OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

O Foro Melómano de Valdebarcala.es

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor Lueiro » Lun Feb 08, 2010 11:29 pm

Excelente aportación Candepalleiro, longa vida ó rock and roll. Pois eu retomo o gusto por este virtuoso tema cun estupendo tema dos meus idolatrados Queen e o seu enorme guitarrista Brian May.

A canción e Ginme the Prize, unha das cancións máis poderosas e épicas do repertorio Queen e que comenza cun estratosférico e xenial punteo no inicio da canción, que da pé a un lucimento vocal de Freddie Mercury, que posiblemente acada neste tema as notas máis agudas cantandao de peito da sua carreira.

O solo comenza no minuto 2:35, e nel, o xenial Brian May imita coa sua mítica Red Special o son dunha gaita escocesa, e o fai co son do fol incluído. Memorable solo moi ó xeito do tema. Despois retoma a forza Heavy da canción cun atacante e enorme final de solo cuns poderosos e agudos guitarrazos.

O final do tema é unha mostra do enorme poderío vocal de Freddie Mercury. O tema é de 1986, formou parte da BSO dos Inmortales de Russel Mulcahy e se pode escoitar no estupendo alnum "A kind of Magic".

Ginme the Prize. QUEEN. Punteo inicial e solo no 2:35

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor candepalleiro » Mar Feb 09, 2010 7:04 pm

pois traio un novo heroi da guitarra, tratase de Duane Allman pero aqui non aparece porque como sabedes morreu no 74 non accidente de moto, o que fai de Duane me parece que se chama Warren Haynes pois estos son os Allman Brothers remedo dos miticos dos 70 pero o seu tema JESSICA sigue facendo setir o mesmo. Ben The ALLMAN BROTHES co tema Jessica.
candepalleiro
 
Mensaxes: 99
Rexistrado: Mar Xul 21, 2009 1:28 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor candepalleiro » Mér Abr 21, 2010 5:49 pm

engado este novo video dun dos mellores guitarristas do rock, Eddie van Halen neste Eruption Guitar Solo.

candepalleiro
 
Mensaxes: 99
Rexistrado: Mar Xul 21, 2009 1:28 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor candepalleiro » Sáb Mai 01, 2010 1:03 pm

É evidente que entre todos estes xeniales guitarristas falta Johnny Winter. Nesta exhibicion sobor do tema dos Rolling " Jumping Jack Flash" entenderedes o porque.


candepalleiro
 
Mensaxes: 99
Rexistrado: Mar Xul 21, 2009 1:28 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor Lueiro » Dom Mai 02, 2010 11:32 am

Recuperando un pouco o meu gusto polas guitarradas menos efectistas e "deportivas", expoño aquí unha estupenda composición de armonías de guitarras que o gran Brian May compusera no 1974 para o segundo album de estudio de Queen que foi o Queen II.

O video que elexín, é un tutorial de como tocar a peza, pero penso que é moi ilustrativo da complexidade da súa composición, onde cunha sóa guitarra en diferentes pistas, se conforma unha macabra sinfonía eléctrica que simula unha procesión.

O primeiro pase da canción, é o tema tal e como sona no album con imaxes de como se debe tocar. Despois comenzaría o adoctrinamento por partes para quen teña interese.

Brian May, todo un especialista nas armonías de guitarra, e a sua mítica Proccesión para o album Queen II (1974).

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor candepalleiro » Lun Mai 10, 2010 5:00 pm

Engsdo un novo guitarrista a lista dos mellores solos de guitarra da historia. Alvin Lee dos Ten Years After como o seu nome indica iba por diante no tempo e quizais por isi non foi de todo comprendido; pero aqui queda constancia da sua clase no fesrival de Woodstock do 69. Claro que merece estar aqui.
candepalleiro
 
Mensaxes: 99
Rexistrado: Mar Xul 21, 2009 1:28 pm

Re: OS MELLORES RIFFS E SOLOS DE GUITARRA DA HISTORIA

Mensaxepor candepalleiro » Lun Mai 10, 2010 5:01 pm

Aqui vai agora o enlace.
http://www.youtube.com/v/LFpfureaCVs
candepalleiro
 
Mensaxes: 99
Rexistrado: Mar Xul 21, 2009 1:28 pm

Anterior

Volver a Música

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron