Curtametraxes

O Foro para os Barcaleses máis cinéfilos

Curtametraxes

Mensaxepor Lueiro » Xov Feb 11, 2010 11:05 pm

Pois o tema vai de curtametraxes...pouco máis hai que decir...

Este día revisitaba cun amigo esta estupenda e cómica curtametraxe que Nacho Vigalondo, o director de "Los Cronocrímenes" e nominado ó Oscar por unha curta da que non me lembra o nome e a pereza non me deixa trocar de ventá pra mirar no Santo de Google. A curta chámase "Cambiar el mundo" e formou parte dun proxecto ou campaña de protección do medio ambente e na que unha serie de directores tiñan que rodar unha curta con mensaxe "verde" e rodalo co movil Nokia N95.

Efectivamente a curta está rodada cun movil... así que se demostra que cando existen as ideas, o de menos son os medios.

"Cambiar el mundo" de Nacho Vigalondo

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: Curtametraxes

Mensaxepor Bo » Ven Feb 12, 2010 9:47 am

Encantado coma sempre de participar en cada un dos novos retos que vas propoñendo neste cinéfilo foro, Lueiro.
A miña primeira aportación é un corto de animación feito polo español Jossie Malis que, con unha estética semellante a que acadaba a maxistral animadora alemana Lotte Reiniger, ou os ancestrais creadores de teatro de sombras, nos fala de temas bíblicos como a avaricia mezclados coa máis moderna tecnoloxía, deixándonos sempre un lixeiro ruxe-ruxe nos miolos non sempre agradable.
O corto é a segunda peza da súa triloxía "Bendito Machine".

Avatar de Usuario
Bo
 
Mensaxes: 68
Rexistrado: Mér Nov 18, 2009 2:37 pm

Re: Curtametraxes

Mensaxepor Lueiro » Xov Feb 18, 2010 11:54 pm

Excelente aportación Bo, unha curtametraxe de animación que che deixa este mal corpo non pode ser despreciada.

Eu vou a deixar esta enigmática curtametraxe de tantos interrogantes que non deixan senon que permanezcas hipnotizado sen saber moi ben se o trance ven dado polas imaxes ou pola música. Existe unha versión anterior de máis lonxitude, pero seguindo o extrano consello do seu autor Jesús del Real, opto por meter primeiro a derradeira edición de 3 min e pouco.

El Grito de la Sirena de Jesús del Real ,1990



Pero non me resito a poñer a sua versión orixinal de máis longa duración. Tamén deixo a rara explicación do autor do por qué do recorte.

En su versión original de celuloide 35 mm., la pantalla grande del cine aguantaba el ritmo lento de las panorámicas que trataban de aunar la técnica con la moral según nos advirtiera Godard. La velocidad digital impone otro ritmo y en la banda ancha no caben dilaciones, el tiempo dura lo que marca el cronómetro y el plano es la superficie de la pantalla, no busquéis más allá, que diría Warhol. Hay que adaptar el relato al medio en el cual se ve y el corto en su versión anterior no aguantaba el ritmo que impone el formato del móvil o el de You Tube. Aunque, sin ánimo de comparar, tampoco creo que resistirían estos formatos algunos grandes clásicos del cine.
También sé que en estos medios digitales, parafraseando el título de Paul de Man, la resistencia a la teoría es grande y hay que ser concisos. Esta reducción del formato sería semejante a la que ofrece la pintura en la contemplación de los grandes cuadros de historia a los pequeños interiores holandeses del XVII. Un propósito de la pintura es mostrar cómo la situación revela el carácter (ethos) haciendo coincidir el mythos (relato) con el télos (fin). Tratar de concentrar el desarrollo dramático en un punto álgido que condense y que permita cierta invención: El momento pregnante de carácter lessingniano donde mejor se permita proyectar la acción hacia delante o detrás en el tiempo, pudiendo recrear lo que ha sucedido o sucederá. Un ejemplo rápido lo tenemos en el neoclasicismo de J.J. David. O por poner un ejemplo más cercano: No contemplamos igual los grandes lienzos de Sorolla de la Hispanic Society que sus reducidos formatos ejecutados al borde del borde del mar. Hay dos intensidades emocionales diferentes. Dos tempos.
En consecuencia, el tiempo se inmiscuye en el espacio pictórico (Benard Lamblin, Peinture et Temps), cuanto más hemos reducido formato más necesario ha sido aumentar esos momentos cumbre de acción dramática. Omnívora intensidad que nos hace concentrar la acción, y a veces exagerarla para retener la percepción o llamar la atención de la mirada.


En fin...

El grito de la sirena (Versión orixinal) de Jesús del Real, 1990

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: Curtametraxes

Mensaxepor Bo » Ven Feb 19, 2010 10:04 am

Estupendo. Máxico. Por suposto, sempre me sentín moito máis atraído polas perigosas sirenas de Odiseo que polas ben intencionadas sirenitas da Disney, aínda sabendo que as primeiras me poderían levar a autodestrucción.

O meu turno aproveitoo para subir unha obra mestra da animación. Trátase do corto "Erizo en la niebla" (Yuri Norstein, 1975) procedente da maravillosa e descoñecida animación rusa. Teño un especial cariño a esta historia, no só pola súa calidade artística e narrativa, tamén porque me recorda aos meus tempos de rapaz, cando nas negras noites coas súas brancas nebras me dirixía a casa da miña avoa no lugar de Campos, e a ausencia de alumeado público enchía o camiño de formas e sombras que me causaban un medo tan aterrador como atraínte.

Como dicía Frederick Buechner, "Este es un mundo, donde las cosas bellas y terribles pasarán. No temas."

Avatar de Usuario
Bo
 
Mensaxes: 68
Rexistrado: Mér Nov 18, 2009 2:37 pm

Re: Curtametraxes

Mensaxepor Bo » Lun Feb 22, 2010 9:23 am

Subo hoxe o corto de animación que o artista Americán-Taiwanés de nome James Jean creou para a promoción dunha colección do diseñador Prada alá polo 2008. Digo isto pois gustaríame que os que viron "Avatar" me confirmaran ou non o parecido entre a protagonista do comercial e a nativa Na´vi chamada Neytiri, por non falar da fraga no que se desenvolve a historia.
Vos diredes.

Avatar de Usuario
Bo
 
Mensaxes: 68
Rexistrado: Mér Nov 18, 2009 2:37 pm

Re: Curtametraxes

Mensaxepor Lueiro » Mar Feb 23, 2010 12:21 am

Bueno, da curta do erizo, xa tivemos a ocasión de comentalo este fin de semana, un excelente aporte.

Con respecto curta de James Jean, e xa directamente por interpelación directa, eu, que xa vin Avatar, pois non quixen arriscarme a que o tempo me pase por riba, teño que concluir que, en certo modo as protagonistas é ben certo que gardan unha similitude, pero en todo caso, e sabendo como é o mundo este, considero que quizáis a coincidencia, e dentro dun mal pensamento -que en realidade penso que era ó que apuntabas- ven dada por unha filtración á inversa... é dicir, é evidente que un filme coma Avatar non se diseña nun ano nin en dous, polo que a criatura de Cameron penso que estaría definida dende antes.

¿Tí que opinas?.
Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: Curtametraxes

Mensaxepor Lueiro » Dom Feb 28, 2010 1:00 pm

Penso que nun tema coma este non deberíamos esquecernos da xenial curtametraxe nominada ós Oscar deste ano "La dama y la muerte" do español Javier Recio, primeira curtametraxe de animación española en ser nominada ó Oscar de Hollywood.

A curtametraxe -producida por Antonio Banderas-, resulta ser unha estupenda comedia tola e imaxinativa cun ritmo trepidante. Moita sorte para os premios e oxalá se traia :arrow: ó homiño dourado ese sen capa pero con espada, cara esta monarquía parlamentaria que resulta ser España.

La Dama y la Muerte de Javier Recio

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: Curtametraxes

Mensaxepor Bo » Mar Mar 02, 2010 9:26 am

Moita sorte para Javier Recio e a súa "La dama y la muerte", sen dúbida unha orixinal e xenuína mesturanza entre a animación Pixariana e o humor e ritmo de Francisco Ibañez e os seus Mortadelos, Filemóns, Pepes Gotera, Otilios, etc...
Sen dubidar por un momento a calidade técnica desta animación, eu volvo á antiga animación rusa que para min tanto encanto artístico posúe. Nesta ocasión, traio un corto de Fyodor Khitruk chamado "Island" do ano 1973 e no que nos fala dos males da egoísta sociedade daqueles anos que, lonxe de mudar, seguemos padecendo de maneira multiplicada e mesmo apoiada.
O corto resultou gañador, ese mesmo ano, do premio de Cannes á mellor peza de animación.
Sen dúbida que non será a derradeira ocasión na que recurra a este artista ruso autor de pezas maestras e relevantes da animación coma poden ser a longametraxe "Historia de un crimen", a versión rusa de "Winnie the Pooh" ou o corto "El hombre en el marco".

Avatar de Usuario
Bo
 
Mensaxes: 68
Rexistrado: Mér Nov 18, 2009 2:37 pm

Re: Curtametraxes

Mensaxepor Bo » Lun Mar 08, 2010 10:06 am

De novo recurro á animación do leste. Nesta ocasión co artista da animación checo Lubomír Benés e os seus dous personaxes máis coñecidos e recoñecidos: Pat e Mat.
O director e animador fixo cerca duns vinte cortos animados con estes dous incompetentes amigos e veciños. Se non os coñecedes, déixovos este simpático corto e xa veredes que axiña lle colledes cariño. "Pat e Mat. O Grill"

Avatar de Usuario
Bo
 
Mensaxes: 68
Rexistrado: Mér Nov 18, 2009 2:37 pm

Re: Curtametraxes

Mensaxepor Lueiro » Dom Mar 14, 2010 10:20 pm

Bo escribiu:Moita sorte para Javier Recio e a súa "La dama y la muerte", sen dúbida unha orixinal e xenuína mesturanza entre a animación Pixariana e o humor e ritmo de Francisco Ibañez e os seus Mortadelos, Filemóns, Pepes Gotera, Otilios, etc...
Sen dubidar por un momento a calidade técnica desta animación, eu volvo á antiga animación rusa que para min tanto encanto artístico posúe. Nesta ocasión, traio un corto de Fyodor Khitruk chamado "Island" do ano 1973 e no que nos fala dos males da egoísta sociedade daqueles anos que, lonxe de mudar, seguemos padecendo de maneira multiplicada e mesmo apoiada.
O corto resultou gañador, ese mesmo ano, do premio de Cannes á mellor peza de animación.
Sen dúbida que non será a derradeira ocasión na que recurra a este artista ruso autor de pezas maestras e relevantes da animación coma poden ser a longametraxe "Historia de un crimen", a versión rusa de "Winnie the Pooh" ou o corto "El hombre en el marco".


Excelente idea moi ben executada e resolta, cun excelente ritmo, afortunado senso do humor e ben armada de retranca e crítica a unha sociedade capitalista extremadamente deshumanizada e explotadora.

Unha curta de moita actualidade a pesar dos anos que xa lle pasaron por riba, como ben acertaches a decir.
Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Seguinte

Volver a Cinema

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 0 convidados

cron