Martes, 07 de Setembro de 2010  
 
 
 
FESTAS E EVENTOS
 
 
PROXIMAMENTE
 
Festa de A Baña
San Vicente
 
 
Calendario completo
 
 
NOVAS
 
 
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
 
 
CONTIDOS
 
 
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
 
 
 
OUTRAS WEBS DO VAL
 
 
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
 
 
FOTOS DO VAL
 
 
ARQUIVO
 
 
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
 
Obrando nos parques.
 
Contaxiado por un latente e agresivo estado febril reconstructor, en Negreira o Partido Socialista mantén a teima de honra ás siglas, e coma obreiro apelido de grupo, as obras marcan os puntos suspensivos nos faceres do cotío. Así, unha febre de febreiro obreira coma a ordenatura, amanece entonando un canon de obras nos parques da vila.

Segundo se puido saber pola prensa, pois hai un tempo que valdebarcala.es semella na cova escura da invisivilidade para o goberno, unha nova teima obreira reconducirá esforzos para a remodelación do pavimento dos parques da nobreza dos nicra, sustituindo a agresiva gravilla polo moderno e flexible firme tan xeitoso para o acolchamento e suavización das inevitables caídas.

Nesta fase de adecuación, parece ser... segundo se di... e disque é certo (sc), que tamén se procederá á incorporación con discrección de novos e renovados xogos nas ociosas zonas de recreo así como o cercamento en valadiño colorido dos lindes, completando así o paraíso columpiar dunha vila que, e esto é cousa boa, nos últimos tempos desborda de nenos e nenas.
Avatar de UsuarioBo dixo:

Passu, parece que ao final investigou.
Eu aproveito para recomendar a todos os nicrarienses que non o coñezan o blog de Passu, "http://passupassion.blogspot.com", no que podedes disfrutar das súas creacións con abalorios. Botádelle un ollo, vale a pena.

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Ajá!
Por fin Señor Mason, por fin investigou de verdade!
A que non era tan difícil?
Atópase mellor agora?
Máis realizado?
Bueeeeeno, pois nada. Si cambia de opinión, non o dubide...Non son funcionaria, pero teño cartos na carteira para poder convidalo a un cafeíño, vale?

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

Son de natureza solitaria
non sei se por cobardía ou valentía
pero repítolle que unha cita conmigo
de nada lle aproveitaría,
a súa carteira e o seu corazón
(sen orde de preferencia)
sen pestanexar roubaría
e non amosaría clemencia,
por moito que o seu apelido
estimada passu, sexa passion.

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Estimado Seño Arthur Gordon, que gusto volvelo a ler. Saiba que pola miña parte é un gusto polemizar con vostede. Vostede expón o seu punto de vista e eu o meu.
Os dous temos a capacidade de expresar as nosas opinións con argumentos que podemos compartir ou non.
Vostede cree que o tema dos sobres ten que ter máis recorrido, eu non.
E xa está.
Agora todo está claro.
Repítolle que é un placer dicrepar con vostede.

En canto ó noso detective particular...
Que decepción señor Perry Mason...que decepción...
O certo é que non esperaba del un xesto de cobardía deste tipo e moito menos que se excusase poñendo por diante a un santo. Non son debota de San Valentín e moito menos son tan namoradiza como supón (investigou?), pero bueno...en fin, o medo é libre.
Aínda que, quero deixaarlle claro que eu non "como" a ninguén e que moito menos deixo que me "coman".

 

 
Avatar de UsuarioArthur Gordon dixo:

Estimada Passu coa tua resposta deches clara mostra de que estas informada dos problemas do teu pobo, e iso está ben polo que queda clara a tua preocupacion. Sen embargo non podo entender como che pode dar igual o tema dos sobres. E voume a explicar.
Unha cousa son os problemas que ti citas e que son problemas materiais, aos que deben enfrontarse os políticos de todos os concellos. son problemas preocupantes pero que cando se resolvan outros van a vir. Esos so son problemas da realidade e que son importantes sen duda. O tema dos sobres non pertencen a este tipo de cuestions.
O que tema dos sobres en si non fai nada polo pobo, non fai nada que mellore o pobo nin que o perxudique e por eso te pode despistar a sua importancia. Pero para min o tema dos sobres e moi importante porque di moito da clase de politicos que temos, e que son os que teñen que resolver os problemas. Xa sexa porque uns minten ou outros rouban, o tema dos sobres debe esclarecerse non porque sexa problema dos que che preocupan, pero si porque se non se fai así, é que uns se estan conformando con quedar de mentirosos e outros con quedar de ladrons e sinceramente con politicos así dame vergonza ata ir a votar.
Passu, nós somos veteranos nesta web e penso que sabemos entendernos sen polémicas.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

Passu, non se sinta ofendida
pero a súa cita non podo aceptar
estando próximo San Valentín,
non se fora de min namorar.
Entendo o meu atractivo
resúltolle misterioso, poeta e galán,
mais non se fie dos meus motivos,
ademáis de investigador, tamén son truán.
(Afórrolle unha viaxe ao diccionario
e defínolle académicamente truán:
significa tunante, nugallán e preguiceiro
moinante, gandulo, vago e lacazán).
Entenderás, passu, que alguén coma min,
no seu futuro non interesa
sobre todo mostrando tanto interés
coma ti mostras pola iglesia.

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Aaaaaaaaah!
Agora me dou conta das súas intencións, señor Mason.
A súa única intención, coa investigación esa que di que está facendo, é a de descubrir quen está detrás de cada nick...Curiosa teima.
Por outra parte, no de "arrimar o ombro", si se refire á miña colaboración nesta web, pídolle un pouco de respeto, porque son veterana e xa levo arrimado o ombro bastante máis que vostede.
Non penso que o seu sexa un ataque persoal cara a miña persoa. De feito, non penso que esté atacando a ninguén nin a nada.
Agora ben, volvendo ó principio, se a súa intención é que me "delate", si ten moitas gañas de saber quen son, poña lugar, día e hora, que o convido a un café e así deixolle tempo para outras investigacións máis interesantes.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

De profesión avogado é o personaxe literario,
eu son un Perry Mason nicrariense,
investigo e amolo sen horario
e creo sempre suspense.
Passu empéñase en que o meu amolar
é hacia ela un ataque persoal.
E pide palabras con contido, non rimas sen sentido.
Terá que saber que comento máis noticias,
pero como a ela non a nombro
ao mellor para passu son minucias,
e non se molesta en arrimalo ombro.
Decepcióname un pouco que a miña dialéctica teña que rebaixar,
para que algúns me poidan interpretar.
pero, ¡qué carallo!
o que non me entenda que lle dedique máis traballo.
Eu, a investigar, que en moi poucos días, a xente xa se está a delatar.

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Nunca se me ocorrería semellante significado para a palabra ironía...Será que investigo pouco...Por certo, esto último era sarcasmo.
Outra cousa. Salvatore, creo que non foi quen vostede de captar a esencia do noso Perry Mason particular (volvo a ser sarcástica, pero agora con cariño). El non me quere sacar de quicio, nin sacarme das miñas casillas, nin sequera me quere cabrear...el só quere AMOLAR. Pero tranquilo amigo Salvatore, por ahora aínda lle queda moi lonxe conseguilo. Agardo impaciente algún indicio de que polo menos o intenta.
Ó final todo queda en moito falar, ou mellor dito, escribir, para non dicir nada. Ás veces, ata me dá a impresión de que non entende nin el mesmo o que escribe.
En fin, Señor Mason, que vaia ben a investigación. Sigo á espera.

P.D. Por certo, a Perry Mason crear, creárono como avogado, non como investigador. Esto tamén é unha ironía? E que ultimamente non as distingo.

 

 
Avatar de UsuarioSalvatore dixo:

Ma Pierrino, como dicce eso de la mia intencione! io sono un humilte traballiadore qui ha prosperato! porca miseria! naquesto país e imposibile ganarse la vita honratamente!. Investicue comi dicce passu qui acontece con la pediatri o con il celta qui va a Santiaco di Compostela, ma por salute le recomiendi qui no investicue a Salvatore... a la mia familia no le hace gratia...
io no se si me explico, ma entre caballieri coma nostri... tutto se pode arreglare...

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

Boa aficionada á Real Academia Española
apasionada e utilitaria dos sinónimos
investigue se de min non se fía
qué significa a ironía.
Significa que agora todos sabemos
que o metodo de Sócrates non era improvisado,
pero que para ser metódico
hai que contar có investigado,
e para non ser errático
nada coma ter un bo tellado.

¿Argumentos? É o que ando a investigar.
Pois non me fixeron coma creador,
fixéronme coma investigador.
Así que si quere os meus versos entender
non lle vai quedar máis remedio que volvelos a ler.

Un pracer, Princesa.
É satisfactorio saber que o que lle preocupa a Passu,
a máis barcaleses lles interesa.
A soidade é soportable so por xente coma mín marciana,
non por xente coma Salvatore,
que oculta as súas verdadeiras intencións
detrás da galantería siciliana.

 

 
Avatar de UsuarioSalvatore dixo:

Mio esttimatto persecuitore Pierrino Mason tene uno espectaculare talento en la rimi, ma e un poco criptico en la palabri io e io no entendo multo de lo qui dicce, ma penso e deduccio qui tenta sacare di quicio a la ragazza passu.

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Gracias Princesa. De seguro que o Señor Perry Mason se alegra de que mostres interés pola nosa "conversa".

 

 
Avatar de UsuarioPrincesa dixo:

Que ben falaches, Passu!

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

A verdade é que esto xa empeza a ser gracioso.

Estimado Perry Mason, admiro a súa capacidade para compoñer a rima, pero sería interesante que cando escolla as palabras non sexa só con obxectivo de facela cadrar.
Nos sei eu que pensaría Sócrates si lle dixeran que non era metódico. Ou peor aínda de que o seu método era errático, ou sexa, vagabundo, ambulante, sin domicilio certo...

En canto ó tema de a quen lle interesan as miñas opinións, direille que para min é unha satisfación que lle interesen a vostede.

Paréceme ben que lle guste amolar, non é o primeiro nesta web, asegúrollo, pero seguro que consigue un mellor resultado si para facelo utiliza argumentos. Agardo impaciente o resultado de algunha das súas investigacións.

Por último, ten que perdoar, pero non entendo o que me quere dicir cos tres últimos versos. Desde a ignorancia, rógolle por favor, que me explique a que se refire. Gracias de anteman.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

A labor socrática non é metódica,
por iso as veces resulta errática.
Pero é unha labor que se agredece,
pese a quen lle pese.
Nos teus comentarios Passu, fanse protestas, denuncias e suxerencias que eu,
pese a non levar moito tempo nesta web barcalesa
vexo que a case ninguén interesa
(se non hai un sobre enrriba da mesa).
Eu seguirei investigando e amolando
pois é a miña forma de protestar e denunciar,
non o gardo en secreto,
sen esquecer, passu, nun punto concreto
que tamén son públicas, de cando en cando,
as doazóns voluntarias de particulares petos.

 

 
Avatar de UsuarioLueiro dixo:

;-)

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Era broma, home...

 

 
Avatar de UsuarioLueiro dixo:

passu non che entendo???

Fíxome gracia o cambio de ritmo de Bo.

Un saúdo!

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Uy...jajajaja?
Coidado, que se pode interpretar mal...Non te estarás rindo de alguén, Lueiro?

 

 
Avatar de UsuarioLueiro dixo:

jajaja!!

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Pois si...

 

 
Avatar de UsuarioBo dixo:

Pois sí que precisaban remodelación os parques, sí...

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Pido desculpas pola ortografía: escríbese "acerta", sin h. Parece que se me foi o de dedo...Aviso, para que non me "crucifique" niguén polo erro.

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Nada Señor Mason, que non hacerta vostede unha.
Unha terceira vía política? Esa o que saca vostede en claro da miña disertación?
Según o meu punto de vista, esto pode ser consecuencia de dúas cousas: unha, que vostede teña falla dunhas clases de lectura comprensiva ou ben que pretenda facer DEMAGOXIA, sacando as cousas de contexto.
En ningún caso pode vostede leer, no meu comentario anterior, que considere oportuno adicar cartos públicos para o arranxo de ningunha capela. Non hai nin unha soa líña onde se de a entender eso. Polo tanto, si a súa intención é agraviar a miña persoa, debe saber que non o consegueu. Creo que está bastante claro que o único que estaba a facer era unha enumeración dos problemas que existen na vila e que supoñen unha preocupación para min. Evidentemente, os problemas que eu considero importantes, non teñen porque selo para vostede.
Non teño ningún problema en explicarlle o porque da miña preocupación que a vostede tanto lle escandaliza.
Por outra banda, o amigo Arthur Gordon ten todo o dereito do mundo a seguir opinando sobre os temas que nos ocupan, no tempo e forma que lle penten, sempre e cando siga a demostrar respeto polas demáis persoas, como ten feito ata o de agora. Mesmo si non quere opinar nada máis do tema, para min non terá máis significado que ese: que non quere opinar máis.
Non digo máis.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

Dudo dos sentidos.
Dudo da razón.
Partindo dende cero, investigo logo existo.
Pero o meu fin non é acertar,
é facervos delatar.
En tan extenso teu dictado
hai pistas, passu, de moito calado.
Seica unha terceira vía política
nos queres presentar
con un punto principal no programa electoral
arranxar con cartos públicos unha capilla particular.
Un eloxio: fixeches que o corvo mire para outro lado
pois semella que agora é Arthur Gordon o despreocupado.

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Buenoooooo...Parece que hai moitas gañas de meterse en polémicas. Pois vale, por min de acordo.

Primeiro: Estimado Perry Mason, non sei a que escola de investigadores foi, pero, desde a miña humilde opinión, creo que lle van ter que devolver os cartos da matrícula, porque o de que o meu xénero é feminino, xa foi posto de manifesto neste sitio moito tempo atrás. En canto ó de "singular", supoño que non englobará o termo no xénero e que a súa intención era a de referirse a min segundo a primeira acepción de dita palabra no diccionario da Real Academia Galega. Por último, o de "funcionario universal", fíxome moita gracia, pero non podo máis que dicirlle que: frío, frío...friísimo, vamos.

Segundo: Señor Arthur Gordon, pola imaxen que nos mostra no seu avatar supoño que o nick é debido á grande obra do SINGULAR Edgar Allan Poe. Pois ben, direille que me sorprende a súa insistencia no tema dos sobres. Dígolle esto desde o respeto máis absoluto e convídolle a que faga a seguinte reflexión: Quen saca beneficio de que o tema non morra? A quen lle da igual estar no certo ou non, senon que só busca sacar rédito político da polémica, a sabendas de que son os máis os que pensan que "piensa mal y acertarás"?
Eu teñoo claro agora e cando sexa importante telo claro: diante da urna. Dígolle máis, teño claro tamén o que pasou cos míticos sobres. E teñoo claro porque a persoa implicada xa o explicou, tanto nos medios, os cales teña por seguro que sigo con escrupulosa mirada crítica, como nos lugares donde dita persoa pensou que o tiña que explicar.
Non sei, ocórreseme que, igual que Poe en "A narración de Arthur Gordon Pym", no que o mar era unha metáfora do subconsciente, poderíamos ver ós sobres como unha metáfora de...noi sei...déixolle o tema aberto para que o desenrole vostede.

Terceiro: Quén ten que pagar? As urnas o dirán. Agardo que este non sexa o tema que incline a balanza para un lado ou outro, aínda que polas súas verbas e polas sobremesas nas que se move o queridísimo señor Mason, témome que temos sobres para largo.

Cuarto: Non o culpo por non saber cales son as miñas preocupacións, por iso non lle terei en conta a súa opinión en canto a elas. Sin embargo, permítame que lle diga que NON me preocupa o tema dos sobres. Agora mesmo penso que lle ten que preocupar o tema ó partido do goberno, porque saber contrarrestar as campañas de "asalto-ó-poder-sexa-como-sexa" do PP (para exemplo o da pensión de Juan Fuentes), non debe ser fácil. Agora ben, tamén digo que neste tema como noutros o PSOE fíxoo mal, moi mal.
Non me preocupa tampouco que os de Festexos se queira ir...Nin que Blanco Pazos (ese home) quiera ser alcalde outra vez...
Preocúpame que na Avenida de Vilachán non puxeran farolas suficiente ó arranxar a rúa (xa falei desto aquí) e tarden tantísimo tempo en acabar as obras.
Preocúpame o funcionamento da gardería municipal, na que por certo unha das súas empregadas ten o seu posto de traballo nos tribunais por adxudicación dubidosa...
Preocúpame tamén, como se adxudican os postos de traballo que son remunerados con caudais públicos...
Preocúpame que a xuventude de Negreira non se quede en Negreira as fins de semana e vaia a saír a Santa Comba...
Preocúpame tamén que non se potencie suficientemente o consumo na VILA, para que a xente merque aquí e non en Bertamiráns ou en Santiago...
Preocúpame e moito, que non teñamos un transporte público digno, no que non se tarde unha hora en chegar a Santiago...
Preocúpame a imaxe que levan da Vila e do Concello de Negreira os peregrinos que pasan por aquí..
Preocúpame que a maior parte dos pais e nais do concello leven ós seus fillo ó servicio de pediatría de A Baña, porque a pediatra de Negreira é unha incompetente...
Preocúpame que ó final os bañeses se leven a piscina climatizada...
Preocúpame que non haxa cartos suficientes para rematar de arranxar a capela do Cotón...
Preocúpame que os residuos sólidos úrbanos do meu concello vaian para Sogama e que non se estean separando adecuadamente...
Preocúpame que en Negreira ó final non poidamos ter sección da Escola de Idiomas ou o Conservatorio de Música...
E sobre todo, con todas as cousas das que nos temos que preocupar e das que temos que pedir contas, preocúpame que sigamos falando duns SOBRES.
Agardo que fora clara a miña exposición e pido desculpas pola extensión.

 

 
Avatar de UsuarioSalvatore dixo:

Ma mi esttimatto Pierrino, la sexualitate da bambina passu non e questionata, tuo e observatore ma non presta attentione.
La rima qui face e buona, ma precichare algo ma de accione para atrapare a Salvatore.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

Se non te queres deixar atrapar,
coida as palabras, Salvatore,
pois sen querer acábasme de informar,
que o xénero de passu
é femenino singular.

 

 
Avatar de UsuarioSalvatore dixo:

Trancuilo mio estimatto Perino Mason. La cuestione e que tuo parlare moito ma en la investigatione no resolvere nincuno daquesta cuestione ni problemi. Tuo ha metitto e insulttati a la bella passu ma ío no lo vono permittire. Investicue lo qui tenqua que investiquare, ma no molesti a la bella ragazza. Io se qui tamene investiqua para ingresare a mi en la carcele, ma ío sono mutto escuridiccio mio esttimatto Perino Mason.
Ciao barcalesini.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

passu dixit: "passudetodo e moitoquefacer"
as pistas conducen a funcionario universal.
investigarei...

 

 
Avatar de UsuarioArthur Gordon dixo:

Passu, nótase que che dan igual as cousas do pobo e que so che interesan as cousas cando saen nos medios. Eu reivindico que se o PP montou una montaña nos sobres, que se diga e que se saiba do mesmo modo que a montaron no tema de que Fuentes cobraba unha pensión por ser alcalde. Non se poden decir as cousas que afectan a terceiras personas e sair de rosas. Eu estou indignado porque pensaba que había mais clase. O concelleiro de obras levou un monton de criticas (eu o primeiro) e agora parece que foi unha montaña que inchou o PP. Pois eu quero que o Psoe demande por inxurias. Se non eso cheira moi mal. Eu quero que cerren o tema, por un lado ou polo outro, pero alguén mentiu e debe saberse, polo que pido tamen a esta páxina que non deixe morrer o asunto.
Passu, con todo o respeto, con persoas coma ti que non se preocupan de que nos toman o pelo non ibamos a ter nin democracia si me apuras.

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

En moitas sobremesas?
En fin...
Repito, hai quen non ten que facer e polo visto tamén hai quen se aburre moito.
Non digo máis.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

É un tema que se fala en todas as sobremesas.
¿Tes tí moito que facer, passu?
Investigarei...

 

 
Avatar de Usuariopassu dixo:

Pois eu creo que ó final vai ser mellor que chamemos a Farruco para que veña a resolver o tema dos sobres...Mira que deron para escribir os benditos sobres...O que eu digo, hai quen non ten que facer...

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

Os políticos gozan todos dunha mesma cor. As aportacións dos veciños aportan tonalidades ós nosos xerentes.
Un exemplo: o sobre enriba da mesa. xa leva tempo resolto, Sir Arthun Gordon: para uns está "sobre"seído (cor branca), para os outros "sobre"entendido (cor negra). As dúas verdades son agora reais (cor grisácea).
Investigaría, pero temo atopar unha terceira verdade (multicolor) na que todos estaríamos implicados...

 

 
Avatar de UsuarioArthur Gordon dixo:

Vaia cousa se os veciños temos que dar ideas ao Alcalde. Se vostede é quen di ser, debería ir a investigar que pasou co tema dos sobres que os politicos incluido o PP e sobre todo o PP tentan agocahr. Investigue quen ten que pagar polo tema o psoe ou o pp, porque vendo que xa morreu o conto, empezo a pensar que foi todo un invento do pp, porque senon non entendo como non fan nada. e se foi un invento do pp, non entendo porque o psoe non fai nada para defenderse. Investigue Perry Mason a ver se ten boa sorte e lle saca as cores aos politicos.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

¿Algunha idea, Sir Arthur Gordon? ¿qué nos delata o seu corazón, Sir Arthur Gordon? Investigarei...

 

 
Avatar de UsuarioArthur Gordon dixo:

Non haberá cousas mellores que facer.

 

 
Avatar de UsuarioPerry Mason dixo:

¿Mudamos os parqués dos parques? Preguntará o PSOE.
¿Para quén? Preguntará o PP.
¿Para qué? Preguntará o PIN.
¿Por? Preguntaría o BNG.
¡Porque si! Respondería Blanco.
Continuidade dos parques.
Investigarei...

 

 
Tes que facer 'login' para deixar comentarios  Voltar
 
USUARIOS
 
 
Usuarios rexistrados:343
 
Usuarios en liña
Google [Bot]
Lueiro
Redemuiños
Convidados:1
 
 
PATROCINADORES
 
 
 
 
BLOGS
 
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS
 
 
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
 
O ceo sobre as herbas... O lamentable estado do local parroquial xestionado por Cáritas
Perry Mason dixo: ...
As campañas vaticanas asesinas
para que en ...
 
Retallos de intrahistoria barcalesa: Franco no Val de Barcala
Perry Mason dixo: ...
Mi ma que susto me levei
logo dun tempo sen ...
 
candepalleiro dixo: ...
Non deixa de ser curioso que en poucos dias en Val ...
 
Lueiro dixo: ...
Meus parabens Daniel.

Unha das mell ...
 
 
LIBRO VISITAS
 
 
Ver todos os comentarios
 
Lueiro dixo: ...
Que bo tema o de Norah Jones. E claro que podemos sentarnos ó fente do historio catódico... previo ...
 
Bo dixo: ...
De feito, bravo por La 2. Teño entendido que esta temporada nos agardan bastantes sorpresas cultura ...
 
Lueiro dixo: ...
Gris! eso é unha sorte meu bo amigo Bo!

Pois La2, a tv dos animáis... por sempre r ...
 
Bo dixo: ...
Qué gris comenzou esta semana o ceo barcalés!
Que non se nos contaxie o humor. Deixo os so ...
 
Bo dixo: ...
Onte foi unha noite románica moi longa, e hoxe entro ao libro de visitas a hurtadiñas pola porta ...
 
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
 
 
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
 
candepalleiro dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
 
candepalleiro dixo: ...
" WHISKY MAN" candepalleiro dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
 
candepalleiro dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
 
candepalleiro dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
 
candepalleiro dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
 
Os debuxos da túa vida
Lueiro dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
 
Feira do Románico de Negreira
Lueiro dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...
 
Películas recomendables (todas as épocas)
Lueiro dixo: ...
Onte desfrutei de "El amante del amor" ( ...