AS Pink Blanket foron seleccionadas para as semifinais, non a partir dos votos dos SMS senón a partir dun voto de calidade, o emitido polo xurado do certame MusicAula. Agora entran na segunda fase do concurso nacional xunto con outros dous grupos galegos: Utopía, de Quiroga, e Mayday, de A Coruña, ademais de outros dous grupos de Cantabria e de León. Falta aínda por determinar en que lugar terá lugar o concerto das semifinais que permitirá a unión de outro 6º grupo a estas semifinais. O mesmo está a acontecer nas outras 5 zonas, nas que tamén terán lugar outros tantos concertos. Da moita ledicia saber que máis de 200 grupos de xente nova participaron neste concurso, por iso non estaba nada mal que vos animárades a botarlle "unha escoitada" ás súas cancións en www.musicaula.com no apartado de grupos (A-Z), xa que hai interpretacións bastante decentes, algunhas moito máis do que se escoita comercialmente.
Atopei outro vídeo das Pink Blanket no Youtube, que amosa parte da celebración do antroido no IES Terra do Xallas e parte no antroido de Negreira. Tal como di alí, o audio é malo pero conxunta ben co disfraz de músicos da rúa destas rapazas. Podedes botarlle unha ollada en
Unha verdadeira mágoa a calidade do audio desta estupenda e moi ben interpretada versión do mítico "Save Tonight" de Eagle-Eye Cherry, o fillo do trompetista Don Cherry.
As rapazas apuntan moi boas maneiras. Oxalá lles vaia moi ben na música, penso que teñen bos mimbres.
Deixo xa que logo o tema orixinal, por aquelo da melomanía.
Para os que queirades dar o voso apoio ás Pink Blanket, infórmovos que está aberto o período de votación das semifinais do concurso nacional Musicaula, ata o día 15. Podedes votar na páxina de Musicaula/votaciones/zona A, un voto por día e cada IP(http://www.musicaula.com/index.php?opti ... &Itemid=87). E para os que non estiveches no concerto da Semifina da Zona A en Santa Comba, hai dous vídeos en Youtube
Alba, a cantante, que nunca htivera farinxite, esa mañ+a non era capaz de falar. Fixo o que puido, aínda que as notas finais íanselle un pouco. Pero, non hai dúbida que foi a cantante máis "riquiña", sempre co sonriso na cara, ¿non si? Votade, non sexades preguiceiros
Moi ben polas Pink Blankett!, moita sorte!. E tes razón Winnetou, a cantante transmite moi boa onda, e para estar adoecida de farinxite, non o fixo nada mal. En xeral todas as componentes de Pink Blanckett transmiten moi boas sensacións. A ver como se desenvolve o certame e se pode ser, que cheguen á final.