Esceas para non olvidar

O Foro para os Barcaleses máis cinéfilos

Re: Esceas para non olvidar

Mensaxepor Lueiro » Lun Set 21, 2009 8:57 pm

E volvo cunha secuencia memorable que me acompañará irremediablemente toda a miña vida…¡¡que grande é esta secuencia!! de O DERRADEIRO MOHICANO

O Xefe da tribu fai xustiza cos presos…dous homes (un oficial británico, e un medio indio (Daniel Day Lewis)) e dúas mulleres que son irmáns, os dous homes namorados da mesma muller (preciosa Madeleine Stowe).

O xefe toma a decisión de queimar a esta muller, e deixar libres ós homes…pero estes teñen honor (e un par de huevos) e ambos se ofrecen a morrer por ela, pero como o único que pode comunicarse co xefe é o oficial…pois é este o que acaba na fogeira…e comenza a sonar a música…e comenza unha das persecucións máis hermosas de toda a historia do cinema…

O Oficial, foi durante todo o desenrolo do film un tipo antipático, case que repugnante, pero este heroico acto final o redime de todo o anterior…

O medio indio (Daniel Day Lewis), que fuxe coa sua namorada monte arriva en busca da irmán desta, que foi entregada a un nativo salvaxe (que é o malo da peli), perante os gritos do oficial, ten o xesto de detérse e pégarlle un tiro para que non sufra a horrible morte do lume…

Pese a que van perseguindo ó malo, aínda lle deben ó oficial uns segundos de duelo…e a xenial dirección de Michael Man, detén por un momento a acción para brindarlle eses segundos de duelo ó heroico Oficial…ese impás na acción, é un momento moi emocionante ademáis de ser un acerto total de dirección…


Unha das secuencias máis románticas que se fixeron nunca no cinema (moi recomendable para quen pense que Pretty Woman é o paradigma do romanticismo…bah!)

CINE TOTAL Secuencia final de

O DERRADEIRO MOHICANO


Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: Esceas para non olvidar

Mensaxepor Lueiro » Sáb Nov 28, 2009 4:30 pm

E bueno, retomo ó gusto polo foro do cinema. Hoxe lembreime do meu admirado Sam Peckimpah, un grande do cinema dos 60 e 70, autor de auténticos clásicos do cine coma CANS DE PALLA, ou PAT GARRET AND BILLY THE KID.

Hoxe traio unha famosa secuencia do seu filme, quizáis a súa obra máis redonda GRUPO SALVAXE (WILD BUNCH, 1969), esta mítica marcha ó ritmo de "la Golondrina" dos maleantes atracadores liderados polo emblemático Willian Holden, que abandonan o pobo onde atoparon efímero refuxio.

GRUPO SALVAXE (WILD BUNCH, 1969) de Sam Peckimpah

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: Esceas para non olvidar

Mensaxepor Bo » Sáb Nov 28, 2009 7:48 pm

Perdoa que me salte unha escea (espero que me perdoe o Tío Sam) pero é que se me despertou a melancolía romántica coa escea do derradeiro mohicano. E inmediatamente veume a mente unha das moitas esceas desa película que para mín define o romanticismo no cine (xunto con outras, por suposto): "Los puentes de Madison". Esta escea corresponde ao final, no que Meryl Streep nos mostra con absoluta xenialiade o seu dilema, fuxir co amor da súa vida ou ficar coa súa amada familia. Preparade os pañuelos. As campás sonan Clint Clint Clint.
Avatar de Usuario
Bo
 
Mensaxes: 68
Rexistrado: Mér Nov 18, 2009 2:37 pm

Re: Esceas para non olvidar

Mensaxepor Lueiro » Dom Nov 29, 2009 10:21 am

Pois sí, todo un clásico do romanticismo no cinema tamén é esa escea que colgas.

En certo modo, estas secuencias (a do Último Mohicano, e a de As pontes de Madison) teñen o elemento común ás grandes obras románticas que é a do sacrificio individual coma paradigma do amor puro. No caso de Meryl Strep (tamén eu coincido que está enorme) o seu é un acto de morte en vida, en certo modo tamén se sacrifica por amor... por amor á sua familia.

A construcción da secuencia é xenial.

Entre a chuvia -que no cinema case sempre é metáfora de renovación, de novos tempos, de limpeza do pasado para afrontar unha nova vida-, aparece a figura de Clint Eastwood, míranse e sácanse un xesto de complicidade. O home dela aparece na escea medio desdibuxado, métese no coche, e a xenial dirección de Eastwood apenas o debuxa coma un mero chófer, con brazos movendo o volante e a súa figura coma unha simple silueta, nese intre, a súa importancia é menor. Pero a medida que transcurre a secuencia, este vai gañando en importancia na escea, e paralelamente, é a figura de Clint a que se converte en silueta. Ó final, o cónxuge de Meryl Strep acada o protagonismo absoluto ata facer o xenial xesto, moi descriptivo, de pechar a ventá do coche por onde se marcha Clint e o seu coche. MAXISTRAL.
Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: Esceas para non olvidar

Mensaxepor Lueiro » Mér Dec 02, 2009 10:57 pm

Como onte resultou ser o día mundial contra o SIDA, pois hoxe anímome a lembrar a outra figura da historia do Cine tamén falecida pola enfermidade do VIH en 1992: ANTHONY PERKINS. Un mediocre actor noerteamericano que sen embargo permanecerá por sempre no imaxinario colectivo coma o misterioso e retorcido NORMAN BATES de Psicosis (Alfred Hitchock, 1960).

Deixo unha das grandes secuencias desta obra mestra do cine. Precisamente aquela na que se nos desvela a verdadeira natureza de Bates... Prodixio narrativo do enorme Hitchcock.

PSICOSIS

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: Esceas para non olvidar

Mensaxepor Bo » Xov Dec 03, 2009 9:23 am

Sen dúbida, a maestría de Alfred Hitchock era dabonda para esconder as debilidades coma actor de Anthony Perkins.

Fai uns días disfrutaba dunha obra maestra sen discusión chamada "Fausto" e dirixida no 1926 por Murnau. Aparte de recomendar a todo o mundo que poida que lle vote un vistazo (sobre todo ao dominio do espacio polo director), subo unha escena na que, a partir do minuto dous, se pode escoitar unha peza do século XIII chamada Dies Irae composta polo franciscano Tomás de Celano. Vos diredes a que outra magnífica película vos recorda. Eu quedeir gratamente sorprendido.


Sí. Por suposto. É o inicio da posiblemente mellor película de terror que se fixo nunca, "O Resplandor" (The Shining), de Stanley Kubrick. Nesta ocasión, a versión é dunha tal Wendy Carlos.

Avatar de Usuario
Bo
 
Mensaxes: 68
Rexistrado: Mér Nov 18, 2009 2:37 pm

Re: Esceas para non olvidar

Mensaxepor Lueiro » Xov Xan 28, 2010 11:39 pm

Sí amigo Bo, excelente aporte o de Faust e sobre todo excelente a conexión que estableces coa obra mestra de Kubrick. O expresionismo alemán foi quizáis a maior aportación europea á historia do cinema, cando menos nos seus albores. Esas imaxes impactantes reflexan ademáis moi ben unha especie de inquietude sobre o arte do cinema que naquel entón estaba por descubrirse e se nos fixamos, os grandes mestres desta época achegábanse a este arte dende o punto de vista do pintor. Para eles era máis importante, ou cando menos tan importante, o qué coma o como, é decir, amosaban moito interese na composición en pantalla asemellando o cinema ós cadros en movemento... daquela sí que poderíamos decir que o cinema era o sétimo arte...

Hoxe vou presentar unha secuencia maxistralmente executada pola súa forza dramática dentro do filme. A película é "Terciopelo Azul" do sempre extraño David Lynch, un xenio tolo do cinema contemporáneo, un tipo de rarezas tales que nunca sabes se che toma o pelo ou se realmente quere conducirte a algún sitio... Eu son dos que non lle pillo a idea case que nunca...

En todo caso, o seu filme quizais máis logrado sexa este Blue Velvet. Cando un rapaz de pobo normal e corrente atopa unha orella humán nun terreo abandonado do seu pobo, comenza unha aventura investigadora que lle leva a atoparse cunha muller de tráxica existencia a quen un home de tola maldade e certamente perigoso, lle fai a vida imposible e lle ten secuestrada á filla.

A secuencia que colgo agora é unha maravilla de apenas 1 min e medio, no que a través dunha canción (a estupenda "in dreams" de Roy Orbison, moi en sintonía co propio David Lynch, cuxos filmes, e esto o falaba precisamente o fin de semán pasado cun bo amigo, son soños mesmamente), se describe e resume a situación da película nesa altura da metraxe.

Unha muller -Isabella Rossellini- desesperada e sen luz que se atopa atrapada por unha banda de tolos, recén abatida e extorsionada . Un vilán -Dennis Hooper- que nesta secuencia se afirma coma un auténtico "chalado" impulsivo e emocional, e un rapaz -Kile MacLachlan- que coa canción, parece darse de conta de que este grupo de secuestradores, con Dennis Hooper á cabeza, son uns auténticos paiasos pero eso mesmo é o que os fai realmente imprevisibles e perigosos.

Unha xenialidade de secuencia dunha obra mestra do cinema.

Blue Velvet de David Lynch

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: Esceas para non olvidar

Mensaxepor Bo » Lun Feb 01, 2010 10:00 am

Gran película de culto de David Lynch, con un pero, o referente a que o xenial director deixou de lado o seu proxecto televisivo "Twin Peaks" para embarcarse na rodaxe de "Blue Velvet", coa conseguinte baixada de nivel da serie tras unha primeira etapa maravillosa (e aínda hoxe imitada). E xa non volvería a coller o timonel ata o derradeiro e mítico capítulo.
Eu subo hoxe a escea de apertura do film "El nuevo mundo" ("The new world", 2005) de Terrence Mallick, un director que en máis de 40 anos deixounos unha filmografía tan escasa coma selecta, pois ademáis da mencionada, rodou "Malas Tierras" (1973), "Dias de cielo" (1978) e "La delgada línea roja" (1998).
Cun ritmo sempre máis poético que cinematográfico, cada escea deste director, nesta ocasión relatando a chegada de colonos británicos aos vírxenes (de occidentais) territorios norteamericanos do século XVII (a historia que ven sendo coñecida como Pocahontas), sumérxenos nun belísimo mundo de naturismo sen necesidade de viaxar a Pandora, nen precisar gafas 3D. Contando ademáis con unha enigmática Pocahontas alonxada do rol Disney e máxicamente interpretada por Q'Orianka Kilcher, metade suiza metade peruana a cal, moito me temo, non veremos nunca máis a ese nivel interpretativo (e de beleza).
O estupendo arranque, coa progresiva e envolvente banda sonora de Janes Horner, podédelo disfrutar a continuación.

Avatar de Usuario
Bo
 
Mensaxes: 68
Rexistrado: Mér Nov 18, 2009 2:37 pm

Re: Esceas para non olvidar

Mensaxepor Lueiro » Xov Feb 04, 2010 10:37 pm

Bueno, eu son un fervente admirador do cinema de Terence Malick, pero quizáis polas circunstancias, quizáis porque as espectativas eran moi grandes ou sinxelamente que non levaba un bo día, non desfruteio nada dese El nuevo mundo... Supoño que é un desos deberes que apunto para facer.

E bueno, por aquelo de que se achega o fin de semana, aquí deixo duas das esceas máis hilarantes e graciosas da gran comedia que é La vida de Brian (Monthy Python, 1979)

Os Monthy Python en estado de gracia elevaron a comedia o que non é si non a lamentable historia dun pobre home, Brian de Nazareth a quen xa dende pequeno se empeñan en confundilo con xesucristo -aínda que esta comparación nunca se propón como tal, pero está latente en todo o filme- e que o leva irremediablemente mesmo a compartir o fatal destino da crucifixión.

Podería escoller moitas secuencias, pois a pelicula é certamente risible dende o comenzo ata o final, pero coa arbitrariedade do subconsciente, escollín estas dúas.

Memorable o gag das leccións de latín, (lémbrome sempre da mítica profesora tan ben querida por min -un biko dende aquí- que foi Margarita e que por moito que o tentou, nunca conseguiu sacarme unha declinación).

Cando a asociación anti-romana da que Brian forma parte lle encarga que faga unha pintada contra os romanos, e chega un soldado romano e... certamente memorable... que o riades ben! eu xa non podo parar.

La Vida de Brian dos Monthy Python

Gag de Pijus Magníficus.




Gag das leccións de Latín.

Avatar de Usuario
Lueiro
 
Mensaxes: 231
Rexistrado: Xov Out 30, 2008 6:33 pm

Re: Esceas para non olvidar

Mensaxepor Bo » Ven Feb 05, 2010 9:12 am

Sen dúbida, o gag das leccións de latín é tan bo que cinematográficamente aínda non se superou 30 e pico anos despois. ¿E quen non silbou "Always look on the bridge side of life", a melodía do seu final?

E agora vou a aproveitar dúas magníficas coincidencias (por un lado o videoclip de Queen "Radio Ga Ga" que subiu Lueiro ao libro de visitas, claramente influenciado pola película á que me refiro, e polo outro, o estreo mundial no festival de cine de Berlín da vindeira semana da versión remasterizada e completa desta película, trala recuperación de varios rollos atopados en Buenos Aires) para subir un extracto desa obra maestra indiscutible chamada "Metropoli" (Fritz Lang, 1927). Unha xoia que agora pasará a durar 3 horas e media. E unha xoia á que a SGAE non lle pode meter man.

Avatar de Usuario
Bo
 
Mensaxes: 68
Rexistrado: Mér Nov 18, 2009 2:37 pm

AnteriorSeguinte

Volver a Cinema

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron