Bueno, pois vou desfacer esta especie de inxustiza e deslealtade que lle levaba feita ó meu grupo de cabeceira, pois comprobando que existen varios foros en exclusiva adicados a outros artistas, pois acho que lle tocaba e merecían Queen tamén un foro para eles.
Definir ós Queen dun xeito pragmático é algo case que imposible. Os Queen foron coma unha flor híbrida, cheos de matices e de cores, eclécticos e excesivos. A sua definición está lonxe de calquera adxetivo que os englobe porque foron unha rareza extrema no panorama rockeiro da época.
O xermen inmediato do que foi Queen hai que situalo cronolóxicamente nos finais dos míticos anos 60, e de xeito material na banda chamada SMILE ("Sorriso"), na que Brian May -19 de Xullo de 1947, Licenciado en Física e Astronomía pola Imperial College de Londres- e Roger Taylor -26 de Xullo de 1949, estudante de mediciña na London Hospital Medical School-, á postre guitarra e batería de Queen respectivamente, comenzaban a plantexar as súas xuvenís aportacións no eido dos ambientes rockeiros londinenses.
O cantante desta banda era Tim Staffel, amigo de ambos e con quen chegaron a grabar algún que outro tema coma "Polar Bear", ou "April Lady" pero cuia relevancia nesta historia ben dada porque foi él precisamente o iluminado home que lles presentou a Farook Bommi Bulsara, un tímido xóven Indio de Zanzíbar -antiga colonia británica do sur de África, na actual Tanzania-, apasionado da música e estudante de Belas Artes na mítica Ealing College of Art , e máis tarde internacionalmente coñecido como Freddie Mercury -5 de Setembro de 1946/24 de Novembro de 1991-.
Deixo agora un destos temas da Banda anterior a Queen, Smile da que formaban parte Roger Taylor e Brian May.
O xoven Farook Bulsara -Freddie Mercury- converteuse en asíduo visitante nos ensaios do grupo, e mesmo aproveitaba os descansos para entonar algún dos temas, fascinando inmediatamente a todos coa melódica tonalidade da súa voz. Así, cando Tim Staffel deixou a banda a opción de Mercury como vocalista presentouse como evidente.
Foi o mesmo Tim Staffel quen declarou que a marcha de Smile foi a súa gran contribución á historia da música.
Freddie Mercury, estudante de arte, comenzou entón a aplicar os seus pomposos conceptos artísticos en todo o que afectaba ó grupo, tanto na estética como na música.
Queen estaba nacendo, e namáis faltaba un baixista para rematar de formar o cuarteto de rock, e así apareceu John Deacon (19 de Agosto de 1951), un tímido estudante de Electrónica na Chelsea College da Universidade de Londres, que foi aceptado na banda embalando así a formación de glam-rock máis culta e extravagante da historia da música e que dende aquel entón (1973), e ata a desgraciada morte de Feddie Mercury (1991), permaneceu sempre inalterada, unha formación na que estaban: - Freddie Mercury (Voz, Piano, Coros). - Brian May (Guitarra, Piano, Voz e Coros). - Roger Taylor (Percusión, Voz e Coros). - John Deacon (Baixo, guitarra ocasional e Piano)
Un grupo bautizado por Freddie Mercury co ambiguo nome de QUEEN.
O primeiro album de estudio da banda foi bautizado co seu propio nome de banda, ó estilo de como fixeran os seus admirados Black Sabbath e Led Zeppelin:
QUEEN
Coñecido como QUEEN I, foi o nome elexido para o debut discográfico da banda: un atípico album de rock duro onde se conxugaban algún dos antigos temas de Smile coma a impresionante Doing all Right -un dos temas preferidos polos fans máis puristas de Queen-, unha pausada balada, con dous arrebatadores guitarrazos heavys no medio, con temas propios de impecables riffs "Keep Yourself Alive", "Liar", sendo maioría os temas de corte épico e extraño que xa perfilaban o estilo de voces acoradas "The nights comes down", "Jesus" guitarras e coros experimentais "My Fairy King", e letras místicas e escuras, en realidade todas, pero en especial "Great King Rat", - a mellor canción do album- que serían perfeccionadas nos posteriores e gloriosos anos da Raíña.
Selección:
"Keep Yourself Alive" (Queen, 1973) Por ser este o primeiro single da historia de Queen e o tema que abría este primeiro album.
"Doing all right" (Queen, 1973)Por ser un tema antigo pre-Freddie que grabou Queen.
"My Fairy King" (Queen, 1973) por ser a canción do album máis extrana e a máis representativa do estilo Queen destos primeiros anos e que os diferenciaba do resto das bandas - É o antecedente dos experimentos que levaron ata o A night at the Opera-. Dí a letra do comenzo:
En la tierra donde los caballos nacen con alas de águila Y las abejas perdieron sus aguijones, cantan por siempre Cachorros de león con ciervos y ríos hechos de vino tan claro fluyen por siempre Los dragones vuelan como gorriones por el aire y los terneritos donde Sansón desea que sigan sigan sigan sigan
"Great King Rat" (Queen, 1973), porque é a miña preferida do album, cun memorable Brian May (min 1,34). Comenza a canción con estas letras:
Gran Rey Rata murió hoy Nacido el veintiuno de mayo Murió de sífilis a los cuarenta y cuatro en su cumpleaños Juraba cada dos palabras Si era el hijo de una prostituta Siempre buscado por la ley
"Seven seas of Rhye" (Queen, 1973), por ser a primeira parte instrumental dun segundo tema co mesmo título do Queen II. Este é o tema que Pecha o album.
Entre os anos 1974 e 1975 os Queen publican a que eu chamo "Triloxía Mística", unha barroca triloxía que englobaría ós álbumes QUEEN II (1974), SHEER HEART ATTACK (1974) e A NIGHT AT THE OPERA (1975), e que son a maior aportación do grupo á historia da música.
Contundentes e rebosantes albumes nos que a banda expón abertamente o seu particular concepto do arte musical aplicado ás bases da chamada Opera Rock, xénero cultivado polos, naquel entón exitosos, THE WHO coa súa obra TOMMY, e onde os Queen desmelenan todas e cada unha das súas influencias musicais (dende o cabaret, ata o rock de Black Sabbath pasando, pasando polo Music hall ou polas bandas de jazz de Nova Orleans do estilo "Dixieland" e no eido das letras, a máis que evidente influencia de Tolkien), chegando con todo esto ata o límite do arte abstracto, deixando nesta triloxía de albumes un xeito de xenialiade musical dificilmente comparable con algo.
Os Queen plantexan nesta tríada de Lps, un mundo máxico e epopeico nos que falan de Fadas,Ogros, Reis, Magos, Profetas e mundos imaxinarios e místicos. Musicalmente inclasificable, a "triloxía mística" navega por un desbordante eclecticismo. Así, os Queen acomodan a súa peculiar concepción da música a múltiples disciplinas (rock, opera, cabaret, vodevil...) que toman como base para amosar unha sorte de cancións fascinantes a cada cal máis sorprendente.
Antes de entrar no análise desta tríada de LPs, serva coma exemplo e anticipo este mítico Killer Queen do seu album"Sheer Heart Attack" (1974)
Ou este estupendo exemplo de jazz tipo Dixeland ó estilo Queen.
O album QUEEN II (1974) foi conceptualmente dividido en lado branco, composto íntegramente por Brian May, agás o tema "The loser in the end", de Roger Taylor, o batería do grupo, e o lado negro, composto na súa totalidade por Freddie Mercury.
Queen II é un album escuro e referenciado a mundos máxicos de fadas, damas brancas e negras, Ogros e fabulosos lugares enfeitizados e barrocos. Un album que escapa de todo límite e incadrable en ningún xénero de rock. Unha marabillosa e densa rareza onde coros e guitarras compoñen sinfónicas cancións épicas a cada cal máis estravagante, para dar lugar ó máis estraño album dos Queen.
A composición responde ó esquema dunha Opera rock, é decir, con cancións en relación entre elas e cunha temática que as vincula. Mesmo é cualidade do album a unión de pezas en delicioses bucles musicais.
Do lado Branco, composto por Brian May, destacan Proccesión, tema que abre o album, pero sobre todo o enorme tema que é White Queen, unha balada deliciosa, triste e complexa, grabada en parte, cunha vella e barata guitarra da infancia de Brian May, e á cal lle puliu él mesmo uns detalles para facela sonar coma un sitar. Reina Blanca Eran tristes sus ojos sonrientes sus ojos oscuros tan tristes eran sus ojos cuando todo comenzó en una noche sin aliento como ésta sobre mi frente el mas leve beso anduve solo y entre el aire agitado mi dama pronto se inquietó triste como nunca camina la reina blanca y la noche palidece estrellas de cariño en su pelo tan tristes mis ojos que no la pueden ver
Cómo han conseguido ver lo que viste la madre del sauce verde pronunció su nombre y bajo su ventana permanezco adorando los pasos que da y cuando se acerca la reina blanca, me duele mucho el corazón y se me secan los labios y no puedo hablar de odio que sigo esperando
El oído de mi diosa mi mas oscuro miedo hablo con retraso y espero para siempre adiós amiga querida sin lágrimas en los ojos termino tan triste como empecé.
White Queen (as it began) (Raíña Branca, tal e como comenzou)
O lado negro de Mercury, é memorable dende o comenzo ata o final.
Abren este lado negro tres temas unidos: a rockeira "Ogro Battle" (que inclue unha batalla entre ogros feita con guitarras), a inclasificable (quizáis a canción máis extrana do universo Queen), "The Fairy´s Fellers Master Stroke" ("o golpe maestro do mago") e a melódica "Nevermore" ("Nunca xamáis")... tres temas entrelazados entre sí mediante bucles instrumentais que son unha experiencia única e que recomendo encarecidamente escoitar de seguido para quen queira entender que os Queen estaban a xogar noutra liga totalmente diferente ó resto dos grupos da época.
Atención ás letras!
"Erase una vez un viejo me contó un cuento cuando el flautista se ha ido y la escoba acorrala la mesa y el cuervo negro vuela en busca de un nuevo destino eso es una señal ..."
Este é un estupendo video coas tres pezas seguidas e traducidas!!... Arte musical en estado puro.
Ogro Battle (A Batalla do Ogro), The fairy fellers master stroke (O golpe maestro do mago) e Nevermore (Nunca xamais)
"The March of the black Queen", é históricamente o tema máis longo da discografía dos Queen, e todo un ensaio para Bohemian Rahpsody. The March of the Black Queen (A marcha da Raíña Negra). Atención ó min 03:00 aprox...
O Album lanzou un single "Seven Seas of Rhye", segunda parte dun tema instrumental do primeiro album, e que chegou a ser número 10 nas listas británicas, polo que é considerado como o primeiro éxito da banda.
Seven Seas of Rhye
Témanme Señores y Damas predicadoras Descendí sobre su tierra desde los cielos Comando sus mismísimas almas, ustedes no-creyentes Traigan frente a mí lo que es mío Los siete mares de Rhye
Pueden escucharme ustedes, espías y consejeros privados Me paro frente a ustedes desnudo hasta los ojos Destruiré a cualquier hombre que se atreva a abusar de mi confianza Juro que serán míos Los siete mares de Rhye ...
Seven Seas of Rhye (Os setes mares de Ryhe)
QUEEN II, foi incluído no famoso libro "os 1001 discos que hai que escoitar antes de morrer".