques zulo ajochados da civilisasión. este pueblo e de jente pouco espabilada o como se dice en aljunios lugares "ese no es mucho de sus dias".me desculpan que tenjo que ir a esjomitar. con dios.

 

 
Avatar de UsuarioArthur Gordon dixo:

Bo, na tua redacción vexe moito fanatismo e pouco talante e unha persoa que fala con tanto odio non pode decir moitas verdades.

 

 
cristina dixo:

Suscribo a Bo, sen cambiar nin unha coma.

 

 
Avatar de UsuarioBo dixo:

Queridos contacontos do PP de Negreira, comenzo aplicándovos de novo un refrán: “As ramas non vos deixan vela fraga”, que traducido ao noso caso en particular sería: “A cobiza de poder non vos deixa ver a xestión de goberno do Concello”.
Entendo que vos atrincheiredes nos escasos e rebuscados argumentos que usades, pero eu de vós non as tería moito conmigo mesmo se de aquí ás eleccións do ano que ven non lle sabedes votar máis imaxinación e criterio aos vosas fabulacións e ataques.
Tentarei, unha vez máis, coma nun xogo de frontón e da forma máis esquemática posible, explicar cómo volas arreglades sempre para, dicindo verdades a medias, xerades ao final unha trola (non sei se improcedente ou non) que non vola credes nin vos mesmos.

No tema dos parques non sei moito máis que dicir. Eu entendo perfectamente que primeiro, a súa remodelación era máis que necesaria para a seguridade dos rapaces; e segundo, dende o concello obtóuse pola opción que máis económica lle saíu ás arcas consistoriais. ¿Qué máis queredes que vos diga?

As contas municipais. Os datos son os que son. No 2008 un saldo positivo de 83.297 € . E con respecto ao desfase entre gastos e inversión reais, sabedes perfectamente que deixáchedes moitas bocas que alimentar no concello. Unha herencia hipotecada por moitos anos a costa do salario de amigos das anteriores lexislaturas do PP de Negreira. Preguntádelle ao voso estimado compañeiro do PP e alcalde de A Baña canto do presuposto do concello se vai no seu soldo.

Parece que no tema da empresa adxudicada ás obras do campo da feira só vos interesa a quen se lle otorgou. O feito de que resultara a máis axeitada para acollerse á subvención da Xunta e que desta forma non lle costase nada ao Concello de Negreira non vos parece preocupar. A xente pode pensar que, ao mellor, o PP estaría máis interesado en darlle de comer con esta obra a algún simpatizante aínda que desa forma lle costara cartos ao concello. Bueno, é a vosa histórica maneira de xestionar.

Por último, home, Jorge xestiona o concello de Negreira, non a Xunta de Galicia. Comprenderedes que a quen lle ten que aforrar os 20.000 euros coas súas xestións é ao pobo de Negreira. ¿Ou preferíades que o pagase o concello e llo aforrásemos aos pobriños da Xunta? Medo me da que así sexa.

 

 
Tes que facer 'login' para deixar comentarios  Voltar
 
USUARIOS
 
 
Usuarios rexistrados:343
 
Usuarios en liña
Google [Bot]
Convidados:2
 
 
PATROCINADORES
 
 
 
 
BLOGS
 
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS
 
 
A rede de oportunismo (alcantarillado) chega a Corneira.
Salvatore dixo: ...
Eco! io no lo veo male... e normale que el jefe tr ...
 
Chega a sabedora Paella Xigante "Á Nicrariense"
Salvatore dixo: ...
Ma poco presentero hay como tu, mio esttimatto ami ...
 
Perry Mason dixo: ...
Non se equivoca o presenteiro Blanco Pazos:
...
 
A rede de oportunismo (alcantarillado) chega a Corneira.
candepalleiro dixo: ...
Asi e como funciona a politica caciquil pepeira na ...
 
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
 
 
LIBRO VISITAS
 
 
Ver todos os comentarios
 
Lueiro dixo: ...
Pois o asunto de Julio Cortázar (xenial) lembroume a aquel album "rara avis" no panorama standar hi ...
 
Bo dixo: ...
Sí señor! Que estupendo tema. E vaia dúo, tan estrambótico coma talentoso.
Eu vou a poñ ...
 
Lueiro dixo: ...
Bueno, un grupo con Brian Ferry e co enorme Brian Eno (o "gran tapado" da música moderna, verdadeir ...
 
Bo dixo: ...
Pois nada, Fand, hai que aproveitar os momentos nos que semella que un raio de sol entra pola fiestr ...
 
Fand dixo: ...
Y perdonad el cambio tan radical pero esta semana esta siendo del todo estresante asi que para que p ...
 
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
 
 
Os debuxos da túa vida
virsipu dixo: ...
"Candy Candy" y "Heidi" cambia ...
 
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
 
candepalleiro dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
 
candepalleiro dixo: ...
" WHISKY MAN" candepalleiro dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
 
candepalleiro dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
 
candepalleiro dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
 
candepalleiro dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
 
Os debuxos da túa vida
Lueiro dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
 
Feira do Románico de Negreira
Lueiro dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...