Martes, 07 de Setembro de 2010  
 
 
 
FESTAS E EVENTOS
 
 
PROXIMAMENTE
 
Festa de A Baña
San Vicente
 
 
Calendario completo
 
 
NOVAS
 
 
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
 
 
CONTIDOS
 
 
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
 
 
 
OUTRAS WEBS DO VAL
 
 
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
 
 
FOTOS DO VAL
 
 
ARQUIVO
 
 
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
 
O barcalés Rubén Suárez abre unha nova ruta de barranquismo.
 
O noso estimado amigo e colaborador habitual de Valdebarcala.es, Rubén Suárez Carballo, a face barcalesa da aventura e o deporte de risco, volve a estar de actualidade deportiva neste noso fogar de Breogán ó ser quen de abrir ó mundo, e na compaña do seu amigo Arturo Pasantes, unha nova ruta de barranquismo en Galicia, aquela que se situa na zona da Ameixenda, no Concello de Cee.

Valdebarcala.es tivo o privilexio de ter acceso en exclusiva ó blog de notas do barcalés, onde Rubén deixa constancia escrita tanto das características físicas da nova ruta, coma das suas impresións finais sobre a mesma.

Barcalés!, fai click no ler máis de abaixo para ler as notas tomadas por Rubén Suárez Carballo, a sempre inestimable voz de Valdebarcala.es na aventura e os deportes de risco.
.
..................................................

O "Barranquismo ou descenso de canons" consiste en percorrer aqueles leitos que a acción da auga foi formando o longo do tempo. É prácticamente a mesma actividade que se desenrola no interior dunha cova. Pódese decir que é facer espeleoloxía a ceo aberto, pois as técnicas de progresión son as mesmas.

Esta actividade fíxena co meu compañeiro de traballo o camariñán e residente en Brens (Cee), Arturo Pasantes; un auténtico personaxe da costa da morte. Foi o pasado mércores 27, nunha tarde moi fría pero soleada, coa excepcional visión sobre o mítico e extremo terreste "Cabo Fisterra".

Está no lugar da Ameixenda, un barranco que deportivamente ninguén descendera e que para mín era unha conta pendente. Técnicamente non é nada complicado pero moi pracenteiro, con pequenas fervenzas que varían entre os cinco e dez metros. Entras nunha zoa de vellos muiños, algún restaurado pero abandoado a maleza. Antes de chegar a aldea da Ameixenda o río entra nunha zona bosquexa moi fermosa e tupida, dando a sensación de moverse por unha selva. Levounos percorrelo tres horas, tendo en conta que tivemos que equipar os sistemas de rapeles  con spit e cordino (reunións para anclar a corda e descender polas fervenzas). 

DATOS TÉCNICOS:

- Época: Só digno de facer en datas de moita choiva. É un barranco que necesita moita auga.
- Desnivel: Uns 200 m.
- Dificultade: Fácil, agás a segunda fervenza co rio desbordado con posibilidade de forte rebufo ou atrapamento nunha fenda.
- Material: Corda de 40 m. Equipo completo de neopreno. Casco, arnés, descensor, mosquetóns de seguridade, equipo mínimo de autorrescate, soga de ancoraxe e bidón estanco para calquera tipo de material que non deba mollarse. Por suposto calzado apropiado.
- Horario: 2 horas para un grupo experimentado de tres ou catro persoas.
- Acceso: 20 minutos aproximación desde o merendeiro da Ameixenda (non é preciso dous coches), carretera de Cee o Ézaro. Seguir unha pista forestal até que demos con un camiño a marxe dereita da pista antes de que ésta comence a descender cara a Ameixenda. Este camiño deixaranos xusto na cabeceira do barranco moi visible durante a aproximación.
 
Avatar de UsuarioArthur Gordon dixo:

Unha boa noticia. Noraboa a Rubén e a Arturo.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

Para un concelleiro non é o mesmo facer barranquismo que escalada. A forza da gravidade é distinta.
Investigarei a fórmula...

 

 
Tes que facer 'login' para deixar comentarios  Voltar
 
USUARIOS
 
 
Usuarios rexistrados:343
 
Usuarios en liña
Convidados:2
 
 
PATROCINADORES
 
 
 
 
BLOGS
 
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS
 
 
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
 
O ceo sobre as herbas... O lamentable estado do local parroquial xestionado por Cáritas
Perry Mason dixo: ...
As campañas vaticanas asesinas
para que en ...
 
Retallos de intrahistoria barcalesa: Franco no Val de Barcala
Perry Mason dixo: ...
Mi ma que susto me levei
logo dun tempo sen ...
 
candepalleiro dixo: ...
Non deixa de ser curioso que en poucos dias en Val ...
 
Lueiro dixo: ...
Meus parabens Daniel.

Unha das mell ...
 
 
LIBRO VISITAS
 
 
Ver todos os comentarios
 
Bo dixo: ...
De feito, bravo por La 2. Teño entendido que esta temporada nos agardan bastantes sorpresas cultura ...
 
Lueiro dixo: ...
Gris! eso é unha sorte meu bo amigo Bo!

Pois La2, a tv dos animáis... por sempre r ...
 
Bo dixo: ...
Qué gris comenzou esta semana o ceo barcalés!
Que non se nos contaxie o humor. Deixo os so ...
 
Bo dixo: ...
Onte foi unha noite románica moi longa, e hoxe entro ao libro de visitas a hurtadiñas pola porta ...
 
Lueiro dixo: ...
Destino de caballero, moi apropiada elección nestos días de festas medievais (xa na Pontevedra de ...
 
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
 
 
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
 
candepalleiro dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
 
candepalleiro dixo: ...
" WHISKY MAN" candepalleiro dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
 
candepalleiro dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
 
candepalleiro dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
 
candepalleiro dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
 
Os debuxos da túa vida
Lueiro dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
 
Feira do Románico de Negreira
Lueiro dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...
 
Películas recomendables (todas as épocas)
Lueiro dixo: ...
Onte desfrutei de "El amante del amor" ( ...