OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

O Foro Melómano de Valdebarcala.es

OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor Lueiro » Dom Abr 26, 2009 9:48 pm

Facía tempo que tiña ganas de inaugurar un novo tema adicado ós mellores solos da historia do rock.

Comenzo co que para min é o mellor solo de guitarra (guitarras) da historia, un exmplo de virtuosismo absoluto e que exemplifica á perfección como era a maestría de Brian May na guitarra.

Sempre dixen que normalmente nos venden moito fume en canto a grandes guitarristas, e normalamente en canto vemos un guitarrista de extrema rapidez nos dedos solemos quedar impresionados un bo anaco... e iso está moi ben, pero seméllase máis ó deporte que a música, porque ó final redúcese a mover moi rápido os dedos.

Eu entendo a guitarra dende outra óptica, e poño exemplo de este tema.

Neste tema, escoitamos case sen decatarnos ata 24 pistas diferentes de guitarras, cada unha co seu propio sonido tentando de imitar un instrumento diferente de unha orquesta (trompeta, saxo, trombón...). O prodixioso do asunto é que toda a canción ten a súa base en diferentes guitarras que se van alternando na composición, se un atende á música, decátase de que todos os acompañamentos son de guitarras con son nunca antes escoitados.

Brian May é para min o máis grande guitarrista de todos os tempos polo seu modo de entender a guitarra como unha orquesta en si mesma, e as armonías de guitarra do intelexentísimo Brian son xa míticas.

Atención pois a todo o video, porque durante todo o tema se suceden os ataques das guitarras, pero é a partir do minuto 2:40 cando comenza un espectáculo de guitarras emulando unha orquesta de jazz que sinplemente é algo increíble.

Deixo despois un video onde o propio Brian May explica como fixo semellante cousa (24 pistas de guitarras!!!) e onde o propio Nuno Bettancurt amosa o seu asombro pola composición e polo solo de guitarras di Nuno: " ... no puedes menos que decir...¿qué es eso?...¿¿como lo han hecho?? ¿¿¿quien es el autor de eso???..."

Vai logo o que para min é a mellor composición de guitarra da historia:



Explicación de Brian May con declaración de Nuno Bettancurt:

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor Jorge » Xov Abr 30, 2009 1:05 pm

Pois para min un dos mellores solos de guitarra é o de Stairway to Heaven, de Led Zeppelin. Creo que merece unha mención neste foro, :P
Avatar de Usuario
Jorge
 
Mensaxes: 7
Rexistrado: Ven Nov 21, 2008 1:45 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor Lueiro » Xov Abr 30, 2009 9:46 pm

Pois tes razón Jorge, o de Stairway to heaven é un gran solo do mais grande todavía Jimmy Page, o socio de Robert Plant...

Outro dos solos de guitarra que sempre me cautivaron é este solo que aparece ó final deste enorme tema Moonage Daydream do xenial David Bowie, e que non resulta especialmente virtuoso dende o punto de vista técnico (xa dixen que non interpreto a guitarra como unha sucesión de rápidos movementos, senon como un instrumento con alma), pero que representa á perfección o sentimento da canción... unha guitarra que se retorce, suspira, que goza, que e se cansa e colle folgos... unha interpretación absolutamente maravillosa da canción. É por iso dos meus solos preferidos, porque coa guitarra, sintes a letra da canción.

O solo de guitarra ó que me refiro, comenza no 3:14

Solo de guitarra de Moonage Daydream de David Bowie (guitarrista Mick Ronson)

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor Jorge » Ven Mai 01, 2009 11:53 am

Pois quero facer outra pequena aportación, ca canción de Lynnyrd Skynyrd: Free Bird, que para min contén outro dos mellores solos que existen. Comeza aproximadamente os 5 minutos.

Avatar de Usuario
Jorge
 
Mensaxes: 7
Rexistrado: Ven Nov 21, 2008 1:45 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor Elias » Lun Mai 18, 2009 6:19 pm

november rain!!, co gran slash!!
Avatar de Usuario
Elias
 
Mensaxes: 8
Rexistrado: Lun Mai 18, 2009 6:10 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor Lueiro » Lun Mai 18, 2009 10:09 pm

Que razón levas Elías, Slash é do máis grande da guitarra rockeira, e November Rain unha das grandes composicións do Rock de todos os tempos, pero non teñas medo de por o video.

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor Lueiro » Lun Mai 18, 2009 10:38 pm

Pero esto tamén vai de riffs impresionantes... velaí un exemplo para que cunda... A ver quen de vós o supera...

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor Elias » Mar Mai 19, 2009 10:01 am

bufff, tes razon, pero este tampouco esta mal..
Avatar de Usuario
Elias
 
Mensaxes: 8
Rexistrado: Lun Mai 18, 2009 6:10 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor Elias » Mar Mai 19, 2009 10:29 am

Bueno eu queria salientar tamen o que pa min foi un dos mellores guitarristas de metal da historia, Dimebag Darrel, o que fora musico do grupo Pantera, e é que Darrell empezou a participar en competicions estatales de guitarra, e a idade de 16 anos prohibiuselle tomar parte en ditas competicions porque xa ganara demasiadas veces. Bueno e ó que ia e que o dia 8 de diciembre del 2004 nun concerto en Ohio, un impresentable chamado Nathan Gale, de 25 años de idade, asesinouno brutalmente con 2 disparos de bala na cabeza que lle provocaron a morte instantaneamente, e non solo se consolou con matar a Dimebag que tamen matou 3 traballadores do concerto e feriu grabemente a 2 policias, en fin, lamentable..
,
bueno aqui deixovos os solos mais bastos deste home, disfrutadeos..
recomendo que o vexades enteiro porque e realmente impresionante, en resumo, un dios para calquera guitarrista...
Avatar de Usuario
Elias
 
Mensaxes: 8
Rexistrado: Lun Mai 18, 2009 6:10 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor santabaia » Mar Mai 19, 2009 12:56 pm

Amigos Elias , Jorge e Lueiro, a ver que vos parece o que aqui vos deixo.
Para min e un tema que me da marcha e coido que o riff e de moita calidade.
Espero que sexa do voso agrado.
Avatar de Usuario
santabaia
 
Mensaxes: 84
Rexistrado: Mar Nov 11, 2008 4:44 pm

Seguinte

Volver a Música

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 0 convidados

cron