Martes, 07 de Setembro de 2010
FESTAS E EVENTOS
PROXIMAMENTE
Festa de A Baña
San Vicente
Calendario completo
NOVAS
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
CONTIDOS
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
OUTRAS WEBS DO VAL
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
FOTOS DO VAL
ARQUIVO
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
O blog de
Larry Lurex
Invictus: Máis é menos...
Voltamos neste blog a falar dunha película do prolífico
Clint Eastwood
. Nesta ocasión, o xenial director americano nos regala o agardadísimo relato sobre o
Nelson Mandela
post-cárcere e como conseguíu que o mundial de rugby de 1995 se convertera nunha ocasión única para tentar a definitiva unión das razas branca e negra na
Suráfrica
de fináis de século, segregadas e enfrontadas históricamente tras a vergoña e inmoralidade política que foi o
Apartheid
.
Eastwood
, normalmente adicado a menesteres máis intimistas, aceptou novamente dirixir un filme grande -animado seguramente polo inapelable éxito das recentes
"Banderas de nuestros padres"
e
"Cartas dende Iwo Jima"
-. Un filme, que sen ser un biopic
"strictu senso"
sobre
Nelson Mandela
-Sen dúbida un dos grandes personaxes do século XX-, contén sen embargo tanta enxundia histórica, que facía imposible unha narración que obviara a entidade e representatividade do personaxe.
Así as cousas,
Clint Eastwood
afrontaba a dirección do filme coa dificultade de aunar en apenas 2h e 15 min, uns acontecementos tan enxundiosos e que lle deparaban o conflicto narrativo de contar unha historia con tres liñas argumentais claramente diferenciadas aínda que en evidente consonancia.
Por un lado, o filme, aínda sen ser un biopic, non podía obviar unha certa matización e descripción da persona e caracteres de
Nelson Mandela
, e por suposto, unha mínima referencia á sua estancia no cárcere.
Por outra banda, o filme tiña que explicar a situación de confrontación de razas provocada pola política discriminatoria do
Apartheid
e como esta estaba latente nos históricos momentos que se retaratan no filme.
E por último, a película tiña que contar o desenrolo do mundial de Rugby que tiña que servir ós intereses de
Mandela
para potenciar esa unión de razas, contando entón, coma o equipo de
Suráfrica
impulsado por
Nelson Mandela
, se fixo co apoio non só da raza branca, senon tamén da raza negra -ata ese entón detractores da sua propia selección polo que esta representaba de lembranza do dominio da raza branca sobre a negra- servindo pois de unión e de amnistía universal como base para afrontar uns novos tempos como país unido.
Clint Eastwood
, un dos grandes directores da historia do cinema sen nengunha dúbida, e aínda facendo un bo filme, falla na dificilísima laboura de conxugar narrativamente os aconteceres.
Nin que decir ten que estamos perante unha película impecable dende o punto de vista formal. Destacamos o papel dunha fotografía nada lustrosa nen preciosista, moi
"invisible"
e deliveradamente asemellando ó look de Tv (non debemos esquecer que estos eventos os coñecemos pola tv) que nos axuda a facernos máis real a experiencia, así coma a impecable actuación de
Morgan Freeman
na dificil pel de
Nelson Mandela
, nun papel desos que din os actores que se nace para facelos.
Sen embargo, onde a película falla, é dende o punto de vista narrativo. Eran tres as liñas argumentais a conxugar -
Nelson Mandela
, o mundial de Rugby, e a confrontación de razas-. Unha narración dificultosa e que
Clint Eastwood
tenta de saldar destacando nos primeiros intres de metraxe a figura de
Nelson Mandela
, procurando que pouco a pouco, sen case decatarse o espectador, o Rugby fora collendo o fío groso e o peso da narración, e conxugando todo coa confrontación de razas, que está habilmente representada e ben engrosada na historia, polo equipo de seguridade de
Nelson Mandela
, onde traballan xuntos brancos e negros, e como pouco a pouco aprenden a facelo sen reparos -o que é un acerto do excelente director que é
Eastwood
-.
Sen embargo algo falla na idea, e a sensación de querer contar tanto en tan pouco, lastra a sensación final do filme. Non consigue
Clint Eastwood
que a sua pericia argumental funcione, e o pouso que queda é a de non acabar de decantarse claramente por unha das liñas argumentais perante o escaso metraxe dunha película que precisaba alomenos de 3h horas para ser contada.
Todo isto ademáis, e esto xa son conxeturas e malintencionadas sospeitas propias, coa sensación dunha montaxe excesivamente apurada e pouco coidada -a narración do curso do mundial é lamentable, sen emoción algunha- seguramente pola carreira de querer chegar a tempo para a tempada dos premios.
En definitiva, este
Invictus
de
Clint Eastwood
non da todo o que se agarda e non vai a pasar a historia por ser unha das "obras maiores" do seu autor. Tampouco é a película definitiva -que está por chegar- sobre
Nelson Mandela
, pero en todo caso, é unha boa película que mantén certa dignidade e interese nunha historia que vaga a pena coñecer.
Son
Larry Lurex
no domingo 31 de de Xaneiro de 2010.
Tes que facer 'login' para deixar comentarios
Voltar
USUARIOS
Usuarios rexistrados:
343
Usuarios en liña
Lueiro
MSN [Bot]
Convidados:
4
PATROCINADORES
BLOGS
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
ÚLTIMOS COMENTARIOS
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason
dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
O ceo sobre as herbas... O lamentable estado do local parroquial xestionado por Cáritas
Perry Mason
dixo: ...
As campañas vaticanas asesinas
para que en ...
Retallos de intrahistoria barcalesa: Franco no Val de Barcala
Perry Mason
dixo: ...
Mi ma que susto me levei
logo dun tempo sen ...
candepalleiro
dixo: ...
Non deixa de ser curioso que en poucos dias en Val ...
Lueiro
dixo: ...
Meus parabens Daniel.
Unha das mell ...
LIBRO VISITAS
Ver todos os comentarios
Bo
dixo: ...
De feito, bravo por La 2. Teño entendido que esta temporada nos agardan bastantes sorpresas cultura ...
Lueiro
dixo: ...
Gris! eso é unha sorte meu bo amigo Bo!
Pois La2, a tv dos animáis... por sempre r ...
Bo
dixo: ...
Qué gris comenzou esta semana o ceo barcalés!
Que non se nos contaxie o humor. Deixo os so ...
Bo
dixo: ...
Onte foi unha noite románica moi longa, e hoxe entro ao libro de visitas a hurtadiñas pola porta ...
Lueiro
dixo: ...
Destino de caballero, moi apropiada elección nestos días de festas medievais (xa na Pontevedra de ...
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro
dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
candepalleiro
dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
candepalleiro
dixo: ...
" WHISKY MAN"
candepalleiro
dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
candepalleiro
dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
candepalleiro
dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
candepalleiro
dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
Os debuxos da túa vida
Lueiro
dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
Feira do Románico de Negreira
Lueiro
dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...
Películas recomendables (todas as épocas)
Lueiro
dixo: ...
Onte desfrutei de "El amante del amor" ( ...