Este día revisitaba cun amigo esta estupenda e cómica curtametraxe que Nacho Vigalondo, o director de "Los Cronocrímenes" e nominado ó Oscar por unha curta da que non me lembra o nome e a pereza non me deixa trocar de ventá pra mirar no Santo de Google. A curta chámase "Cambiar el mundo" e formou parte dun proxecto ou campaña de protección do medio ambente e na que unha serie de directores tiñan que rodar unha curta con mensaxe "verde" e rodalo co movil Nokia N95.
Efectivamente a curta está rodada cun movil... así que se demostra que cando existen as ideas, o de menos son os medios.
"Cambiar el mundo" de Nacho Vigalondo