Xoves, 09 de Setembro de 2010  
 
 
 
FESTAS E EVENTOS
 
 
HOXE
Festa de A Baña
San Vicente
 
 
PROXIMAMENTE
 
Santa Margarita
Negreira
 
 
Calendario completo
 
 
NOVAS
 
 
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
 
 
CONTIDOS
 
 
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
Contáctanos
 
 
 
OUTRAS WEBS DO VAL
 
 
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
 
 
FOTOS DO VAL
 
 
ARQUIVO
 
 
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
 
 
Lendas barcalesas de dificil verificación: O paseante vestido
 
Talento e desmesura, retranca e ironía... Valdebarcala.es presenta unha nova e actualérrima Lenda Barcalesa de Dificil Verificación da man dun dos tolos redactores desta webera do punto es, o barcalés artista, Daniel Barbazán Turnes.

Nesta ocasión, o inxenio do escritor/ilustrador barcalés, por medio da lenda titulada “O paseante vestido”, lévanos -coma de cote-, a enfrontarnos de cheo cos máis profundos porqués dos irregulares comportamentos barcaleses, facendo especial fincapé nas razóns do espíritu ceibe e nú dos barcaleses paseantes, e como o novo e lustroso paseo fluvial de Negreira, recentemente puso de actualidade.

Sen máis dilación e a só un pequeno, sinxelo e máxico clic no ler máis de abaixo, a Valdebarcalesa máis artística, vos achega a magnífica redacción en forma de lenda do noso Daniel Barbazán Turnes, e que leva por título “O paseante vestido”.

PS: E dende a redacción, recomendamos atención especial ó xenial debuxo que ilustra o texto, unha verdadeira xoia.

Ler máis...(Comentarios 0)
 

 
Concerto dos barcaleses Rockin´13/Este-Band, este Venres no Pub Trisquel de Sta Comba
 
Nesta valdebarcalesa webera do punto es, enxundia dixital do Val de Barcala (o máis fermoso val de Galicia, experimento sensorial dos Deuses e cenit do paraíso na terra), sempre de par dos seus, percorremos o aquel de Barcala e dos barcaleses en calquera forma ou maneira que o sexan... e como queira que se chamen!.

Así é como nesta ocasión, chegamos ata os Rockin´13, e os Este-Band, ou os Este-Band e os Rockin´13, trasunto uns dos outros, o certo é que 4 dos virtuosos compoñentes de Rockin´13 (ausente Esteban na batería), estrean nome e banda que se lles da en chamar Este-Band.

Os Este-Band, que pretenden medrar en conxunción de estímulos musicais coa emblemática Rockin´13, actuarán este mesmo venres 10 de setembro no Pub Trisquel, de Santa Comba, a partir das 22:30 horas. Así as cousas, dende esta desmesura dixitalizada, animamos a todos os barcaleses santacombeiros (que hailos... e moitos), que acompañen ós barcaleses de Rockin´13/Este-Band, nesa magnífica e rockanroleira noite de venres.

Se queres coñecer un pouco o porqué do cambio de nome, e os detalles do concerto, podes facer un abarcalesado click no ler máis de abaixo, onde atoparás unha nota de prensa redactada pola banda.

Ler máis...(Comentarios 0)
 

 
Chega a sabedora Paella Xigante "Á Nicrariense"
 
Estes días escoitanse por toda Barcala uns tronadores estrondos. Non vos preocupedes, non se acerca unha forte tormenta, son os estómagos barcaleses que xa ansían dixerir esa paella xigante, outro dos acertos de Festexos Negreira para as próximas e prometedoras Festas de Santa Margarida de Negreira. Gracias os esforzos dos incansables organizadores, de novo teñen un excelente cartel do que iremos dando conta nestas semanas vísperas da agardada algueirada.

E non é que nos poidamos queixar da falta de esmorga, logo dunha exitosa e participativa IV Feira do Románico da última fin de semana. Pero se por algo se caracteriza esta Comisión de Festas, logo de revivir das súa cinzas cal Ave Fénix, é por non deixar espazos grandes de tempo orfos de eventos.

Valdebarcala.es quere recordar que todos aqueles gustosos do social e gastronómico acto que terá lugar o sábado 18 de agosto no campo da feira de Negreira ás 21:30, podedes xa mercar os tickets ao módico precio de 7 euros (inclúe ración de paella xigante “Á Nicrariense”, Rosca con marmelo de postre, pan, viño e café) nos seguintes locais:
Café Bar “O Cotón”, Cafetería “Abrente”, Bar “Fontana”, Bar “Imperial” e Bar “Porto”.

Este precio será para os que compredes o ticket antes do xoves 16 de Setembro ás 20:00 horas. Logo desta fecha, o precio do ticket pasará a ser 10 euros e o único punto de venta será o Bar “Porto”.

Non perdades a ocasión de degustar tan sabedora, xigante e nicrariense paella que fará as delicias paladares dos gourmets máis esixentes, e que contará como amenizador co grupo MIMO.


Ler máis...(Comentarios 2)
 

 
8 e 9 de Setembro: Grandes festas en San Vicente de A Baña!
 
E na esmorgueira bisbarra de Barcala, galaico lugar de festas e feiras, a cousa non remata e vai en contínuo proceder de traca e bomba porque, esperando polo seu turno de alborada, se atopa a capital de A Baña, San Vicente, segundo núcleo urbán en importacia do Val de Barcala, e que celebra dende mañán día 8 de setembro as súas emblemáticas e enxebres Festas na honra da Virxe do Bo Suceso e as Dores.

Así as cousas, estamos en disposición de recoller o “eco” que alimenta noutras montañas, e en claro servicio de entrega ós usuarios valdebarcaleses que conformamos esta familia na rede, deixamos constancia do estupendo programa festeiro bañés e que inclue á Orquesta Gran Parada e ó Dúo Rosán para a noite do día 8.

Para a festividade do día 9, a cousa será tal, que a sesión vermú chegará dende o palco da orquesta Nueva Generación, que tamén amenizará a noite xunto coa Orquesta Aché, previo pase dos barcaleses esmorgueiros, a eso das 19:00h, pola Praza do Concello, onde está prevista a actuación do grupo de baile, Os Armadanzas de Laraño e a boa onda da charanga Tanto nos Ten.

Así as cousas, valdebarcaleses militantes, recollede a cita! e en énfasis de entrega devota pola festa, participade dunha xolda máis nesta nosa bisbarra de ampla enxundia esmorgueira, desta vez -e que serva de precedente claro-, en San Vicente de A Baña.

Ler máis...(Comentarios 0)
 

 
A rede de oportunismo (alcantarillado) chega a Corneira.
 
Os barcaleses, co vezo de ver levantar un imperio en tempada alta de votos, conformamos unha singular natureza de “velas vir”.

Tal costume é a propia que se pon de manifesto, con lambonadas á piruleta de intencionais xugos, na enxebre terra de Corneira, lugar onde as obras fan camiño coa idea de instaurar a canalización de vontades... das augas porcas.

Así é como, apurando un proxecto de varios anos -non electorais-, ó fin viñeron dar ó lugar as máquinas humanizadoras -quen llas dera a D. Erasmo de Rotterdam.- para facer a obra que pouco máis lles costa ós bañeses que o sobresoldo que durante o seu mandato mantivo o ilustre alcalde.

Varias semáns levan mallando as canalizacións que farán derivación das augas, e tentan desviacións intencionais, para dotar ó lugar parroquial de Corneira, da fermosura e confort que supoñen as alcantarillas.

O adeus dos regatos de cousas e o adeus dos pozos negros...

Agora que veñan as furnas...

"Porco cane!"

Ler máis...(Comentarios 2)
 
USUARIOS
 
 
Usuarios rexistrados:343
 
Usuarios en liña
Convidados:2
 
 
PATROCINADORES
 
 
 
 
BLOGS
 
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS
 
 
A rede de oportunismo (alcantarillado) chega a Corneira.
Salvatore dixo: ...
Eco! io no lo veo male... e normale que el jefe tr ...
 
Chega a sabedora Paella Xigante "Á Nicrariense"
Salvatore dixo: ...
Ma poco presentero hay como tu, mio esttimatto ami ...
 
Perry Mason dixo: ...
Non se equivoca o presenteiro Blanco Pazos:
...
 
A rede de oportunismo (alcantarillado) chega a Corneira.
candepalleiro dixo: ...
Asi e como funciona a politica caciquil pepeira na ...
 
Das ramas afogadas, das declaracións do alcalde e de Medio Ambiente
Perry Mason dixo: ...
Pois fraco favor fas á causa do galego, Virsipu,< ...
 
 
LIBRO VISITAS
 
 
Ver todos os comentarios
 
Lueiro dixo: ...
Pois o asunto de Julio Cortázar (xenial) lembroume a aquel album "rara avis" no panorama standar hi ...
 
Bo dixo: ...
Sí señor! Que estupendo tema. E vaia dúo, tan estrambótico coma talentoso.
Eu vou a poñ ...
 
Lueiro dixo: ...
Bueno, un grupo con Brian Ferry e co enorme Brian Eno (o "gran tapado" da música moderna, verdadeir ...
 
Bo dixo: ...
Pois nada, Fand, hai que aproveitar os momentos nos que semella que un raio de sol entra pola fiestr ...
 
Fand dixo: ...
Y perdonad el cambio tan radical pero esta semana esta siendo del todo estresante asi que para que p ...
 
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
 
 
Os debuxos da túa vida
virsipu dixo: ...
"Candy Candy" y "Heidi" cambia ...
 
O top 10 das mellores voces do Rock
candepalleiro dixo: ...
Por ultimo " SATISFIED MAN" dos MOLLY HA ...
 
candepalleiro dixo: ...
Unha magnifica version do tema dos Stones " I ...
 
candepalleiro dixo: ...
" WHISKY MAN" candepalleiro dixo: ...
Neste tema " BEATIN, THE ODDS" os Hatch ...
 
candepalleiro dixo: ...
Neste tema " GATOR COUNTY" a voz solis ...
 
candepalleiro dixo: ...
Esta e unha version que fan dun tema dos ALLMAN BR ...
 
candepalleiro dixo: ...
Seguindo coa miña modesta aportacion a esta secci ...
 
Os debuxos da túa vida
Lueiro dixo: ...
Outros debuxos máis que míticos... [size=200:1t ...
 
Feira do Románico de Negreira
Lueiro dixo: ...
A fervenza da vida... este ano pérdome a feira. ...