Sábado, 28 de Xaneiro de 2012
FESTAS E EVENTOS
PROXIMAMENTE
San Blas
Landeira
Calendario completo
NOVAS
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
CONTIDOS
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
O transeúnte barcalés Valdo-Quintín Chamorro
Aqueladas
Contáctanos
OUTRAS WEBS DO VAL
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
O blog do PP de Negreira
Asociación Deportiva do Coto
BTTranos de Negreira
Novas Xeracións do PP de Negreira
Barricas Folk Rock Festival
FOTOS DO VAL
ARQUIVO
Xaneiro/2012
Decembro/2011
Novembro/2011
Outubro/2011
Setembro/2011
Agosto/2011
Xullo/2011
Xuño/2011
Maio/2011
Abril/2011
Marzo/2011
Febreiro/2011
Xaneiro/2011
Decembro/2010
Novembro/2010
Outubro/2010
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
O Xefe Territorial de Educación e o Concello de Negreira, pechan (un trato) para pechar (o pavillón do Colexio)
Cos tratos procedimentais dos rigores máis formais xa no peto, quedaba xa que logo a instrumentación imaxinada -de imaxe- e visita de posición no lugar da obra que será. E o será, según dín, de circuncisión amurallada para a pista polideportiva do colexio público, que transformará o rudo aspecto co que históricamente figurou -Ancha até o ar- para se converter nun recinto cuberto polos flancos, aquelando, deste modo, unha sorte de pavillón escolar do primeiro mundo.
E así, amablemente nos achega o goberno do
PPBN
, unha nota de prensa onde se nos informa da visita que con aquelas intencións fixo a Negreira o
Xefe territorial de Educación
,
Indalecio Cabana
, que puido ver así o lugar de execución, e pechar o trato para o peche da pista cos nosos dirixentes,
Juan Rey
-
Concelleiro de Obras
-
Luis Calviño
-
Concelleiro de Cultura
- e
Manel Hombre
-
Concelleiro de Deportes
-.
E informan dende o goberno municipal, que esta é unha xestión entre o leal
Concello de Negreira
e a austera
Xunta de Galicia
, que ven a cumprir co compromiso gubernamental vertido ó pouco tempo de chegar ó poder. Mais... non dí se o compromiso foi de mera xestión ou de cargo a conta...
E decimos nós, con verbas que estarán no pensamento de moitos weberos, e antes de deixar no ler máis a nota, se este compromiso que se di, é namáis compromiso de mera xestión
talmente
, pois facemos lembranza que houbo un día de haber... fai pouco máis de un mes, onde un evento importante no
Coto
, organizado pola
ANPA
e destilado pola
Orquestra Olympus
, recadaba fondo monetario para facer obras no centro de primaria nicrariense.
Neste senso, e que se saiba por eiquí, non houbo conta de contas, nin cita se fai na nota de prensa de tal cousa feita. E non é que a cousa sexa baladí, e xa que o tema se move institucionalmente, pensa
Albi
que fala polo pobo, cando advirte a través das verbas estas, que é imperativo cidadán, o saber canto custa a obra, quen pon os cartos e cantos son os que sexan.
Facendo clickiño no
ler máis
, podes ler integramente a nota de prensa que amablemente nos cederon dende o
Concello de Negreira
Ler máis...(Comentarios 0)
Diario dun Aventureiro Barcalés: Capítulo XIV "Naranjo de Bulnes. Quijote, 390M. M.D."
Do fidalgo manchego
D. Alonso Quijano
(ou
Quixote
), sabemos o que
Miguel de Cervantes
quixo e deixou escrito nas súas dúas gloriosas e magnas obras que relataban as desventuras do da triste figura e o seu leal Sancho. Aquelas históricas novelas, cumio da literatura universal, inspiraron no tempo andante un sinfín de teimas literarias e artísticas que, como todas as grandes obras, impregnaron de matices o mundo que veu despois.
E se fixo
Cervantes
inscripción inmemorial no mundo da literatura, outras artes inspiraron tamén as súas postas no ar literario cervanteiro, e así, as artes todas (pintura, escultura, teatro, cine...) recolleron este macrocosmos manchego para o virtuosismo das súas obras. E mesmo no vulgo das sociedades quedou artellado un significado propio do
Quixotesco
neste mundo.
Neste senso de inspiración moderna, resulta que o
Quixote
do lugar aquel, vai tamén con nome e representación en lugares e teimas tan alonxadas -en apariencia- daquel mundo orixinal caballeresco. Mundos tan exóticos para
D. Alonso
, como pode ser unha vía de ascenso nun afamado peñón asturiano.
E vai que, efectivamente o é, e foron barcaleses, amigos, quenes quixeron que aquela vía que abriron por primeira vez na historia (O que é subir por onde ninguén subira antes) do coloso astur que lle din
“Naranjo de Bulnes”
, quedara inmortalizada por sempre, como vía de
“Don Qujote”
.
A historia desta ascensión histórica vertebrada por xente da nosa terra, barcaleses de forza, enxeño e pulso, queda agora inmortalizada nesta
webera
, gracias as verbas escritas con vigor e talento polo noso bo amigo aventureiro,
Rubén Suárez Carballo
. Un deses
Quixotes
que emprenderon a aventura única, de abrir un vial de máis de douscentos metros en vertical no xigante de pedra,
Uriellu
.
Facendo click
ler máis
, toparás coa aventura feita letra.
Ler máis...(Comentarios 0)
O atleta barcalés, Jorge Crespo Arias, vencedor no III Cross da Pobra do Caramiñal
Resulta inevitable comprometer unha vez máis, e con tanto gusto, unhas verbas de admiración e aplauso hacia o noso atleta barcalés
Jorge Crespo Arias
. Talento perfilado no contínuo esforzo dos entrenos, e que lle leva ao noso veciño, a bicar a gloria do trunfo unha vez máis.
E desta que foi este pasado Domingo día 22 de Xaneiro de 2012, nas lonxanas terras lindantes co bravo océano atlantico da
Pobra do Caramiñal
, onde o sol vai coma rei no verán de area e sal, e que neste inverno seco e frío, cedeu a coroa ó entregado maxisterio deportivo de
Jorge Crespo Arias
, o noso bravo nicrariense que resultou vencedor no
III Cross do Concello da Pobra do Caramiñal
.
Unha vez máis, queda en
Valdebarcala.es
, esta fervorosa noraboa para o incansable barcalés
Jorge Crespo Arias
.
¡Que pulmóns! ¡Que corazón! ¡Que pernas!
Ler máis...(Comentarios 0)
O Concello de Negreira lanza a páxina web de Servizos Sociais
Para que os veciños de
Negreira
saiban en todo momento os servizos que dende o Concello se lles está a ofrecer no social, a concellería de
Servizos Sociais
ven de abrir na convulsa pero aínda viva rede unha nova páxina.
Informan na páxina principal da mesma que o obxectivo é
“dar a coñecer a todos os veciños de Negreira o persoal que temos dispoñible para atendelos e tamén para dar información actualizada de todo o que facemos dende esta concellería polo benestar do pobo”
.
Todo as conxugacións do verbo informar son aplaudidas dende esta webera barcalesa e por iso felicitamos ó Concello por incorporar un novo espazo dentro da sempre útil web do
Concello de Negreira
, a cal leva varios anos de excelente labor na rede.
Tedes dúas maneiras de acceder á páxina dos
Servizos Sociais do Concello de Negreira
. Ben a través do link
“Servizos Sociais”
que atoparedes na páxina principal da web do
Concello de Negreira
, ou ben a través da dirección da nova páxina:
Concello de Negreira. Servizos Sociais
Ler máis...(Comentarios 0)
Estrea de "Sigue buscando" o novo e animado videoclip dos barcaleses Marmota Phil
Un artístico videoclip, digno de calquera top
"indie"
e que supón un chanzo máis de calidade na crecente carreira artística e musical da banda barcalesa.
Presentado oficialmente o pasado sábado na televisión oficial do
Grupo Voz
(Voz TV), o pegadizo single que dá título ó álbum
"Sigue Buscando"
, enféitase para a ocasión con animadas estradas, bares de malos peches e rúas chuviosas, que fan de crepuscular ambente no que desenrolar os xa clásicos rasgos nas guitarras que, sustentados na base dun hipnótico punteo de baixo (acordo do mellor Bob Hardy) sacuden as notas clásicas e viscerais de rock ´n roll
made in Marmota Phil
.
Unha banda barcalesa que segue buscando... ¡E medrando!
NOTA: O älbum dos Marmota Phil "Sigue Buscando" está á venta nos seguintes lugares:
- Negreira: Bar A Esmorga
- A Baña: Bar Muíño
- Santa Comba: Pub Montgo
Prezo: 5€
Ler máis...(Comentarios 1)
O Concello de Negreira, sen subvencións por non remitir a conta do exercicio 2010
E van os tempos de hoxe cos canos pechados, de billas atrofiadas que non decantan froito... Tupidas formas que enfeitan un aquel de secano. E nin
Megaupload
para o mundo, nin a
Xunta de Galicia
para o
Concello de Negreira
...
¡Ningún dos entes dá, a día de hoxe, proveito nos “petitums”!
E vai así -no que ó
Concello de Negreira
se refire- que según se publica hoxe na páxina oficial do
Consello de Contas
(Organismo depente da Xunta de Galicia), é o de
Negreira
, un dos que todavía non cumpríu coa obriga de
“presentar as contas do Concello no Consello”
, e porén, non leva o beneficio adherido de desfrutar das subvencións que a
Xunta de Galicia
dispón para os entes locais galegos.
E o caso lembra moito a aquel no que se sinalaba ó
Concello de Negreira
como non
presentador
das contas perante o
Ministerio de Facenda
e cuxa falta deixaría ó Concello sen participación nos orzamentos estatais. E lembramos que daquela a webera tivo que rectificar por voz da Concelleira de economía,
Lorena Rivas Rial
, que apretaba na orella redactora -e daquela con razón- advertindo que as contas si se presentaron ó Ministerio. E era certo.
O que non se falou daquela, foi de que se ben as contas estaban presentadas no Ministerio... ¡Non facían o propio na
Xunta de Galicia
!... Onde, a día de hoxe, e tal e como informa o
Consello de Contas
na súa web, inda quedan por presentar, deixando entón na lista dos concellos presentadores, un oco onde tería que estar
Negreira
, cuxos veciños, quedan así privados de recibir as subvencións ás que se tivera dereito.
Neste senso, os veciños temos unha obriga crítica, porque pode ser que os gobernantes digan o que xa dixeron moitas veces de que o anterior Goberno do
PSOE
de
Jorge Tuñas
, fixo tal desfeita de números que non hai
HAL 9000
capaz de preparar con xeito as contas -Situación que pode durar ata o 2020... ¡Ou máis!-. Nembargantes... e hai que decilo... sí que tiveron tempo, dende os despachos do
Concello de Negreira
, para
preparar, redactar e enviar
unha carta informativa remitida a todos os veciños, na que se informaba sobre a débeda existente... Por coherencia, tocaría xa que logo -se do que se trata é de ter ben letrados ós veciños nas contas-, unha carta informando desta nova situación de perda de subvencións. Por honestidade.
A realidade, é que non foron quen dous partidos gobernando en alianza de remitir a tempo ó
Consello de Contas de Galicia
ás correspondentes ó ano 2010... Con perda para os veciños, claro, que en relación ás contas, namáis reciben e escoitan desaires cara a anterior xestión.
Velaí deixamos o enlace que che leva á lista dos Concellos que presentaron as contas no Consello (E no que si está
A Baña
) e que por iso levan o dereito de recibir subvencións da
Xunta de Galicia
.
(Actualizado a día 18/01/2012, falta Negreira).
Rendición de Contas -2010 -dos Entes Locais
Ler máis...(Comentarios 0)
A diplomacia educativa barcalesa do Servicio de Mediación, recibe os seus diplomas
E os diplomas, para os diplomáticos. Así foi que foi e así o é que o amosamos tamén na
webera valdebarcalesa
, coas fotografías que dende o IES “Xulián Magariños” de Negreira nos fixeron chegar.
A diplomacia local no eido educativo, foi recoñecida no
“seu seo”
propio do Instituto, nun acto institucional onde pais, docentes e alumnos, categorizaron o talante e presentaron unha cerimonia que instituía de modo oficial ós alumnos encargados da nada sinxela labor mediadora para este ano
2012
.
Comentaba
Adelino Pose Reino
, Director do Centro Educativo Barcalés, que “
O acto tivo lugar no Salón de actos do I.E.S. "Xulián Magariños", antonte martes 17 de Xaneiro ás 18:00 horas, e nel interviron:
Dna. Enriqueta Lois Salgado
, coordinadora del servizo de mediación.
Dn. Cipriano Núñez Rodríguez
, coordinador del contrato-programa.
Dn. Adelino Pose Reino
director.
Dn. Jorge Tuñas Caamaño
presidente da ANPA " A Barcalesa.
Tamén asistiron:
D. Carlos Vila Lago
Dna. Begoña Cortés Ferro orientadora, o alumnado mediador xunto a membros das súas familias, profesorado e público en xeral".
Así, os encargados da pausa e o talante suaviño na resolución dos conflictos que nazan, recolleron as súas distincións como mediadores, diplomáticos da educación a quenes acudir en arbitraxe, para que os problemas e discordias que veñan na comunidade que conforman pais, profesores e alumnos, adquiran o ton da mesura e o encanto propio da verba racionada.
E aí vai que deixamos en
Valdebarcala.es
, as fotografías dos actos cedidas polo propio Centro para a súa publicación.
¡E Parabéns ós diplomáticos!