Pois a min encántame esta escena de Thelma & Louis de Rydley Scott. A primeira vez que a vin foi no cine e casi aplaudo cando lle fan voar polos aires o camión ó "mamonazo" ese, e non é que me guste a violencia. Non é a primeira vez que me acordo desta escena escoitando falar a algún elemento similar a este.[/size]
Moi boa secuencia Passu dun dos meus directores preferidos, Ridley scott, un tipo que deseñou un estilo propio e que se aproxima ó cine total pois manexa á perfección todos os parámetros da linguaxe cinematográfica ata empaparche dentro dos seus filmes.
Sen embargo, hoxe quero facerlle unha homenaxe a unha das miñlas pelis preferidas: "O terceiro home" ou THE THIRD MAN, peli dirixida maxistralmente por Carol Reed pese a que as malas línguas afirmen que foi o xenial Orson Welles quen tivo o timón da obra.
A sinopse da peli vouna pegar da wikipedia...que está mellor resumida do que eu podería facer...
En el periodo de posguerra, un escritor norteamericano llamado Holly Martins (Joseph Cotten) llega a Viena para descubrir que su mejor amigo Harry Lime (Orson Welles) ha fallecido en un extraño accidente de tráfico. El jefe de la policía militar británica le insinúa que su amigo se había mezclado en la trama del mercado negro de penicilina por lo que Harry intentará averiguar qué se esconde realmente detrás de la muerte de su amigo.
A secuencia que está o pé deste post, en concreto sitúase no momento no que Holly Martins acaba de sair da casa da muller que lle fai tilín e que era "amiga" de Harry Lime...pero a él acábao de rechazar e o seu gato tamén...na secuencia, o gato sen embargo aparece na calle e sitúase moi cariñoso nas pernas dunha persoa que non se ve...Holly anímao a que se descubra, unha luz inoportuna ilumina a súa cara...e descubre que en realidade trátase do seu amigo morto!!!(xenial a cara que pon Orson)
esta aparente sencillez dí moito da situación..o gato (que magnífica idea a de utilizar un gato para que entendamos o que pasa cos personaxes) que rechazou a Holly, quere a este home...o gato representa tamén os sentimentos da muller que rechazou a Holly...e que tamén ama a Harry...
O que ven despois é a famosa secuencia da persecución polas alcantarillas...ejem...creo que alarguei de máis...
Ahí vai logo unha secuencia absolutamente maxistral polo que amosa en apenas un minuto toda a enjundia da película, por iso hai películas que son tan grandes.
EL TERCER HOMBRE, secuencia da aparición de Orson Welles como unha pantasma.
Retomo o que debe ser o meu tema preferido aínda que xa non sei de verdade cal me gusta máis de todos...
En fin, que hoxe presento a miña aportación a este tema olvidado:
Trátase dunha secuencia que me provocou un grande impacto a primeira vez que a vin, pois nunca vira nada igual nos filmes clásicos da época...a secuencia é o principio da peli, é o seu comenzo, e que mellor maneira que con un maxistral plano secuencia de 4 minutos... para o mellor travelling da historia do cine, e que nos plantexa o mcguffin da peli desta maneira tan creativa... e o mellor de todo é que o filme non desmerece en nada tan excepcional comenzo.
Mención aparte para o famoso e maxistral tema que acompaña á secuencia do gran compositor que foi Henry Mancini autor de entroutras o mítico Moonriver de "Desayuno con diamantes" de Balke Edwards).
Só un xenio como Orson Welles podía facelo de ese modo...Así comenza unha das OBRAS MESTRAS indiscutibles da historia do Cinema:
Facía moitos anos que quería ver a película de Jack Clayton THE INNOCENTS, pois eran moitas as voces que a catalogaban como unha das películas máis terroríficas da historia do cinema.
Este fin de semana puden facelo, e de certo que non se equivocaban aqueles cinéfilos que a tiñan en tan boa consideración. Evidentemente os tempos van cambiando e que antes era cinema de terror hoxe xa non aterroriza tanto, pero sen embargo, aínda lle queda a este estupendo filme algún que outro golpe de efecto certamente terrorífico.
Nin que decir ten que non se trata de un terror ó uso de golpes de son sen xeito, trátase de un terror máis ben psicolóxico que vai penetrando no espectador a medida que te adentras nos personaxes e vas entendendo o que pasa realmente. O uso dos efectos sonoros é espectacular, pero o máis terrorífico do filme está nas interpretacións dos nenos (sobre todo o neno) e dunha fenomenal Deborah Kerr. nunha das suas mellores interpretacións.
Poño agora unha das secuencias que máis me gustaron.
Nesta fenomenal secuencia na que o neno, maxistral a versificación do neno actor, recita un tenebroso poema (de todo menos fermoso... absolutamente terrorífico) comenzamos a entender xunto co personaxe da profesora, o que está a pasar cos nenos.
O terror da secuencia está tanto no recital do neno, con esa cadencia no ritmo dos versos cantados... pero sobre todo está na reacción nos ollos de Deborah Kerr que se decata nese intre de que o neno pode estar posuído por un espíritu...
É increíble a interpretación de Deborah Kerr nesta secuencia, un exemplo de como se actua sen necesidade de decir palabra algunha, como se nota o cambio que se produce no seu rostro nun momento dado do recital... e sobre todo, como é capaz de aterrorizarche cos seus ollos...increíble... unha actuación increíble... do melloriño que vin en moito tempo nunha actriz.
Esta escea é moito máis que unha boa secuencia... certamente é xa un icono da historia do cinema, e sobre todo, un gran momento (máis ben "o momento") cinemátográfico do grandísimo Marlon Brando, cunhas frases que xa pertencen á memoria colectiva de todo cinéfilo que se precie:
-" ...pero ahora vienes a mí a decir: 'Don Corleone, pido justicia', y pides sin ningún respeto, no como un amigo, ni siquiera me llamas Padrino. En cambio vienes a mi casa el día de la boda de mi hija a pedirme que mate por dinero."... Absolutamente xenial!!
Increíble ademáis como Francis Ford Coppola, consegue con esta secuencia, definir á perfección a Don Corleone: Home xusto, amigo dos amigos, sinceiro, respetado e para quen a familia é o máis sagrado.
Maravillosa e irrepetible secuencia dunha Obra Mestra, que non deixa de emocionar a cada vez que se revisita.
Bueno, retorno o meu lugar de cinema preferido cunha estupenda secuencia que é un exemplo de como George Lucas se toma moi en serio os seus personaxes dea magnífica saga de Star Wars (Mal que lle pese a moitos).
A secuencia sitúase no tempo no segundo filme da nova triloxía, é dicir no capítulo 2 "O ataque dos clons".
Xa na primeira das películas, advertíase un comezo de atracción emocional entre o neno Anakin Skywalker e a raíña Amidala. será nesta segunda parte da triloxía cando un Anakin xa ben medrado, lle declare o seu amor á Senadora Amidala.
Durante todo o filme, antes da secuencia que imos ver a gora, sucédense os coqueteos entre Anakin e Amidala.
Na secuencia que colgo, vemos maravillosamente construída unha fermosísima secuencia de amor, quizáis a mellor secuencia de amor de toda a saga, e por suposto, cunha perfecta construcción técnica da mesma.
Nun primeiro intre, Anakin xoga cos dedos acariciando a man da súa amada... a música do mestre John Willians acompaña o momento...
Anakin, nunha excepcional interpretación de Hayden Chrístensen, vendo a receptividade de Amidala (Natalie Portman), da un paso máis (o que apreciamos na interpretación de hayden, mordendo os beizos como un adolescente que non se atreve...) e comenza a acariciar a súa espalda núa... A cámara de George Lucas, sabiamente colocada, nos mostra agora nese mesmo intre a secuencia dende atrás para que podamos ver a sensual espalda de Natalie Portman.
Sucédese unha mirada agarimosa de Amidala a Anakin... fermosa mirada de aceptación, mirada de un par de segundos... Observamos a rendición de Amidala ó amor de Anakin Skywalker... este dase de conta e corresponde cunha sorrisa de namorado... por fin o conseguiu... acto seguido, maxistralmente, George Lucas, da man de John Willians na música, cambia o tema principal cun cambio na melodía...
Este cambio na melodía representa tamén o cambio nas relacións entre Anakin e Amidala (futuros pais de Leia e Luke Skywalker)... e chega o primeiro bico da saga galáctica... De novo a música, como un coitus interruptus troca a melodía... Amidala dase de conta de que Anakin é un Jedi e ela pertence ó Senado da República e remata co bico... un amor imposible... a cámara volta odnde comenzou a secuencia...
Non pasou nada... pero sabemos xa que sí pasou... Xenial Secuencia pois de... si... de STAR WARS...